31 dic 2013

Resumo dobre

O mes de Decembro escomenzou con unha estupenda participación na Media Maratón Adolfo Ros "Volta á ría de Ferrol" na que conquerin baixar de hora e media e, o mellor, rematei con moi boas sensacións. Sendo así e como sabemos que as progresións infinitas non existen nin trae boas consecuencias seguir a ritmos altos (para un) fomos diminuindo as distancias e os ritmos para facer a 'pausa invernal'.

O mes tivo como cifras:
158,81 km de carreira de kan en 14 sesions coa media mais alta de todo o ano (13,29 km/h) e 16,81 km de chapoteo en 13 sesions.

Mais complicado é face-lo resumo anual; Participacions:

Media Maratón:
*Viana do Castelo: 1h 33'18"
*Carballiño: 1 h 33'59"
*Ferreirua: 1h 34'
*Petín: 1h 38'19"
*Volta á ría: 1h 29' 07"

Outras probas:
Monforte (7,1 km) 29'
Beiras do sil (19,3 km) 1h 31'
Pedestre (13 km) 50'15"
San Martiño (10 km) 40'42"
Dargonte (8,4 km) 45'16"

En totais:

Carreira: 2042 km (ver gráfico 1)
Natación: 194,3 km (ver gráfico 2)
Ciclismo: 342,25 Km (só en febreiro e Septembro)


Grafico 1

Grafico 2
2014 vai ser diferente porque a principal escusa para viaxar ás carreiras era pasar a visitar á miña nai en Lalín... pero na familia non nos falta capacidade de adaptación así que trataremos de seguir participando e cecais poda arranxar a falta de adestramento en bicicleta e a participación nun triatlón.

1 dic 2013

MM Volta á ría de Ferrol 2013

Foi una boa idea teimar de ir a esta proba tiña eu esas boas sensacions deste mes pasado e quería saber ata onde podía chegar aínda que o venres me pasei de festa e o sábado tiven unha boa resaca...

Gran ambiente na saída o de facer carreira para nenos sen dúbida fai que haxa mais xente... a entrega de dorsais ben organizada e con tempo dabondo.

Coloqueime regular e cecais me veu ben para non tolear de inicio; fun ben acompañado na ponte das pías tratando de non cegarme e de coidarme do vento (que non era para nada o de outros anos pero o medo é libre). A primeira boa nova veu ó remata-la ponte e ver que seguíamos directos cara a praza de castela... evitando a terrible costa do centro de Ferrol.

Atravesamos Narón con bó ritmo... pasei o km 10 en 40':40" sen decatarme... Hai que decir que non corrín co crono nin fun preguntando os tempos... só trataba de encontrar xente con ritmos que puidese levar.


Cruzando as Pías
O final de Narón tiven unha pequeña baixada que me influiu na primeira costa de Neda sorte que levaba a don Amador que si mantivo o ritmo...

https://picasaweb.google.com/104618769454917143071/AdolfoRos2013#5952442731952053938
 
Foi por alí cando decidín: "ou rompe ou racha" e me decidín a apretar cunha xente que me adiantaba... aguantei ata o 17 con eles e foime moi bó... a esas alturas veía posible a miragre e no km 20 perguntei o tempo... xusto a unha persoa que non levaba cronómetro... dixome a hora e calculei... ahí, ahí... e lanzeime con moito ánimo.
 
https://plus.google.com/photos/106075340898950094693/albums/5952480678049683473/5952497531684447986?authkey=CJb_zsG7gcXf8QE&pid=5952497531684447986&oid=106075340898950094693
 
Cando daba a curva de acceso a meta non podía sabe-lo tempo pero estaba decido a chegar esprintando... entrei na meta e mirei o crono...1hxx' 57" (lembreime de para qué son as gafas)... e víñenme un pouco abaixo... seguín... voltei a mirar 1h 29' 00" e escomencei a dar choutos e a bailar ó son dos gaiteiros... Entrei berrando: AÍNDA PODO¡¡¡
 
Segundo ChampiónChip fixen posto 163 (de 876)  e 1h 29' 07" (1h 28' 56" netos).
 

30 nov 2013

Un resumo resacoso

Remata Novembro sen facen ren hoxe por mor dunha festa onte... en fin

Natación: 21,45 km en 22 sesions
Carreira: 167,44 km en 14 sesions

Semellan poucos km si os comparamos cos de meses anteriores, mais as boas sensacions xerais demostradas ademáis nas dúas participacions do mes o fan un mes completiño.

24 nov 2013

Unha volta mais... Dragonte

O Castelo á dereita, Dragonte aló no alto...
E por fin voltou a conxunción astral a funcionar e cadrou que puiden ir ó asalto que cada ano nos propón Miguel M Basurko.












Fotokedada


Fixo un día perfecto para a carreira; disfrutei moito da previa pola cantidade de amig@s que atopei e logo pois tamén disfrutei o que puiden dunha dura proba.










Moi satisfeito no tema de rendemento pois aínda que na ascensión me levou 15" mais que vai 2 anos no total da proba o fixen en 35" menos que daquela (Dragomán 2010) e iso que este ano pouco andiven na bici e non fixen esas terribles series pola avenida do bierzo (costa de 500 mts).

Resultados 2010
Resultado 2013

Había unha grande festa...


Disfrutamos moito da paisaxe na baixada....

17 nov 2013

San Martiño 2013 con manguitos e ó tolo...

Boteime ás rúas de Ourense con outras 4551 persoas nunha mañan de outono fermosa e non moi fría pero polo menos para quencer puxen os manguitos... Por primeira vez en moito tempo (dende a maratón de Sevilla e por 1º vez en Galicia) empreguei o servizo de gardaroupa o que me obrigou a estar os derradeiros 20' coa mínima ropa (a de correr e una camiseta "de tirar") polo que me fun pronto para a saída pois é sabido que entre a xente se ten menos frío.

Non as tiña todas comigo, pero saín ó que  daba e pronto fun facendo grupeta cunha xente... sabía que ía rápido de mais para min pero pensei que coa de público que había e o que animaban ben pagaba a pena reventar no km 4 ou 5 total entre 45 e 47 minutos tanto me daba... a mente estaba concentrada en mante-lo ritmo costa arriba e alonga-la zancada costa abaixo e face-lo percorrido mais preciso posible. Entre o km 5 e o 6 non fun tan ben como podía pero logo saquei algo de alento dun compañeiro que me dixo en qué tempo iamos... disfrutei moito do último tramo (este da foto).

Foto Alexha Pires


Total 555 de 4552 en 40'42" A carreira popular con mais participantes chegados á meta en Galicia; ahí non é nada.

O resultado foi una proba superior á do ano anterior (2') e con moi boas sensacions...

Comparación 2012 - 2013




3 nov 2013

Resumo de Outubro

No cuantitativo

162 km correndo en 14 sesions.
16.2 km nadados en 10 sesions.

No cualitativo... pois semella que vou collendo algo de forma e á proba delo foi a pedestre.

O problema é estaren sen obxectivo.... así a motivación desaparece e só queda a preocupación pola saúde... ou non...

27 oct 2013

Mellorando na pedestre...

Un ano mais tiven a sorte de poder acudir a Compostela para participar na carreira pedestre... a mais popular do país.... a "nosa" cita como o demostra a afluencia de correlegas na fotokedada.


Para min foi unha cita redonda porque disfrutei o sábado da tarde noite pola cidade e porque na proba o pasei moi ben e saiume "redonda". Fixen 50'15" e posto 506 de 3595 co que mellorei 1' e algo o tempo do ano anterior pero o mellor foron as benditas sensacions e o ben que o pasei polas rúas da cidade salvo en parte da costa de Vite e na Meta que me deron nauseas...  polo esforzo pero nada importante

Pasando pola praza da universidade a todo gas


3 oct 2013

Resumo de Septembro

Carreira:115.15 km en 10 sesions
Bicicleta:274.77 km en 7 sesions
Natación: 15.95 km en 9 sesions

Participacions: 1 

Ó final non me puiden resistir e fun andar na bici... nin tódalas catástrofes do mundo me apartarán xa dela... e deume tempo de pillar un par de tractores.

21 sept 2013

Fago exercicio ou deporte?

Son as cousas do paso do tempo e da propia natureza un perde o que nunca tivo "capacidade competitiva" e gaña en conciencia do que precisa...

A actividade física como ferramenta de saúde non implica "per sé" facer deporte senon exercicio... pero Hai diferencia? A diferencia está na pertenza a unha organización (clube), en ter unha ficha (e un seguro), en participar en probas????

Penso que non, que a diferencia está, como en moitas cousas na ACTITUDE... un deportista sempre quere gañar (na xeral, na categoría, no paso diante da casa...). No exercicio o que conta é o que es quen de facer a cada intre porque non é tanto a idade como outras cousas o que marcan o que podes ou non facer en cada ocasión... Mentras que no deporte conta o que fas un día (a proba) no exercicio conta un contínuo, unha tendencia...

Cando moita xente fala dos problemas que teñen "por facer deporte" eu lles resposto que o que teñen que facer é exercicio e deixa-lo deporte para os que poden... pero haivos moita xente que só existe por ser mais que outros, por gañar inda que sexa "en broma"... e non digo que sermos competitivos sexa negativo; o negativo ven de ser competitivo ata o extremo de non ser quen de saber onde está o propio límite.

7 sept 2013

Repetín en Petín

Hoxe tocou voltar a participar na dura media maratón de Petín, desta volta ó non ser campionato galego eramos ben menos (71 chegamos desta frente ós 164 do 2010) pero eso non lle quitou o nivelazo humano que ten a organización e o agradable de correr polas terras de valdeorras.

A meteoroloxía foi moi favorable pois ós 25º vianse suavizados en gran medida pola brisa do nordeste que no segundo tramo nos deu de fronte.

A min persoalmente saiume unha proba expectacular e totalmente inversa á de vai 3 anos... si daquela me reservei ó principio e logo fun en boa compaña na segunda parte desta collín unha grupeta boa ó principio e fun nesa compaña ata o km 10 (44'21") no que baixei o ritmo para comer unha barriña e xa fixen o resto da proba só... afrontando as costas... para rematar en 1h 38' 19" só 1' mais que daquela e no posto 31 1:38:21 polo SportyPal.

A organización foi outra volta impecable; só se me ocurre que deberan abri-los contenedores do percorrido para non vernos obrigados a bota-lo lixo ó chan... que non podemos enlixa-lo entorno polo que disfrutamos correndo.


1 sept 2013

27 ago 2013

Omnipresencia vs competitividade

O modo no que contactamos uns cos outros e polo tanto nos influimos está a mudar a velocidade de vertixe e trae mais de un quebradeiro de cachola á xente que vive de facer chegar mensaxes "convincentes" ás poboacións, case sempre xente da publicidade (tamén lle chaman márketing pero coido que ven se-lo mesmo) pero tamén a xente que traballa para as institucions como pode se-lo caso das autoridades e institucions sanitarias.

Fai uns anos coa inestimable e inesquecible boa vontade do seu administrador na web correr en Galicia participei na posta en marcha dunha iniciativa que tentaba fomenta-la actividade física entre a xente "tirando" da idea da competitividade pero mais a nivel de "número de participacions" que do resultado das probas en sí; naceu así o "Circuito Correr en Galicia" que en 2006 só tivo 43 participantes que puntuaran pero cun gañador "de altura".

O sistema de participación e puntuación era moi artesanal e nas sucesivas edicions nos vimos na obriga de pedirlle ó crecente número de participantes que enviaran eles os seus resultados e de restrinxi-las probas "puntuables" a un catálogo coñecido si ben con cada edición se ampliaba pois o circuito tiña tirón na participación nas probas incluidas... mais o principal problema veu da propia natureza humana e de como nos educan... así chegou un intre no que se tivo que restrinxir tamén o número máximo de probas que un participante podía enviar pois nos decatamos que si ben a maioría da xente participaba "con xeito" escomenzaba a cundir unha 'hiperparticipación' que podia ser tan nociva como o sedentarismo que tentabamos combatir.

Pero comentaba ó principio a tecnoloxía que nos permitiu montar aquelo seguiu o seu camiño e semella que xa non é necesario comparti-lo mesmo espazo para "interactuar" con outros ainda no plano do exercicio físico... a facilidade para rexistar e publica-los datos de cada actividade xuntase coas plataformas de web social ou socializada e fan que cada un de nós poda facer as súas actividades no lugar e horario que mais lle conveñan e 'compartilas' e comparalas coas de outr@s. Así nace @clubdelpaseo unha interesante inciativa que mercede a esta nova omnipresencia suma diversas actividades en rankings pero fai algo mais pois retroalimenta inmediatamente cada participación tanto comunicando o troco de posición no ranking como a regularidade na actividade.

E penso que esto último é a dirección correcta; non se pode tratar de facer mais e mais kilómetros do que sexa senon de facelo de xeito regular e constante... esto claro si estamos a falar do fomento da actividade física como hábito de vida san.

18 ago 2013

Pola boca morre... Yelena Isinbáyeva

Supoño que estarei trabucado mais non podo menos que pensar que a Yelena Isinbáyeva non a voltaremos a ver dándolle á pértiga porque si non non sei a qué ven que faga unhas declaracions de "estómago agradecido" procurandose un bó posto nos despachos...

Ela que é muller nun megapaís onde hai unha comunidade islámica grande ¿qué pensaría si non puidese saltar porque as absurdas costumes relixiosas llelo impiden?

A culpa pode ser de que entendemos o deporte como unha actividade profesional cando pola propia fisioloxía humana non se pode ter ese tipo de actividade como único sustento durante toda a vida polo que chegado certo punto... hai que percurar un despacho... e canto mais complexo e comercial é o entorno esa percura resulta mais difícil polo que... hai que lamer cús e canto mais grande se é (no deporte) mais alto se quere o despacho así que... mais patente ten que se-la lamida.

En fin, menos mal que as do relevo lle respostaron (coido) que moi gráficamente

Kseniya Ryzhova e Yuliya Gushchina bicandose



7 ago 2013

América e un bono

Bueno, boto algo en falta ir comentando os adestramentos pero tamén aliviou a presión de ter que publicar tras cada sesión...

Xa pasou a "pausa" mais non a baixada de tren... tras 10 días sen facer ren deportivamente falando (do 13/7 ó 23/7) a primeira sesión foi bastante agobiante non sei si pola falta de forma ou polo cansanzo do turisteo... as outras duas foron mellores ainda que os ritmos non o digan simplemente porque gocei de correr no amañecer por monument valley ou polo bosque de Williams (Az).

Tiven un par de sustos co xeonllo esquerdo facendo as rutas por yellowstone e gran cañon... pero non hinchou nin se trabou, só fixo un estourido...

Dende que voltei ando sen moitas gañas de correr e menos de "sufrir" o encontro coa bici... saquei o bono da piscina descuberta... e se pon a chover... Porén eso aínda me presta.




10 jul 2013

O final do final

Os protagonistas; os que corren
O final, non podía ser de outro xeito, houbo unha referencia ó que pasou... Que non gustase pareceme ben, que se diga que por elo cáseque se suspende a competición "a falta de mes e medio" soame esaxerado dado que o problema era o meu "protagonismo" e ansia de figurar (comentario editado no foro de xestión)...

En fin, ogallá ese proxecto non remate ainda que os trocos plantexados non van todos na dirección que me gustaría pois o tema da inscripción xa se falou outras tempadas e, para min, resulta contradictorio coa base fundamental da idea.

O único que me manca é que tiña ilusión por facer un estudio de investigación entre os participantes das diversas tempadas para sabermos si a participación no circuito trocara DE VERDADE os seus hábitos de vida e para tratar de medir (via datos de saúde) a repercusión deses trocos... o deseño era complicado pero non imposible dado o empregro de IANUS e outras ferramentas que monitorizan a dispensación de fármacos e os días de baixa laboral e os seus motivos... en fin, para o contenedor de ideas "crioxeneixadas"...

Que porqué escribo aquí esto?, porque aquí non se vai vir a rebatir nin a editar...

Que teñades feliz veran e, se cadra, nos vemos nas carreiras.

30 jun 2013

Na adaptación está a intelixencia... seica

A verdade é que levar este blogue como cuaderno de adestramentos foi unha idea secundaria, eu só quería ter un sitio para escribir sobre o deporte e as actividades deportivas e como daquela non sabía emprega-las etiquetas de blogger pois creei un blog específico... agora mesmo é tan doado "apunta-los" adestramentos na nube... con tanto detalle, tan inmediato que levar ese aspecto deste blogue non ten sentido e por iso veño facendo a labor por rachas... pero dende hoxe 30 de San Xoan xa non vos canso mais... non pecho nin borro nada, non deixarei de escribir... pero só das probas nas que participe ou de acontecementos deportivos nos que teña algo que decir...

Os adestramentos? pois no SportyPal o que sexa correr e bicicleta e no Runkeeper o de nadar (e a final de ano decidirei como unificalo) si non queredes acceder a esas webs o podedes seguir polo meu twitter persoal ou ós que vos teña engadidos no Facebook...

Un pracer.

Polas beiras do sil cheando o fin...

Hoxe corrín outra volta a proba das sendas do sil en O barco con unhas condicions propias da estación e con participación dos habituais da bisbarra... Pouco que decir; que mantiven a concentración en correr pola sombra, en mollar o gorro de circunstancias co que corrín (e que me deu a vida) e en non mancarme nos tramos de senda.

Como comentario xeral decir que a falta de detalles como da-la auga en vasos e non por unha mangueira ou similar nas zonas de mais calor se supliron con boa vontade... os trocos no circuito respecto ó ano pasado... na zona da marxe dereita non se debeu recurtar nada, na marxe esquerda a zona das táboas... era un obstáculo engadido (a min veume ben, que mollei os pes e o gorro alí) esperemos que a manteñan para o ano.

O sportypal dí que foron 19.3 km e os fixen en 1h 31 o que non está nin ben nin mal é para o que estou.

Con esta proba chega o fin de moitas cousas, algunhas moi especiais e outras propias dos ciclos anuais... este (segundo o gráfico de Sportypal) foi o período mais longo de actividade dende 2010 pois salvo a "pausa voluntaria" en febreiro dende novembro levo facendo mais de 150 km (e de 200, ver a imaxe)
ó mes sen grandes mancadelas o que non lembro dende 2005... remata tamen a participación no circuito de correr en galicia coido que asegurando a permanencia en 1ª pero ata que pasen unhas semanas non o saberei... remata a ilusión de facer un tri este ano... simplemente non me cadra nada ben e teño a bici abandoada como para botarme agora a facer 40 km...

29 jun 2013

Nadando a gusto

Hoxe fun con tempo e noteino... fun de menos a mais e así disfrutase mellor

150 + 1650

28 jun 2013

A terceira mañan...

Non fun quen de deixala pasar... o de onte me preocupou... é curioso que o GPS teña estas diferencias porque o percorrido foi o mesmo... por iso me centro nos 50" menos que fixen...

8.9 km en 40'

26 jun 2013

Adaptación, Adaptación y más adaptación

Vivo nun exercicio de adaptación ó medio como tódolos seres vivos... e estes días co tema das tardes e un curso pola mañan só queda saír cos paxaros

11.6 km en 55'

25 jun 2013

Despistado

Os turnos téñenme despistado e bótaseme o tempo enriba...

100 + 1400

24 jun 2013

Revancha no reverso

Hoxe novo reverso... desta era esto ou nada e había que facelo si ou si porque onte non puiden nadar no mar de castro baroña porque había cousas mais importantes que facer.

Pero debeu ser por iso ou polo descanso que me sentín mellor e fixen 2' menos

14 km en 1h 7'

22 jun 2013

O inverso fatal

Hoxe tocou sesión de saída de noite... por causa de forza maior e para evita-la calor.

O SportyPal (ou o iPhone) toleou e non me contou 2 km aínda así e todo sei que foi fatal porque me sentín moi pesado todo o traxecto...

14 km 1h 9'

21 jun 2013

Rutina

Teñolle collida a medida a esta rutina... e que non falte...

150 + 1500

19 jun 2013

Novas rutinas adaptadas

Como aínda me estou afacendo a esto do turno e tal hoxe tocou ir nadar a medio día tras 400 km de carretera...

150 + 1500

18 jun 2013

Contra trancas e trancazos

Ando algo acatarrado... non me estrana con estes bruscos trocos de temperaturas... aínda así a corretear... non vaia ser que os mocos decidan quedar.

11 km en 51'

16 jun 2013

Toma de decisions nun rápido

Hai veces que se toman decisions dolorosas e hoxe tomei eu algunha nunha carreira rápida por facer algo no día...

8.3 km en 39'

9 jun 2013

De librada y prolongada

11.3 km en 51' facendo unha voltiña nova para alonga-lo xusto.

6 jun 2013

5 jun 2013

Doblete¡¡¡

Non vou ser menos eu que os do fuchiblo.... hoxe doblete

150 + 1600

Arrastrandome pola mañan...

Toca aproveita-las tardes con outras cousas.... e para iso hai que face-lo exercicio cedo... aínda que sexa a rastras... como foi o caso.

11 km en 52'

3 jun 2013

Natación incómoda

Algunha vez me queixei da xente que hai cando vou nadar? O retiro... non lembraba cómo é ter que nadar por unha rúa con outras 4 persoas...

150 + 1650

31 may 2013

E pechando o mes con propina

E remato maio... coa teima de acada-los 200 km... tiven que alongar un pouco o roteiro

11.2 km en 54'

28 may 2013

Voltando ás mañans

Volto a ir correndo ó choio... por aproveita-lo día e por esquiva-la calor

10.3 km en 50'

27 may 2013

25 may 2013

24 may 2013

23 may 2013

19 may 2013

16 may 2013

Adaptación á vida...

Cando un ten que encaixar os adestramentos entre unhas e outras obrigas e cando comprendes que hai que ser adaptativos e que as rutinas son negativas a longo prazo pois reducen a nosa capacidade de reacción.

8.4 km en 38'21"

15 may 2013

Deixnadome arrastrar

As sensacions son, ás veces, traicioeiras... Fai un mais do que pensa porque se sinte ben ou porque non contaba con facer e logo vai e disfruta... e o relax post-estress tamén tira de un.

150 + 1600

14 may 2013

Hai cousas que non trocan

Como que tras unha proba 'disfrutada' hai unha caída no rendemento... Hoxe xornada de "reencontro" coas miñas pernas...

15.6 km en 1h 15'

13 may 2013

Auga sanadora

Hai que reparar-los estropicios... con auga.

150 + 1500

12 may 2013

A ferreirua 2013 o sabor da mellora contínua

E chegou o día de voltar á ferreirua... Todos temos na vida cotián un sitio "o que voltar"; pois ben, como corredores tamén pasa que alguns temos unha proba na que "hai que ir" porque si non a tempada sería... triste.

A grandeza dunha proba non se mide polo tamaño da poboación que a organiza nin polo despriegue de medios no seu desenrolo... mídese (ou eu así o fago) polo trato que cada persoa do lugar dispensa ós que os visitan. E nesto A Ferreirúa (Pobra de Brollón) sácalle varios corpos de vantaxe a organizacions "profesionais".

Non vos é unha proba para ir "de paseo" porque o terreo é 'do país' e eso esixe ter certa resistencia acumulada na que hai que engadir as condicions meteorolóxicas concretas do día de celebración que poden voltar alguns tramos un auténtico calvario.

Desta volta corrín moi consciente das miñas limitacions e conservando a calma ó principio o que me permitiu completa-lo percorrido cun extra de forzas e mellora-lo rexistro do ano pasado sobor de todo grazas a unha segunda volta mais estable.

O gráfico de comparación de ritmos o acredita



21 km en 1h 34' 84 de 174

Para rematar quero voltar a mencionar a honra que se fai ó foro de correr en galicia coa conceción do "premio á fidelidade" pois mais que adicado á miña persoa o vexo como un premio a unha labor de grupo.


Agradecer tódalas fotos compartidas por tanta e tanta xente e que ó final conforman a memoria que un ten da súa participación nesta festa.

7 may 2013

Tomando distancia

Hoxe xa cheguei ó que quería... e si todo vai ben o domingo voltarei a sufrir en Ferreirua a mellor media maratón "feita na casa".

15.65 en 1h 14'

6 may 2013

Cansanzo?

Hoxe sentinme algo pesado na auga porén o crono non foi malo...

150 + 1500 (31')

5 may 2013

Improvisando por medo

Hoxe tocaba algo mais, pero topei ó mastín da finca do final de ruta solto e dei volta...

13.85 en 1h 3'

3 may 2013

a primeira con retraso

Onte tería que ter saído, pero a realidade manda e hoxe... bueno, peor sería non ter ido.

13.86 1 h 2'

30 abr 2013

Completando o mes

Para acada-los 200 km mensuais hoxe unha saída fora de concurso...

15.5 km en 1h 13'

29 abr 2013

28 abr 2013

Matutino inverso

Voltar do choia á casa só o fixera unha vez... desta volta non me sentou nada ben... pero está feito; teño claro que no verán esto abondará.

11,5 km 56'

27 abr 2013

26 abr 2013

Entre auga e outras emanacions transparentes

Dende logo correr distrae a mente, pero o estres na mente afecta ó correr con certo rendemento... Non tiña gañas mais que de pasa-lo rato...

18 km 1h 28'


24 abr 2013

Auga para a alma

Nadar relaxa si un é capaz de pensar só no ritmo e na respiración...

150 + 1600

23 abr 2013

Con sorte a nadar...

A vida dá unhas reviravoltas... e hai que ter capacidade de adaptación e sorte... como a que tiven de que Nieves me metera a bolsa da piscina "por si acaso"...

150 + 1450

21 abr 2013

Correndo tras andar...

Tras facer unhas etapas do camiño de santiago (60 km) aproveitei que chegamos cedo para iren corretear... sen moito xeito, hai que decilo.

9.5 km en 46'

19 abr 2013

Resarcimento

Hoxe tocou resarcirme un pouco da páxara de onte e como tampouco tiña tempo para mais fixen pouco pero 'rapidiño'

8.2 km 37'

18 abr 2013

Páxara primaveiral

Hoxe colleume unha páxara primaveiral por mor do sol... ou da calor...

18 km en 1h 29' os derradeiros 5 km "sobraronme"

17 abr 2013

Auga no solpor

Bonito solpor primaveiral... e bó adestramento... sobrado

150 + 1500

15 abr 2013

Entre auga e bágoas...

Hoxe tocou natación e, debo confesalo, a disfrutei moito por descoñecemento... Saiume moi, moi ben; de feito os 3ºs "500" saíronme en 9' e fun 'sobrado' sen agobiarme...

150 + 1650

Logo, xa na rúa foi a decepción de comprobar a estupidez humana e a desazón por ver ó modesto deporte do atletismo atacado tan cruelmente...

14 abr 2013

Longo de prima...veira

e veu a primaveira; e saín correr pola pista do escaril... foi fantástico porque aína que tiña a sensación de ir moi lento fun o paso habitual e tiven a sorte de topar 6 corzas novas que correron diante miña un bó anaco antes de cruzar para subir cara a los barrios...

18.2 km en 1H 27'

13 abr 2013

Auga de cedo...

Hoxe de tarde e con recados que facer... perdo a primeira oportunidade de sair na bici dende vai...

150 + 1400

10 abr 2013

Variaciones II

Hoxe había que tira-la casa pola fiestra... e saín facer unhas "variacions" que trocos nin fartlek non son...

10.8 km en 49'

9 abr 2013

Rapidiño buscando ánimo

O de non correr en A Coruña estame pasando factura anímica... hoxe tería forzas para facer 16 km pero... só quixen facer unha volta curta; iso si, con gañas...

8.1 km en 37' 

8 abr 2013

Desmañotizar

Un pouco de natación para que o corpo vexa que hai que seguir e que o de onte... non foi nada.

150 + 1600

7 abr 2013

A voltas co Carballiño...

E hoxe tocaba a Media maraton da festa do Polbo en O Carballiño... non estivo a meteoroloxía para botar foguetes mais ben algo dura (6º e orballo) pero alí nos xuntamos mais de 300  dispostos a completa-lo percorrido algo duro no tramo final con duas rampas duras no derradeiro kilómetro... de cada volta.

Moitos coñecidos viñeron a completa-la preparación para a maratón de A Coruña do día 21 e iso notouse pola forma e os ritmos da carreira; eu entroques a tentar completala sacando do corpo a mala sensación do domingo pasado.

Saín, como sempre que se corre por voltas, obsesionado con non seren dobrado apretandome na primeira volta sobor de todo no tramo chan antes da subida e na baixada inicial da segunda volta... ata o km 16 fun mais ou menos con bó ánimo e ó ritmo que mais podía; logo tiven que "soltar" e pasar un par de km ó ralentí para rematar con bastantes gañas para o que eu esperaba...

1 h 33' 59" 136 de 327 chegados. Desta volta o iPhone non tivo un bó comportamento polo que non vos fago perder tempo co enlace... pero sí vos deixo unha foto do tramo final da proba.

Para rematar agradecerlle a Camilo co que tiven a sorte de correr dende o km 6 ata o final pola súa compaña... (non é o da foto)


6 abr 2013

Auga de reposo

Hoxe sería día "en branco" si eu fose de outro xeito, pero como son así vou nadar para relaxarme...

150 + 1250

5 abr 2013

Rodaxe no tempo... estacional

Hoxe rodaxe de inverno na primaveira... Frio de vai 2 meses con roupa de vai 2 meses...

15.7 Km 1h 12' 

3 abr 2013

As horas da pel...

As rutinas axústanse soas cando un quere... e agora podo ir a nadar con tempo así que fago ben o traballo que me asigno.

150 + 1550 Os derradeiros 500 mts en menos de 10' e disfrutando...

2 abr 2013

Algo mellor pero...

Supoño que é o de sempre; cando se perde a posibilidade do obxectivo adestrar pasa a ser unha obriga autoimposta e, ás veces, non se disfruta ou, coma hoxe, se fai sen paixon.

18.4 km en 1h 28' 

1 abr 2013

Ainda que semelle brincadeira: Auga por fín...

Pois si, tiña gañas de auga... pero claro é que nadar non é o mesmo que andar pola rúa co paraugas.

150 + 1500 + 50rec + 50 tope

31 mar 2013

Arrastrandome no final de mes...

Como si fose unha conta corrente de tanta e tanta xente o meu corpo chegou ó final de mes esgotado e fixo o adestramento pensando en... vai ti saber...

17.1 km en 1h 27' polo parque do pontiñas

30 mar 2013

Nin tanto nin pouco

Hoxe non sabía ben que facer... tería que estar en Padrón, pero a axenda familiar manda...

8.3 en 39'

28 mar 2013

Rapidiño que non toca...

Non toca correr en Padrón
Non toca mollarse porque fai son
Non toca correr porque levo 10 días sen descansar.

8.3 km en 37'

27 mar 2013

A auga da despedida

Está é a derradeira oportunidade de nadar ata o mes que ven polo tema do integrismo relixioso e a inxerencia na vida dos cidadans... e había que facela especial.

50 + 250 + 3x400 (50 rec)

25 mar 2013

Auga entre auga

O que choveu hoxe fora daba para encher a piscina na que nadei...

150 + 1600

24 mar 2013

Longo de ramos

Hoxe saín a este longo coa sensación estrana de que algo sairía mal... pero non foi así que eu saiba...

18.2 km en 1h 29'

23 mar 2013

Destorcendo

O de onte foi retorcido... estaba rabioso e a molladura por fora non me abondou e saimos a "mollarnos" por dentro... e claro, así quedei.

E por iso e polo outro hoxe tocaba facer unha saída rápida... e foi mellor que a de antonte sobor de todo ó final Cousas curiosas.

9.8 km en 45'

22 mar 2013

Mollando a rabia

Hoxe me enterei de que a proba de Carral foi suspendida... e xa non me podo apuntar a outra nesta finde... fun nadar para seguir co programado e afoga-la pena e topei a Basurko que me contou as novidades que ten preparadas para pronto e que vos gustarán.

150 + 1100

21 mar 2013

Estrea cunha rapidiña

Tratando de adapta-lo ritmo de adestramentos ó plan da finde hoxe tocou unha sair a facer unha ruta curta e, de paso, estrea-las zapas do día do pai.

8km 37'

20 mar 2013

Con calma e tesón

Hoxe estaba anegado de pesimismo e non tiña gañas nen de respirar... pero conseguín forzarme a saír... xa é algo.

16.6 km en 1h 21'

19 mar 2013

Pinchazos e calma...

Onte paseando sentín unhas pancadas na ingle dereita e, por precaución, diferín o calendario de traballo...

Hoxe fun nadar, sen me esforzar moito pero ben.

150 + 1500

17 mar 2013

Aforrando...

Tería que estar en Baiona mais nin me deu a gaña de gastar nin tiven ocasión de me inscribir pois cando o pensei xa pechara o prazo pero non por elo deixei de adestrar...

20.3 km 1h 35' Rematei con moi boas sensacions pero algo canso...

16 mar 2013

Estable no inestable

A auga para os humanos é un medio inestable... non conseguimos permanecer nela sen nos mover... pero eu si consigo manter unha constancia no ritmo de tal xeito que, nin para mal nin para ben, troco o meu rendemento así pase unha semana sen tocala...

150 + 50 + 1500

15 mar 2013

Aproveitando calquer resquicio

A cousa é así hai que ter claro que si un quere sempre atopa cando adestrar... Hoxe estaba en Madrid ás 7:30, en León ás 10:15 e dando a volta de campo coa moza ás 13:00 pero puiden ir correndo ó choio...

9.4 km en 44'

13 mar 2013

Acabando co acopio aeróbico

Sain a dar outra rodaxe longa e abofé que o foi... 19 km en 1h 30' agora hai que ir pensando en serio en "traballar"...

12 mar 2013

Apresurada auga...

As cousas desta vida me levan co horario trocado... non cheguei con tempo para mais

150 + 1150

11 mar 2013

O fondo anda perto, a forma non tanto...

Hoxe recoñecin os signos de que estou collendo o fondo necesario porque tra-los 14 de onte os 17 de hoxe se me fixeron doados... outra cousa é o ritmo, pero iso xa me preocupa pouco...

17 km 1h 21'

10 mar 2013

As murallas de Baeza

Hoxe aproveitei as indicacions dos amigos e fixen unhas voltas pola ronda da muralla de Baeza e pola parte vella...

14.5 km 1h 10'

8 mar 2013

Jaén costas e herba artificial

Hai que facer de galego en todas partes... o digo por esa especial facilidade de adaptación que temos... Tras os nervios do día anterior hoxe saín e como esta vila está feita toda en costa decidín aproveitar un consello e correr pola herba artificial do malogrado tranvía... Un trote lixeiro o xusto para non perder masa...

8 km 37'

6 mar 2013

Matutino de recheo

Carreiriña cara ó curro antes de marchar de viaxe polo que poida pasar...

9 km 43'

5 mar 2013

Auga de despedida...

Unha natación desesperada antes de marchar de "tournee"

150 + 1250

3 mar 2013

Forte en Monforte

Elexín facer outro esforzo e, de paso, facer puntos para o circuito aproveitando que a proba me quedaba na ruta para ir ver á miña velliña...

7.1 km en 29' con altibaixos claro, pero contento da resposta das pernas e de non me mancar... agora que podo Chiar os resultados o saberedes antes de que eu o publique aquí... 111 de 380

2 mar 2013

Satischapuzón...

Tocar tocaba facer pouco que se supón que mañan vou a Monforte, pero emocioneime un algo...

150 + 1000(19') + 5x(25 rec-50forte) e moi boas sensacions...

1 mar 2013

Intermitencias

E hoxe fun facer... intermitencias... non estou contento pero non é para estar triste; é o que hai e xa está

10.8 km 49'32" 5 "intermitencias" ben levadas pero sen grande éxito.

27 feb 2013

Aplicandome

Hoxe tocou nadar e vaia si nadei...

150 + 1500 + (2 x 50 rec 25) mais que nada o digo polas sensacions claro que esas para min son as que importan.

26 feb 2013

Dobre ración

Estar sin coche fai que camiñemos mais... incluso para ir a adestrar... e logo hai que adestrar como si fósemos en coche ou saísemos da casa...

16.4 km en 1h 18'

24 feb 2013

Un longo con cabreo final

Fun de longo a me resarcir por non poder estar en Coruña ou Porriño e fun con gañas... ata que cheguei á casa e vin que o SportyPal non arrincara... tiven que mete-lo percorrido a man.

17.3 km en 1h 20'

23 feb 2013

Repousando

Natación tranquila decepcionado por non ir mañan a correr en Coruña ou Porriño...

150 + 1100

22 feb 2013

Adaptado ás previsions

Seica vos ven neve... por si acaso troco de planos... e corro hoxe...

8.2 en 38'

20 feb 2013

Diferencias...

Eu son tan maula que non fago Fartlek ou cambios... fago diferencias...

150 + 500 + 4 x (25+200) + 50 a tope.

18 feb 2013

Test 30'

Hoxe cadrou así e puiden facer un test de 30' nadando...

150 + 1500 Non estivo nada mal para non levar nada adestrado... o malo é que seguramente non poderei mellorar moito... eu ós 1900 mts do tridobre calcúlolle 50'... o caso é chegar.

16 feb 2013

Mais auga

Hoxe quixen aproveitar para nadar... que mañan non hai piscina... ou si, si a botan do ceo.

150+1150

15 feb 2013

Bicicleteando polo sol

Hoxe tocou seguir collendo callo no cú... aproveitei que a néboa marchou e collín a bici... malía ó pinchazo no km 3.5 seguín e fixen 36 km en 1h 21'


14 feb 2013

Retomando... e sen tomar

Bueno, rematou o entroido... e eu retomo os adestramentos e entro en fase "abstemia" e non vou beber alcohol ata... non sei...

Primeiro facer algunha media, logo a maraton de A Coruña e logo... a polo triatlon... ou doble triatlon en Agosto.

Escomenzamos sacando as mañiotas da farrapada (ver vídeo do telexornal do 11/2 ás 15h) cuns longos

150 + 1150

6 feb 2013

4 feb 2013

Tomando contacto

Son moitas as cousas a afinar ó escomenzar a andar na bici... o cú, as rodas, freos e cambio... e si o fas con 8ºC pois tamén a indumentaria que por moito que sexa Lydil hai que probar a asentala.

31 km 1 h 13'

2 feb 2013

Rodaxe de valeirado

Chegas as "carnes tolendas" e imos someternos a unha estrita dieta de carne de porco... facemos pois un valeirado suave... ó seu caer...

8.2 km en 37'

1 feb 2013

Novo reto

Hoxe me enterei da nova convocatoria triatletica en Ponferrada para 2013

 A verdade é que a Media distancia (doble olímpico: 1900-90-21) sería un bó reto para un @kandpalleiro coma mín... en fin, o primeiro é que se celebre e non quede como o tema do ano pasado que non se fixo.

Con eso na mente fun nadar e aínda que teño pensado facer un febreiro suave...

150 + 1250 + 50

31 ene 2013

Incomprensible

Eu non entendo nada; hoxe saín "de suave" só a completa-los 200 km neste mes e resulta que fago a mesma media que un día que sinto que me esforzo...

15.7 km en 1h 14'

30 ene 2013

29 ene 2013

Rodaxe anecdótica

Outro día raro... sintome ben, vou facendo por dar caña e.... 4'42" en fin, tampouco importa moito dado que ahí ven o entroido...

14.5 km  en 1h 8' 14"

28 ene 2013

Alongando o afogo

A de hoxe foi unha natación diferente porque a fixen antes de ir currar e a alonguei o posible para captar cómo levo eses metros...

150 + 1550

27 ene 2013

O ánimo dos campions

O xantar e o longo paseo matutino deixaranme tocado, pero puiden facer forza de vontade e saín... pero o son dos tiros no camiño do escaril me fixeron plantexar un trote mais curto.

10.9 km en 52'

24 ene 2013

Rodaxe adoecida

Son xa catro os días que pasaron dende a media de Viana pero os problemas musculares lonxe de remitir van a mais... tocará parar ata a volta do entroido.

22 ene 2013

Recuperando pola nevada...

E tocaba sair trotar e fun... non polo monte como outros pero sí saín e me caeu unha boa nevada e disfrutei de correr pola neve no parque da rosaleda... sen problemas nas pernas pero con unha velocidade acorde co estado do terreo... é curioso semella que facía mellor temperatura que cando chove.

10.4 km en 50'

21 ene 2013

Recapilarizando...

Onte collín tanta auga que hoxe... tiña que nadar¡¡¡

150 + 1100

20 ene 2013

E caeu a de Noé en Viana...

Pronto resumo eu esto: Eu sen forma, moita xente moi boa, a lancha pinchada... pero disfrutei. A organización ten algunhas cousas que mellorar: A entrega de dorsais, tendo tantos voluntarios... a saída por caixons... pero tamén e certo que é a 1ª vez que vexo un servicio de microbuses para ir ás duchas e funcionou de marabilla

1H 33' 18" (oficial) 661 de 2215

Gracias Mincha polas referencias na saída polo que fun tratando de acompasar ata valora-la costa do km 13 (que a baixamos no 6) e tamén gracias á xente de Taninos Ponteareas que me levaron en volandas do 13 ó 18; logo pinchei e fun como puiden que foi pouco...

No Sportypal vese ben que dendo o 17.6 xa non fun quen de manter un ritmo ata a parte final...


19 ene 2013

A espera...

Tocaba esperar... a ver que nos pasa mañan... unha desas viaxes que un non sabe ben porqué as fai...

150 + 100 + 1000

16 ene 2013

A modiño...

Hoxe tiven unha mañan loooonga e non quero por demasido enrriba da perna...

150 + 1100 iso si, sego con moi boas sensacions na auga...

15 ene 2013

Rodaxe temporoespacial

Son as cousas das emocions; hoxe tiven unha mala nova no deportivo pero saín dunha xuntanza con boas vibracions...

Non poderei afronta-lo desafío Illas Cies porque me despistei da pre-incripción... para 2014.

A rodaxe de hoxe tivo que ser de tarde-noite polo parque de abaixo e non foi a bó ritmo pero as sensacions foron estupendas mentras repasaba mentalmente os pasos dun traballo que coidaba perdido e que hoxe albisquei recuperado.

12 km en 57'

14 ene 2013

Ansiando o privilexio

Fai un par de anos fun nadar nunhas circuntancias meteorolóxicas semellantes e puiden distrutar do privilexio de ver nevar dende a auga da piscina... hoxe non cadrou.

150 + 1450 os derradeiros 150 recuperando... ben.

13 ene 2013

Longo de rodaxe

Hoxe tocaba longo... pero non tanto como debera porque ando coa idea de irmos a Viana o vindeiro domingo e non quero facer demasiados kilómetros... tampouco quixen apretar de mais que logo si non vou me desespero.

15.96 km 1h 14'

11 ene 2013

Unha rapidiña

Hoxe non quería facer moita "masa" así que tenteir ir lixeiro e non me foi mal a cousa...

8.3 km en 36'42"

10 ene 2013

Entre agua e néboa

Andiven un bó rato e logo un chapuzón...

150 + 1500 sen pretensions

9 ene 2013

Nova alegría

Mante-la ilusión e as gañas ás veces só depende de ter un bó día... o meu foi hoxe... saín sen pretensions a rodar e mellorei 2' do tempo do día 6 e 1' o do día 3...

15.82 km en 1h 12'

8 ene 2013

Sen tempo

Dias de presas hai que reinventa-lo tempo...

200 + 1000

6 ene 2013

A trotada do agasallo

Hoxe fun facer que corría porque o corpo non me deu para mais pero aínda así me sentín agasallado de seguir tendo ánimo para ir... buscando camiños entre a néboa.

15.7 km en 1h 14' 41"

5 ene 2013

Agua clara solpor vermello

Ve-lo solpor dende a auga na mellor compaña... eso sí que é un agasallo...

200 + 1300

4 ene 2013

Natación con retraso

Hoxe fun facer o que tocaba o día 2 que me despistei coas cosas da informática...

150 + 1200 non fun moi ben de ritmo ó final, normal si dende o ano pasado non viña ;)

3 ene 2013

Primeiro longo

E hoxe sí saín a por este primeiro longo... a subida do escaril segue a resultarme dura pero eso fai que o adestramento sexa bó; mellorei bastante con respecto a vai un mes.

15.8 km en 1h 13' 34"

1 ene 2013

Declaracion de intencions

Primeira de 2013... sinxela só para facer espazo entre duas papatorias... e algo lixeiro...

8.2 en 37'39"