1 feb 2009

O porqué os cans de palleiro non van de caza...

Porque non están feitos para elo.

O simil literario pode non corresponderse co escoitado no vestiario sobre os 'populares' mais... Poren o certo é que prefiro escomenzar dando as gracias; en primeiro lugar á organización do cross de galicia polo esforzo e pola confianza en que a proba se desenrolaría sen atrancos (aparentes) malía ós pronosticos en contra. En segundo lugar, ó meu clube e á súa xente pola atención que teñen comigo malia que desta volta non puiden colaborar como quixera; e, en terceiro lugar ás persoas que se volcaron conmigo para me facilitar os medios cos que participar nunha carreira que, sen eles, non houbese tido a fortuna de tentar afrontar: Elyana e Pedro Nimo.

Tras moitas dúbidas, ruxeruxes e consultas a verdade é que de todo o que prevín aconteceu xusto o que non tiña previsto. Arrincamos algo cedo por si había algún problema na estrada mais chegamos sen atrancos e ainda puiden repartir á xente por Compostela antes de chegar ó circuito definitivamente. Ubiqueime e percurei a Pedro e a Elyana para obter as zapatillas e os cravos e logo a quencer; uns 15' o xusto para romper a sudar, estirei si, mais pode que pouco e me cambiei, acudín co resto da equipa á camara de chamadas e voltei a quencer xa pola 'praia' da saida...

Arrinquei ben e fun poñendome no meu sitio que, desta volta, estaba no tercio traseiro. O circuito estaba moi pesado e custábame sacar os pes da lama, no inicio da primeira volta longa adiantei á primeira persoa e erguín a mirada, a zona do percorrido longo tiña menos lama e os cravos collíanse ben fun a ritmo, coido, mais no alto de todo xa notaba o xemelgo cargado, baixando recuperei e na lama tentei estira-la zancada e alí "plaff" sentín a pancada; seguín uns cen metros mais e o tema diagnosticouse solo así que non o pensei moito e saín do circuito animando ós coñecidos que viñan por alí (Fleky e Manuel); si o tema fose na derradeira volta tería tirado mais con media carreira por diante...

Bueno, xa escribín unha vez que prefiro lesionarme adestrando que nunha proba, desta volta co agravante de terlle fallado ós compañeiros do clube. Coido que houbo tres factores fundamentais, pouco quecemento, escaso estiramento e falta de costume cos cravos.

Aprendín?..."Rompeuse unha progresión; escomenza outra."

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pois a decir verdade,nin me enterei que estiveras hoxe no Cross de Galicia.Unha mágoa porque hubéseme gustado saudarche.
Como organizador da mesma,sinto todos os erros que aconteceron,polo que soio queda coller boa nota de todas as vosas suxerencias,e non voltar a errar o ano que ven.
Porque Galicia merece un Cross de primeira fila,e entre todos podemos conseguilo.
Unha aperta moi grande Campión.