23 ene 2011

Rábade 2011 mellorandome a min mesmo

Como xa indiquei durante a semana acudín hoxe a Rábade a facer unha "serie de 5000" co peso na conciencia dos tempos que veño acadando nos trocos que fago no estadio nos que me custa moitísimo baixar de 4'15"...

Cheguei algo xusto de tempo, collín o dorsal sen cáseque tempo de saudar e fun quecer entre a friaxe 15'.

Na zona de saída topeime co capi da miña equipa 'virtual' "Los últimos de filipinas" e á miña parella 'virtual' o Fleky así que foi unha mágoa non ter unha cámara a man.

Coloqueime baixo o arco e esperei coa intención de non sair moi lanzado non fora ser que me mancase pero que va; en canto sonou a bocina arrinquei só mirando como ir pasando xente; cando cheguei á marca do km1 en 3'33" simplemente pensei "mal medido" collín como referencia á parella de Pedrosas e quedei resguardado do vento por alguén mais alto ca min. Na marca do km2 vin 7'20" no crono pensei "Qué está a pasar?" pero como seguía cómodo agarreime no grupo que ia. Xa non vin mais marcas nin me importou; na longa recta contra o vento tentei aguantarme detrás de alguén e na viraxe fun algo mais relaxado pois sabía que había unha costiña que o ano pasado mas fixera pasar mal. Coñece-lo final axudoume a aforrar esforzo e cando pensei que quedaban 500 mts din o resto.

5km en 19'15" (3'51" min/km) non estivo nada mal (posto 83 de 361).

Agora mirando a clasificación vexo que fixen mellor tempo que o ano pasado (15") e que a proba tamén vai progresando; este ano 361 participantes chegados, en 2010 342 (malia a coincidir coa MM Manuela Machado) e en 2009 238. Eso só se debe a unha organización consciente das súas limitacións pero ben orientada con bós servizos, sinalización correcta, seguridade no percorrido e tamén probas para tódalas idades.

No hay comentarios: