14 abr 2011

Histamina, vento e sonos

Vai soar a escusa barateira e mais si digo que aínda así estou contento; a alerxia nótase, pero por fortuna só a sinto como un pouco de cansanzo permanente e o estómago algo pesado a todas horas, teño algo de mocos pero nada que non domine co pano de man e... xa vou rodando mellor.

Bicicleta: 39km 1h19' (29,4 km/h) cando menos xa me achego ó obxectivo.

E non fun especialmente cómodo polo vento do oeste nin moi concentrado porque a mente se me dispersou en cousas da profesión e proxectos futuribles que non serán nada, pero serían unha gozada de levarense á realidade.

No hay comentarios: