21 ago 2009

¿MapMyrun ou Strands?

Bueno, xa levo un bó tempo con Strands como para poder facer esta comparación.

Apunteime en Strands porque tiña un deseño atractivo e prometía unha interactividade maior co Twitter e o Facebook que o Mapmyrun e con tantas contas e aplicacions o que se quere é que o que escribas nun sitio figure na túa rede social e tal...

Ten Strands outro valor que aprezo moito: a cantidade de atletas de alto nivel do estado que figuran na súa nómina de seareiros froito, sen dúbida, dun deseño empresarial ben estudado. Malía que só algún deles nos fai o honor de poñernos a flipar cos seus adestramentos diarios, fotos das probas e comentarios como é o caso de Javier Gomez Noya...outros, conectanse para respostar ós comentarios dos seareiros como Lolo Penas.

O certo é que, polo de agora, o Strands só conecta co Twitter mentras que o Mapmyrun conecta co Facebook de xeito parcial pois non amosa os adestramentos mais sí os roteiros que vou engadindo.

Ben, como xa sinalei, a interface de Strands é mais atractiva porque está mais currada a nivel gráfico (outra nota de 'deseño empresarial') cunha chea de opcions para cada pestana de referencia: Exercicio, Xantar, Multimedia e Notas. Podes apuntar adestramentos de moitos tipos (bicicleta, natación, correr, pista, sendeirismo, andar, ximnasio...) e permite importar datos de Garmin ou Nike+ pero aínda falla no tema de reflexar sesions complexas como series e trocos (e as correspondentes recuperacions) que hai que facer en forma de notas. A aplicación dos mapas depende tamén como mapmyrun de google maps pero con mais detalle. O que presenta problemas é a integración dos mapas cos adestramentos, mais pode que se trate de falla de práctica. A pestana "estadistica" ten o seu aquel si consigues introducir os datos completamente (é dicir, km e tempo de adestramento).A pestana de Eventos ten o seu interese por ter integrado unha función de 'proximidade' que selecciona os eventos próximos ó lugar que elixas como domicilio.

Mapmyrun está mais orientado ó iphone (tamén ten para blackberry, mais de pago), para o que ofrece unha chea de aplicacions pero ten compatibilidade tamén co Garmín e Nike+, incluso co Polar HM. A posibilidade de exportar o calendario de adestramentos como RSS abre a porta a engadilo como 'widget' nun blogue ou en redes sociais malia que a min non me funcione. Os planos de adestramento son "de pago" (créditos) e hai outras moitas funcions 'capadas'. Gústanme mais os perfis das rutas por ter cores segundo a pendente ainda que non vinculen cada punto do perfil coa localización do mapa como fai Strands.

Ahhh, esqueciao, Strands ten interfaz en castelán...eso e a cantidade de eventos locais e de atletas peninsulares dalle unha boa base mais aínda ten marxe de mellora.

No hay comentarios: