27 jul 2008

Un tour “DeSastre”

Terceiro peninsular que gaña o tour consecutivamente esta volta baseado na superación da dificultade en forma de inoportuna caída, nun traballo de desgaste prolongado rematado no soñado ataque na MONTAÑA. O mellor é que aínda hai mais ciclistas que semellan te-la capacidade de facer cousas interesantes na “grade boucle” é o caso de Samuel e Astarloza. O único malo deportivamente desta xeira foi a arrepiante caída de Óscar Pereiro.

O asunto é que neste tour voltamos a sufrir co espectáculo de rexistros, detencións e controis positivos que afectaron a ciclistas novos e cun futuro brillante: é o caso de Riccó. Eu xa comentei que tanta decepción me botou fora da sala, á estrada dando eu ós pedais.

No hay comentarios: