A penas van 24h dende que o admin colocou o enlace para envío de resultados da interrunning 2009 e xa van 81 envíos de resultados (case un 10% dos participantes); vese que hai moita velocidade neste circuito, a clasificación está moi apretada na cabeza da xeral porque moitos dos participantes do peloton cabeceiro estiveron xunto co mais granado do atletismo galego actual...
![](//lh5.ggpht.com/_MN3BIZZlgh4/SZnXmgIF8uI/AAAAAAAAFeA/D-pnAWIVP8g/s576/P2158469%20%5B1024x768%5D.JPG)
nesta proba celebrada en O Porriño con moi bó tempo, non hai mais que ver as fotos (
1,
2,
3 e
4 ), moita participación e público e cunha organización que
agradou ós foreiros. A victoria do 'circuiteiro' Pedro Nimo ven a darlle a guinda a esa festa do atletismo.
Noraboa a tódolos participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario