31 dic 2021

Pechando o pesadelo... ou non.

Damos conta de 2021 cun decembro mellorable mais tamén "memorable".

Chapoteo 31 km (nunca tal fixera).

Pedaleo 152,4 km ascenso 1333mts. (dureza 8,75) en 2018 e 2019 fixera mais km...

Os totais de 2021 son:

Chapoteo: 302,02 km (nunca tanto fixera)

Pedaleo: 4423,1 km (nunca tanto fixera) ascenso 46983 mts dureza media 10,62 mts/km

O mellor é que me sentín ben rodando e subindo, non de campionato mais si que vir mellora; na natación teño feito os mellores tempos da miña vida tanto en 1500 mts como en 2 km.


 

30 nov 2021

Novembro en movimento

Non me queixo deste mes que se me soe dar mal pola falta de luz e o frio.

Chapoteo: 29,7 km

Pedaleo: 281,3 km  desnivel positivo:3094 dureza:10,99

30 oct 2021

A porta do outono foi boa.

 


Entrou o outono con forza no bierzo e tratamos mante-la dureza mentras fora posible... afrontamos a subida do terrorifico rampón de Onamio e gozamos das vistas do miradoiro de Otero de toral.

Chapoteo: 23,65 km

Pedaleo: 337,4 dureza: 11,65

30 sept 2021

Non hai mes malo senon mal punto de vista

Non sei porqué me queixo si sego facendo o que me peta... o certo é que agardaba ter feito mais sobre todo ter pillado mais tractores que só 4 son poucos... A sorte é termos paisaxes como este da foto dende Lombillo.

Chapoteo: 25 km (só van 6 días de piscina de 25 mts e xa estou mareado).

Pedaleo: 464,5 km e 5249 mts de ascenso (11,30 de "dureza").


 

1 sept 2021

Mellorando o porvir

Non se trata de a donde chegas ou canto fagas senon de seguir tendo gañas de facer e folgos para chegar.


Este agosto voltei a marcar un fito persoal acadando os 10000 metros ascendidos no mes... o mes mais "duro" dende que levo ese dato (metros de ascensión/km percorridos). Por outra banda conquerín outra cima da zona que tiña pendente... Chapoteando non foi o mellor no dato de kilómetros mais sin nas sensacions.

Chapoteo:21,5

Pedaleo: 746,7 (dureza 13,54)

1 ago 2021

Deporte like e ROI

 Nestes días días voltamos a presencia-lo paradoxo-oximorón do "deporte de alto nivel amateur".

Calquera de nós sabe que acadar niveis de rendemento significativos a nivel global en calquer disciplina das incluidas nos XXOO implica unha adicación que sin ingresos económicos é imposible. Ademais os XXOO non son unha competición exenta de "apoios" económicos; de feito son un monopolio si ben non de publicidade "visible" no campo si de eso que xera mais ingresos: os dereitos de emisión.

Os dereitos de emisión en calquer canle (radio, tv, streaming...) semellan se-la orixe do derradeiro acelerón cara a esas competicions das películas futuristas dos 90 que só existían como transmisión global e que representa o tema da superliga que acabará sendo a 10 anos vista unha NBA de futbol global... ou eso quixeran.

Porque os altos ingresos por publicidade son a clave da alta tarifa dos dereitos de emisión e o pilar no que se sustenta todo o constructo mais hai varias nubes nese horizonte: Por unha banda a mais evidente que as cifras non cadran porque o ROI (retorno de investimento) da publicidade televisiva non se achega ó agardado mais iso ten unha orixe mais profunda e que pouca xente semella aceptar.



Moita xente xa terá deixado de leer porque vai unha década que vivimos inmersos na chamada "cultura do like", da inmediatez, do gráfico... o queremos todo e xa.

Esa troco cultural tan empobrecedor ten impactado con forza no xeito de consumir entretimento e polo tanto no consumo do deporte como espectáculo a xente xa non quere adicarlle tempo a ver futbol e as audiencias televisivas o notan, cada vez menos xente ve os partidos que non son trascendentes e dos importantes apenas ven a media hora final salvo os hinchas das equipas participantes. O efecto indirecto desto é a suba dos deportes "electrónicos".

Aínda menos mal que somos moitos os que decimos "MENOS DEPORTE E MAIS EXERCICIO".

O mes do parón.

Non era preciso parar mais tocou facelo... por mor das cousas da vida, da meteoroloxía e das vacacions... e aínda menos mal

Pedalear 304,8 km

Chapotear 24,67km 

Sei que foi un privilexio poder nadar tantos días en Orzán sen ondas malía a brétema... pero tamén sei que é normal "querer mais".



1 jul 2021

Medio ano a medio gas

Non debería de me queixar que non foi por ningún problema mais o certo é que este San Xoan deixoume un mal rendemento... a concatenación de cousas da vida e do traballo non me permitiron completar o bó inicio do mes.

Chapoteo: 22,35 km

Pedaleo: 427km ascenso: 5566 m dureza 13,04

A comparación co 2020 é odiosa pero hai que ter en conta que viñamos dun confinamento terrible e que pouco mais podíamos facer que sair na bici.... o certo é que este San Xoan foi o mes mais "duro" dende Abril de 2018


31 may 2021

Maio vinte cun...

 Non me debera queixar mais puidera ter ido moito mellor mais as combinacions laborais e algunhas cousas raras me fixeron rematar así.

Pedaleo: 411,5 km 3961 mts de desnivel (9,62)

Chapoteo: 25,2 

1 may 2021

Abril de obstáculos mil

 Non debera queixarme mais non saiu como eu agardaba este mes de Abril, puiden ter feito alguns Km mais coa fraca mais as cousas veñen como caen e logo a meteoroloxía tamén importa.

Vou engadir a partires de agora os metros de desnivel de cada mes e a razón desnivel/km e traterei de reface-los cálculos respecto ós meses anteriores.

Chapoteo: 23,5 km

Pedaleo: 313,2 km (3102 m) 9,90 m/km

31 mar 2021

Desquite frio

 Non é que poda recuperar o que perdín en 2020 mais si que me resarce do mal intre que paso en outros eidos.... o clima e os turnos axudaron e pudien sair incluso de corto.

Pedaleo: 477,9 km (4581m de ascenso)

Chapoteo: 27 km.

Vermos qué nos depera Abril.

26 feb 2021

Febreiro longo.

Conquerir facer neste mes "coxo" como si fora un mes "completo" só pode ser obra da COVID... a suspensión do entroido non deixou más remedio que pedalear e chapotear e por certo con mellor rendemento do que cabía agardar.

Chapoteo: 22,8

Pedaleo: 256,8  

30 ene 2021

Arrancando con medo

 Iniciamos 2021 con temor a todo e a nada, conscientes da fortuna de poder sair a pedalear e poder ir chapotear...


Chapoteo 25,75

Pedaleo 249,6