1 abr 2011

Pedales contra todo

O día pedía bicicleta e saín, pero esquecín a época de "prestidixitación" na que vivimos e que a falta de inauguracions pois inícianse obras... total que non hai entrada ou saída de Ponferrada que non teña máquinas facendo buratos no asfalto e... pinchei ós 7' de sair alí na rotonda da "gran manzana".

Case quedo sen pel dos pulgares para voltar a por a cuberta no sitio, logo a xente de Nino foi amable e me permitiu dar presión á roda co seu bombín.

Saín enrrabietado a aproveita-lo tempo que me quedaba ata as 19h contra o vento do surleste.. a 28 km de media

En fin, seguen os malos tempos para os palleiros.

No hay comentarios: