20 abr 2009

Rivadavia, Viena e outras herbas

Onte tocoume unha actividade que eu non considero deporte, mais ben ocio: Conducir. Unha tournee polo país para visitar amigos e parentes cos ouvidos abertos ó que se facía en dous sitios que non figuraban no listin das novas: Rivadavia e Viena.

No campionato de 10000 en ruta houbo moito galguerío; sobor de todo dos senior (que non tiñan campionato) e do primeiro escalón dos veteranos. O meu mister cumpriu dabondo e demostrou que lle queda moito nesto. Eu fixen ben en dar preferencia ó cativo porque de ir a algures hoxe tería que ter ido a Corrubedo.

En Viena o amigo Pedro Nimo fixo unha grande marca na súa estrea na maratón aínda que para él tamén semella quedar marxe de mellora o asunto é que acadou a mínima para acudir a Berlín polo que a ocasión está servida.

No hay comentarios: