31 jul 2010

20 Lembranzas...a historia dunha relación intensa.

1. A idea: A verdade é que a decisión de trocar de bici tampouco foi doada aquela vez...pero ademais do peso tiven en conta que esa bici pouco me servía para o triatlón e que era 3 tallas mais grande do que me correspondía polo que nos cruces pasaba algo de medo si tiña que botar pé a terra.

2. O financiamento: Visto como avanzaba o curso e que a residencia nos barracons do burgo non era nada cara tiña un remanente da beca dese curso así que non tiña que sablear a ningúen nin esperar a te-la primeira nómina.

3. O lugar: A xente de Compostela falabame moi ben da pequena e vella tenda de bicicletas "Velocípedo" na rúa de San Pedro e alí estiven falando co dono axustando presuposto e tomandome medidas...era Maio de 1990.

4. A estrea: Saimos xuntos por primeira vez nun roteiro que era habitual en compostela; de Compostela a Sigueiro e de alí a Lavacolla e volta a Compostela...un roteiro que sempre considerei perigoso mais que a ruta cara a Padrón ou ata Bertamirans...

5. Á casa...Aínda vivía cos meus vellos en Lalín e para aló fun nela un día de calor.

6. Aprendendo a andar cos enganches. Aínda me custou un pouco, lembro que ó principio os levaba moi frouxos o que facía que se me soltasen cada vez que me puña de pes en riba da bici ou si facía forza subindo e non tiña coidado coa alineación da perna.

7. Competición caseira. Na volta ciclista popular á comarca do Deza estreei máquina...pero non lembro si ese ano escomenzamos con CRI...


Aqui aínda loce a pintura orixinal que lle cambiei en "González" de Porriño como parte dunha revisión tentando que non me matasen na recta da estrada de Porriño a Tui os días de brétema.

8. Competición "oficial". Como queira que o clube ciclista do deza existía e nós (Mundi, Cabe e eu) figurabamos na pomada pois acudimos xuntos a unha proba a Campo lameiro. Só lembro de aquel día que Mundi tamén levou un revolcón tremendo...

9. Algunha que outra victoria pírrica... Esta foto é dun "Chámalle X"; como sempre pallaseando.


10. Triatlon. Leveina a varios triatlons, bueno, a todos os que fun dende 1990, pero non teño fotos daquelo (e ben que o lamento).

11. Lugares variopintos. Leveina comingo a varios viaxes; ainda onte Nieves lembraba que "ela veu connosco a primeira vez que viaxamos xuntos" foi á localidade portuguesa de Torreira (perto de Ovar) onde saín varias veces con ela. Fixen moitas rutas con ela, en Compostela e de alí a Noia (Boa), en Vigo, en Tui (Guillarei), en Lalín, de ferrol a Cedeira...

12. O parón. Os anos de parón nos que non facía deporte non foron tanto para ela pois en Verín aínda fixemos varios roteiros xuntos pasando a Portugal nalguhas ocasions...

13. A volta. Cando escomenzamos a pasa-las vacacions en Aguiño vin a oportunidade de voltar a andar mais con ela por roteiros que coñecia de outras épocas... Collín fondo e case mellorei nalgun aspecto, por exemplo subindo a Iroite ou Á Curota.

14. O Bierzo. Tamén escomencei a sair en bici polo bierzo buscando rutas mixtas que tivesen algo de monte e de chan co obxectivo de mover desenrolos grandes e de coller forza nos cuadriceps para mante-lo menisco esquerdo a raia. Tamén fixen moitas rutas de Ponferrada a O barco.


15. Levando paos. A foto anterior (de 2007) me lembra as moitas caídas sufridas con ela e as dúas 'fracturas de cuadro' que tivo, mais unha de 'Tija de sillín'...Unha das caídas peores foi a que tiven unha semana antes da travesía dos montes Aquilianos de 2006.

16. Participando en rutas cicloturistas. Como queira que sei que o meu futuro ciclista vai cara ó cicloturismo me iniciei na Marcha cicloturista rias baixas en Xullo de 2005.

17. Volta ó triatlon. Foi en Allariz 2005 cando aqueles pavorosos lumes levaron por diante o monte de Monterrei en Verín.

Estoutra foto é no triatlon de vilagarcía de 2008, empregando o manillar de triatlon (versión 'feito na casa').


18. Collendo fondo.. A verdade é que este ano non andiven moito con ela e estou "fondón" pero ela ben sabe levarme

19. Á casa sempre se volta...fixen varias saídas polo deza nesta segunda época tanto só como en compañía


20. O derradeiro golpe. Eis a fractura de cuadro que remata con esta xeita...tamén se ven as soldaduras das dúas anteriores roturas. Aínda foi raro que non rematara de partir na saída de onte.


Agora vaime prestar o derradeiro servizo doando compoñentes para a vindeira adquisición.

No hay comentarios: