30 nov 2010

Debullando na auga

Hoxe foi un día de mooooito e a tarde non foi para menos así que fun chapotear por escapar... pero non  puiden pasei as voltas debullando o que podería ter feito mellor e que cousas non movín ben.

100+1000

29 nov 2010

Adestrando no silencio

Eu tamén saín cos suplentes... ou non.

Saín entre bombas de xente que pasa da crise (ou será xustamente pola crise que non lles queda outro xeito de diversión que o "circus"?) a rodar no silencio da xiada.

9.5 km en 43'38" (4'33") as pernas ben, as articulacions chasqueando dende o pé ata o pescozo; coido que preciso unha sesión de fisio.

28 nov 2010

Dragonte 10

Hai probas especiais que nos seus elementos aillados non teñen moito que aportar pero que no 'mix' teñen o seu aquel... Eso é Dragomán; unha proba curta de subida pronunciada pero non extrema no final do outono con un pouco de frio e xeo, cunha participación moderada nunha vila histórica algo ancorada no pasado con medios e vontades propias do seu entorno.

Mais os datos son os datos e a proba é un éxito tanto de satisfacción dos participantes como de incremento de cifra dos mesmos e de lugares de procedencia. Eu acudín porque me gusta e porque cadrou xusto esta friaxe tremenda que quitaba as gañas de meterse a conducir mais. Non estou moi en forma para as costas pero xa saben os que corren que sempre gusta da-lo todo ó participar.

Non me situei ben na saída e así tardei 40" en pasar pola porta do castillo; logo fun adiantando xente ata a colegiata e dende alí xa fun pensando no meu paso e en reservar para a subida. Arrinqueina ben, con gañas e as rampas iniciais foron doadas; logo afrouxei, supoño que pola falta de fondo e enganchei cunha moza e fomo relevandonos ata o mesmo pobo no que saquei o resto entre esbarons polo xeo e esquivar andarines e xente que baixaba.

Rematei en 45' e pico e posto 106. Explicar que no tunel se perde o sinal do GPS e aparece cortado no gráfico de sportypal



Jesus Bernal en plena capa de xeo en Dragonte

Felipe (pipe) antes de topar ó Dragón escondido.

26 nov 2010

Contra a xiada as cousas no seu sito

6:50 h -2 Cº tras durmir só 5 horas e pasar 10 horas do día anterior nun evento do traballo boto a correr cara ó choio... 9.5 km 45' (parei a orientar a un tipo que ia perdido).

Qué teño?: Gañas de disfrutar do luar entre a xiada...

24 nov 2010

Mais voltas ca... un tolo.

Outra de voltas no estadio... non me queixo, vou estando cómodo.

45' 16 voltas.

22 nov 2010

Suave que... só estou rodando

Hoxe tocou porque si, porque Dani tiña atletismo e para qué sair dúas veces?

45' de rodaxe no estadio 15 voltas pola corda de fora.

21 nov 2010

Lamentacions dunha mañan de outono

Este adestramento de hoxe o fixen como 4 ou 5 veces... dende que vin que esta finde non podía ires a ningunha proba puntuable troquei a idea varias veces; a 1 hora de sair aínda non sabía si faría o que fixen ou iria ata Villafranca a unha saída pre-Dragonte para certificar que Gus está que se sae (o vexo facendo series no estadio e na costa da avenida do bierzo) e que Basurko e Maky tamén andan a 110%.

Ó final 1h2' 13,4 km non vai mal a cousa aínda que non teño moito ritmo.

20 nov 2010

Natación: 100+1000+50

Despexando os pulmons e facendo sito para o "bierzollinger"

19 nov 2010

Vaia sorte a miña.

Saida curta: 40' facendo 3 "semi-trocos" de ritmo.

Non é xusto que esta finde hai 4 probas e non podo ir a ningúnha e a vindeira que teño que ir para aló non hai ningunha e por riba é a Subida a Dragonte... As cousas son como son e non como un quere que sexan.

18 nov 2010

Outra hora

Tra-la pausa 'laboral' de onte hoxe tocou outra rodaxe de 1h pero non levei o SportyPal... a ruta e o tempo foron os mesmos que antonte mais as sensacions musculares e respiratorias foron francamente mellores; mágoa que o sábado non vou poder ir polos puntiños a Lugo.

16 nov 2010

Mocos e distancia

Non teño dúbida de que a molladura do domingo algo me afectou; teño un pouco de atasco pero nada que me impida arrastrarme polos parques da vila así que aló me fun que hoxe quería facer rodaxe de 1 hora. O sportypal toleou pero non debín facer mais de 14 km o que non está mal dado o meu estado de "falta de forma".

15 nov 2010

Afuranchando...

Outra de auga, pero desta mal que non daba respirado correctamente.

100+1000+100

14 nov 2010

Martiño, Magosto, Molladura

Bueno, ás 7 da mañan fun valiente e collín o coche para ir ata Ourense no medio dunha arroiada de auga que facía presaxiar que non o ia pasar nada ben na capital das burgas, pero por sorte errei.

Ó chegar a Ourense o día abrira e o sol escomenzaba a asomar; tiven que esperar un bó rato para colle-lo dorsal e aproveitei para falar con xente que facía tempo que non veía. Logo saín pasear para comproba-lo magnífico ambiente da proba e tomei un café cos amigos do C.A. do Deza. FotoKedada do foro, quencemento, preparativos e para a saída.

Quedei colocado un pouco atrás de mais e xa perdín alí 30"; logo fun adiantando xente que ia andando ata a ponte romana que xa puiden coller o meu pasiño... Segundo os tempos do SportyPal fixen boas medias nalgunhas zoas da carreira. Pasado o campus tiven ocasión de facelle unha homenaxe a Esther Pedrosa grande atleta do noso país que segue demostrando o seu amor polo noso deporte e que "quen tivo retivo".

Meta 43'57" oficiais (43'10" reais) 836 de 2900 chegados; nin ben nin mal disfrutei da compaña e fixen o que me gusta.

12 nov 2010

Media e media non son unha

Bueno, tras tres arduos e longos días de "reposo academico" que, como mal menor, me permitiu voltar a sentir ilusión profesional; voltei a trotar para determinar si vou ou non á San Martiño o Domingo.

A saída numéricamente foi moito mellor do que pensaba 8,2 km en 37'36" (4'36"/km) non é malo para estar sen adestrar en semanas e levar meses sen facer series ou outro traballo de calidade. Pero a molestia na coxa non desapareceu si ben é certo que non foi a mais polo que semella estar en 'estado cicatricial'.

Así que corrín con media perna esquerda por mor dos vellos problemas de ligamentos e menisco e con media dereita por mor dese problema no biceps crural. E non, non podo dicir que corrín con unha perna, corrín con menos.

Haberá que intentalo.

7 nov 2010

Negreira e problemas

Bueno, hoxe tocou trotar en compaña de unha boa tropa. Voltei á que consideraba a 3ª popular de Galicia asaltado polas moreas de lembrazas dende o trazado vello da estrada na que facía as miñas saídas na bici nos anos da uni.

A organización da proba estivo ben, moi ben. Cecais só se lle pode suxerir que fagan a saída 400 mts mais atrás onde a estrada é mais ancha que seguro que non lle quita vistosidade e si se vai dar líquidos en vasos haberá que poñer onde botalos que o lixo é a peor lembranza que pode deixar unha festa deportiva e ademais calquer corredor pode esbarar con eles.

A carreira non me saiu mal para o meu estado de forma, pero o certo é que dado o problema que me apareceu na coxa dereita, e que aínda non teño definido, foi de sobresainte.

Fixen 43' (4'13") segundo a clasificación e quedei no posto 237 de 590 chegados. No gráfico do sportypal vese o momento no que 'pincho'



Bueno; como queira que esta semana teño mala combinación coa actividade profesional non quedará outra que reposar... ata a San Martiño.

5 nov 2010

Modestia; aló vou.

Non é que me alarme; é simplemente que pensei que tardaría mais... Hoxe fixen 43' de rodaxe sempre tentando manterme en boa sensación sen importarme o ritmo, de feito non levei o mobil e non sei a distancia. É igual a cousa é ir collendo fondo.

4 nov 2010

1 nov 2010

Reinicio

Hoxe primeiro trote tras 15 días sen correr. 38' para 8 km da volta curta de campo.

Teño pendentes de anotar 3 adestramentos e a Media maraton de Albert Town.

17 oct 2010

A Media das antipodas


 Escomenzo a repesca das actividades deste mes coa participación na media maraton das River Run Trail series en Albert Town, Wanaka (Nova Zelandia).


Teño que dicir en primeiro lugar que a organización resultoume impecable ainda que a taxa de inscripción 45$NZ (uns 23€) semella algo cara pero que si ben non dan camiseta conmemorativa si que prestan moita atención ós participantes antes, durante e ó remate da proba por exemplo entregando unha folla con exercicios de estiramentos previos e posteriores á carreira (fotocopias do famoso libro "Estirandose") e un bono para masaxes na cidade cercana de Wanaka (unha visita imprescindible) Para proba estes servizos portátiles montados nun remolque perto da zona de saida/meta.


Comentar que dada a pirámide poboacional do pais esperaba ver tanta xente nova como vin, o que non esperaba era que participaran mais mulleres que homes tendo en conta que se trata dunha media maraton pero ahí están as clasificacions...(PDF) e ista foto da saída.


A proba foi toda por unha pista de terra e pedras cun perfil non chan mais non moi esixente; como queira que o SportyPal esixia que actualizara os satelites e iso me custaba cartos pois empreguei o NaviMap para facer un track que agora subín ó SportyPal (por certo, con novidades).

A medición doume 20.75 km que me levaron 1h e 36' o que ven sendo mellor do que contaba ainda que rematei algo canso notando a falta de adestramento de toda 1 semana e a longuísima viaxe de facía 3 días. Ó final tiven que disputar o sprint con outro participante...


Penso que tiven sorte de atopar esta proba que se adaptaba ó noso plano de viaxe perfectamente só lle faltaba ter sido na zona de Kaikoura que é onde cadran exactamente as antípodas de Ponferrada.

8 oct 2010

Derradeira rodaxe "boca arriba"

E xa está; rematou o que se daba. Non me saiu ben; cecais ceei pouco, o certo é que tiven que baixar o pistón moito porque me sentín algo mal...

9.5 km 46'

Pero agora só pensar na festa e na viaxe... a verdade é que só levo roupa para unha rodaxe antes da media... a ver si atopo un sitio para eso; logo xa o resto da viaxe... O que sexa.

7 oct 2010

Derradeiras pedaladas antes da primaveira

Collín a "auga" antes de marchar cara á primaveira... cando volte xa só poderei saír nas fin de semana e antes ten preferencia ir á colleita de puntiños, así que pouco vou poder disfrutar dela.

Hoxe 40.5 km 1H24'

1 oct 2010

O dia de dar pedales

Hoxe mais ca nunca había que saír a dar pedales... o ciclismo somos os que disfrutamos da bicicleta e non ese lamentable espectáculo de intereses e mafias que fan o que sexa para eliminar ós enemigos.

Fixen o roterio de Sorribas (40.5 km) en 1h27' pero o Sportypal voltou a tolear...