22 sept 2006

Semana valeira

Após dun domingo intenso e con bastante bó resultado, a semana soubome a pouco mais ca nada pola prespectiva de non poder participar en nengunha proba nestes días.

O Domíngo pola mañan participei na IV carreira Ponferrada sin mi coche; non me foi mal estiven coa xente de eiquí que coñezo...



O resultado non foi malo ainda que podía ter sido mellor se non estivese mal sinalado (si,outra vez) a zona final da carreira...

Pola tarde acudín á milla de O Barco coa sana intención de participar e atopeime con que na carreira 'popular' eramos 11 quedei 6º, cronometreime 5'45" i estaba moi espectante para ver canto me cronometraran os da federación... cal foi a miña decepción ó ver que non collian marcas.

Sego adestrando co pulsómetro; carreira contínua, fartlek e series de 1000 a ver como vou progresando do tema...

16 sept 2006

Fin de semana

Escomenza "a tempada" cun fin de semana algo inxusto para min que me obriga a escoller entre correr en Lalin e correr en Ponferrada e O Barco...

Estiven a adestrar estes días co pulsómetro e coido que vai ben pois as primeiras dúas sesions sufrin bastante (170-180) e logo xa me fun adaptando; onte fixen unha hora e dez minutos a unha media de 162 pulsacions cun máximo de 179 e un 88% de capacidade (?) evidentemente teño moito que traballar e que aprender do adestramento con esta ferramenta mais coido que non me vai ser prexudicial.

Hoxe e mañan son os campionatos de España de triatlon en Pulpí; F. Xabier G. Noya estrea o patrocinio de Galicia Calidade (coido que é unha boa iniciativa sempre que non sexa incompatibel co patrocio ó que lle obriga a selección española) e participan os amigos XaviNer i Emilio Montilla na proba élite e Armando Piñeiro na de grupos de edade sendo esta a primeira aparición dun clube de Lalín nunha proba nacional. A todos moita sorte.

9 sept 2006

De volta

Que non de "Vuelta" porque, a verdade, non se pode estar a todo; así que o mesmo día que se disputou a etapa da "Vuelta" eiquí no Bierzo co final no alto do Morredero eu marchei de viaxe.

Hoxe dempois de 8 días de "Londinear Pintas" voltei a trotar coa aprensión que dan os primeiros días dempois dunha parada 'biolóxica'; fun despacio mais concentrado nas pernas que na respiración... Merquei un pulsómetro (a oferta do Lidl non se podía deixar pasar); Mañán estreareino.

Este mes promete, xa se sabe que o outono é o momento mais completo i eso que este ano debo deixar pasar varias ocasions (A maratón de Montaña de mañan por exemplo) mais todo se ha de andar...

Tamén voltou... A gañar


En inglaterra chamoume a atención a moita presencia do triatlon na prensa nacional; o triunfo dun "British" na proba de Lausana acadou unha folla enteira no "independient" e no "Daly mirrow"... En spain o grande hito de Xabi G. Noia e Ivan Raña en Madrid ou a nova victoria de Xabier en Hamburgo apenas merecen unha reseña. Por certo, para enterarme do resultado da final do baloncesto tiven que revisar ámbolos xornais a fondo para ver unha liña no cadro de resultados i é que cada terra tira para o seu e a estes o basket ná de ná entroques adican duas e tres follas ó criket (xa podían os xornais galegos adicarlle media folla á bilarda) ou ó golf (o "the economist" e o "the times" que se nota a quen van dirixidos).

31 ago 2006

De volta e de vacacions

Andamos de paso pola casa; o mes de agosto foi pleno de actividade con dobles e triples sesions de "adestramentos" divertimento pola terra do Barbanza iso si, coa grande mágoa de ver como a senrazón dos humanos lle pon manchas á natureza. Participei en tres probas (e puideron ser mais) e non me queixo.

Na milla de Cambados conquerin que non me dobrasen Lolo Penas i Elias Domínguez no seu sprint final; no Memorial Mario Puentes saiume unha boa carreira e disfrutei correndo pola praia e no Triatlon de Allariz(FOTO da chegada coa camiseta de correr en galicia) acumulei outra participación na fermosa vila do Arnoia e voltei a comprobar que a natación é moito mais que o 33% da proba e que o nivel deste deporte está a subir moito no noso pais e ainda pode subir mais...

IstoriaLogo fun "facer Istoria" e rematei o verán que non as vacacions; esas escomenzoas mañan, estarei "parado" 1 semana facendo o Londinense e dempois de cabeza á tempada de Outono-inverno.

Do acontecido no 'tour' prefiro non falar mais coido moi contraproducinte que esta crise do ciclismo coincida coa chegada, por fin, da anhelada equipa profesional galega tantas veces frustrada pola dereita

24 jul 2006

O ridiculo mais caro

Mentres os triatletas galegos demostraban o grande nivel deste deporte no noso pais competindo no Canadá e Oscar Pereiro chegaba ós Campos Eliseos no segundo posto do tour 2006 eu tiven a fortuna de ver como está a canteira do deporte combinado galego. É unha atuéntica gozada ve-la proba dos cativos do campionato galego de acuatlón, o seu esforzo tenaz e xeneroso fíxome sentires menos ridiculo de ter feito unha natación tan paupérrima coa que cáseque conquerin sair derradeiro da auga...
A proba está magnificamente organizada e o lugar, salvo por un par de escalones que había que esquivar, era o idóneo; incluso non me podo queixar do sabor da auga que era algo que me soia fastidiar á hora de nadar nos portos; simplesmente SON UN MAULA e fixen o ridículo mais caro da miña vida (entre cuota, chamada, faxes, peaxe e gasoil...) pero non podo dicir que o pasase mal.
Tiven ocasión de coñecer de perto ó presente e ó futuro do triatlon galego i eso está ben.

23 jul 2006

Cun ollo en Canadá e outro en Paris

Esta fin de semana mentres alguns imos probar modestamente as artes do acuatlon os grandes do deporte combinado galego van participar na proba da copa do mundo en Canadá; semella que Ivan Raña está recuperado da súa lesión muscular i él e Xabier Gomez Noya tentarán estar no mais alto non só no caixón da proba canadiana senón tamén na clasificación da copa do mundo de triatlón.
No mais alto do caixón non, mais ben perto vai a estar Oscar Pereiro no podio de París da proba ciclista por etapas que ainda consegue facer vibrar ós bós afeccionados; hoxe fixo un esforzo supermo nun terreo que non é o seu e o fixo con sobresainte pois, non esquencer, rematou cuarto a etapa e conservou ese segundo posto. Agora os directores de CSC e T-Mobile serán os que teñan que xustificar ás súas pasivas actitudes mais esas explicacions non poden facer demerito en Oscar nin no gañador do tour Landis.

22 jul 2006

Semana Doblá

Visto o tema da semana anterior esta semellaba que ia ser un "relax"; nada mais lonxe da realidade. Fixemos a viaxe da Paixon X Picasso e, nada mais baixar do coche, escomencei unha concatenación de adestramentos cada 12 horas (coma si dunha mediciña se tratase) que rematei hai un intre.

O Domingo se non hai problema probarei o tema do Acuatlon en Ferrol. Espero que desta si haxa fotos por ahí...

13 jul 2006

Tritouratlon

Viña eu dun tempo ó ralentí; un tempo de adestrar sen adestrar e ollando pasa-lo tempo -deportivamente- sen facer ren; ate case me afeccionara ó fuchibol de tanto que o puñan en todas partes e tanto que se falaba del no traballo...

Entón arrinquei de tolemia e me botei á estrada; O domingo día 9 participei no triatlon demostración que o programa Vigoarena 2006 fixo na praia de Samil; foi unha cousa curtiña apta para maulas coma min e para nenos, quedei gratamente sorprendido de ver ós rapaces de 12 anos facendo a proba con tan boas maneiras. Non me queixo do que fixen pois na auga non me perdín nen sain o derradeiro e fixen o meu tempo habitual de chapoteador; na bici si que non dín o meu rendemento ainda que recoñezo que o circuito pola avenida da praia ofrece unhas condicions inmellorables salvo o problema das viraxes de 180º. O que mais me gustou foi a carreira a pé; por dous motivos, un polo meu rendemento que foi bó dado o escaso adestramento e o segundo porque se fixo pola praia (marea baixa) o que fixo realidade unha desas ilusions nas que cavilo cando adestro pola praia do vilar... mágoa que a xente pasou tanto de nós que andivemos a apartala en mais de unha ocasión. Ó cabo non atopo fotos nen clasificacions pero SEI que estiven alí.

Acto seguido fun coa familia á praia de Canido e botei uns chapuzons dende a ponte de Toralla; que diredes que é unha parvada, pero xa é un salto nada despreciable.

Logo collemos o coche e cruzamos a península deica....

PAMPLONA

E alí tamén me botei... ó encierro¨...

Á festa rachada....

Foi unha tolemia mais pasámolo moi ben.

Agora, a agardar outras oportunidades, porque esta fin de semana vai ser que NON.

22 jun 2006

Coidarse

Seguindo a moda do bombardeo ó redor do tema: ¿qué beber, qué comer? veño de ler dúas novas que confirman a opinión, xa vella, de que o obxectivo é un réxime alimentício equilibrado, adaptativo e flexible.

Por unha banda este estudo publicado pola BJSM que sinala ó zume de froita (as miñas queridas cereixas) como protector muscular... serve para que poñamos en dúbida ós nosos queridos sponsors das bebidas isotónicas pois ben sabemos que elas soas non axudan ren e mais neste tempo de calor no que o consumo de auga adquire gran importáncia.

Por outra banda esta nova publicada polo diario médico que sinala que as cantidades de Zinc do xamón serrano o fan un artigo moi indicado para os deportistas nesta época pois este oligoelemento mineral está implicado na conservación do tono muscular i a súa presencia evita lesions.

17 jun 2006

Deixando os días pasar

Seica unha rotura de fibras leva 3 semanas de recuperación a unha persoa normal así que ainda me queda unha semana de auga, bici e PC. Ando trebellando en varias cousas unha delas a do Google speadsheets para o Cirucito CenG ou unha xestión completa dos documentos do Circuito via web... A ver si sae mellor que os meus músculos que son de chicle.

5 jun 2006

Roturón

Pois si que debía de ter unha rotura de fibras... Ou ma fixen por non reposar? o certo é que onte no Carballiño non puiden nin quencer. Sorte que levaba ó meu campión comigo e fixo él unha grande carreira.

Como corre o carallo do rapaz

Así que toca outra longa tempada de 'reposo' -non mo creo nin eu- mais seguirei chuzando e asumindo os meus compromisos.

31 may 2006

A "Bici e auga"

Dempois do de Betanzos (que non repito por non cargar) quedei co medo no corpo... O luns andiven toda a mañan polas esquinas estirando e pisando para ver o que era e como iba, pola tarde fun nadar; quedei moi contento non me molestou e, para ser eu, nadei DPM (1400 en 25' + 6X50 de 50" rec 35") sain todo cheo ás miñas actividades de Mai vespertina mais... Por mor dese stress cotidiano das cidades botei unha "carreiriña de kan" para chegar a un sitio e: Volveume dar a pancada. !!!Que disgusto¡¡¡.

O martes o mesmo; todala mañan veña estira e pisa pola tarde (tamén traballei) veña e dalle e, ó final sain na bici 1h15' para rodar; logo me viu a fisio e me dixo que semellaba unha contractura, que estirase ben e que lle dera outra masaxe.

Coido que o domingo irei a Carballiño sen un Km. nas pernas mais ir vou.

27 may 2006

Clave Persoal

Completei unha semana de adestramento algo mais formal... Series, Farlek (con 'pajarita' incluida) e "dobraxe" tarde-Mañan (en canto veña Nieves para o bierzo o farei mais veces...)

Mañá vou a Betanzos gracias a Luis Otero e a Miguel que me "teletransportan". A idea é face-la media en 1h.30' +/- co resultado tomarei unha decisión...

O tema do triatlon das Cruces douno por pechado porque non teño data nesa fin de semana nin para triatlon nin para correr (salvo 'teletrasporte') así que A TRABALLAR...

25 may 2006

GZ Power triatletico

Continúan os exitos dos triatletas galegos

O día 21 Ivan Raña voltou ó alto do podio gañando o triatlon de SanRemo (valedeiro para a copa de europa) e colócase 2º na clasificación deste evento... Ainda así Raña quere mellorar para poder gañar en Madrid o vindeiro día 4 a proba da copa do mundo (xa quedou 7º en Mazatlan o día 7) na que tamén participará Xabier Gomez Noia que ven de gañar en San Pedro de Alcantara (Malaga) o clasificatorio para o campionato de España como tamén o fixo David Castro vencendo en Cullera (Valencia). Así mesmo se clasificou para o campionato de españa de triatlon "Sprint" o amigo Xabi Ner ó quedaren 7º no triatlon de San Antoni (Ibiza).

Nos próximos fins de semana seguro que se voltará a falar do triatlon galego ainda que seña sen equipa nen bandeira; súbitamente desaparecidas cecais por "melloras técnicas" nos regulamentos...

15 may 2006

A carreira da parroquia

Cando peor pintaba a cousa veu a santa paciencia a darme azos e conquerin pasiño a pasiño porme de novo en ruta...

Así chegan estas datas de Maio mes de flores e de Medias Maratones en Galiza. Onte tiven a sorte de participar na Festa do Deporte da parroquia de Ferreirúa. Fixonos un día magnifico; cecais algo caluroso mais non abafante que se levou ben gracias a boa compaña das persoas e das árbores coa súa sombra.

Desta volta fomos os rapaces da casa sós ainda que alí se xuntou, outravolta, a gran familia de CORRER en Galicia e non houbo soidade nen tempos mortos.
Tamén tiven a sorte de atopar a moitos vellos amigos da terra do Deza.

A organización rendiu un cumprido homenaxe a Julian Bernal e puxo, coma sempre o entusiasmo e o sorriso que son a súa "marca de identidade"; por elo cada ano conta con mais participantes.

Daniel correu moi ben a multitudinaria carreira de cativos, esforzouse ó máximo. Logo tocoulle esforzarse mais no que menos lle gusta que é a paciencia.
A min foime magnificamente; a carreira de 9300 mts a fixen en pouco menos de 37' (e até o Km 6 ia en 23' a 3'50") polo que coido que podo escomenzar a "traballar" ainda que con suavidade e precaución. Logo cumprín a miña promesa de ir até un dos 3 "avituallamentos enxebres" e tomar un grolo de viño e unhas galletas -mágoa de chourizo- mentres completaba outra volta ó circuito. Un día redondo.

2 may 2006

Volta a ladrar (?)


Onte voltou o Kandpalleiro a ladrar. Foi en Lugo na penúnltima cita do Circuito Corre Con Nós que organiza o concello de Lugo. Poño o interrogante porque até que vexa como resposta esto ó esforzo non quero bota-las campás ó voo.

De tódolos xeitos; si algo me alegrou foi que fun cos rapaces e pasamos novamente unha mañá divertida facendo deporte. Tamén me alegrou contactar con xente 'coñecida' ainda que fose coa presa habitual.

No persoal non estivo mal; non. Ritmo "4 pelaos" e posto entre o 20%.

A ver si podo ir a Ferreirua a face-la curta.

25 abr 2006

Chegar i encher ··· Milagres (?)

Nas fotos de vierios.com que acompañan esta entrada podendes ver a entrada en meta do "galego" Xabi Gomez Noya como gañador do triatlon de Estoril portando a equipación da selección galega i a enseña do que carrallo queirades que seña Galiza.

A canle seleccions do citado medio fixo un seguimento polo miudo da actuación dos galeg@s en Estoril cunha ampla reportaxe fotográfica

Coido que é a primeira vez que unha selección autonómica do estado compite nun campionato oficial (proba da copa de europa) dun deporte olimpico coa selección estatal.

O escaso, por non decir nulo (sobor de todo a nivel estatal), seguimento por parte dos medios de in-comunicación ponme triste, pero tamén me dá seguridade de que, de momento, Xabi non vai ser obxecto de persecución polos medio españolistas e que a súa carreira deportiva non se vai a ver afectada pola incidéncia que a politica pode ter no seu desempeño profesional. Non quero pensar no que sería si "El Mundo" e "ABC" soubesen desto; claro que o non se tratar de Fuchibol nin de unha selección catalana (lembremo-lo tema do hoquei sob patins) o silencio pode estar explicado. Tamén axudou o relativo número de boas novas deportivas que se deron esta fin de semana no contexto español e a pseudo-polémica entre o BNG e Junta da Estremadura polo tema da Fala.

Milagre (?)

Hoxe escomencei a trotar novamente; atopeille o punto fraco á lesión que me aqueixaba e o tratamento semella ser efectivo. Agora ir con calma que non teño ren que facer; de momento rodar e ver.

19 abr 2006

Selección Galega

Coido que a de triatlon vai ser a primeira selección galega dun deporte olímpico que vai desputar unha competición internacional na que tamén participa unha selección Española... Vai ser en Estoril (ou sexa, como na casa) con video en directo
e, ademais, vai ser unha selección igualitaria pois estará integrada por homes e mulleres (Javier Gómez Noya, Alberto Trillo, Aida Valiño, Saleta Castro e David Castro). A presentación foi onte na sede da Dirección Xeral para o deporte. Quedo gratamente sorprendido de que o seleccionador sexa Luis Piña que era un dos mellores trialetas 'nos meus tempos' e boa persoa (a min sempre me tratou con amabilidade). Supoño que Xela asistirá pois o éxito é mais ca posible.

Na imaxe de vieiros vedes a Gomez Noya e a Aida Valiño coa equipación da selección.

2 abr 2006

Flores

Kenenisa Bekele
Neste día en que todo o bierzo é unha flor estares pechado ten dobre peso; interno i externo.

Tamén están floridas as cerdeiras de Fukuoka que foron testemuñas de outra dobre victoria mais (e van 5)nos campionatos do mundo de cross do mais grande. I é que non teño adxectivos para o que fai este home nas competicions.

Onte i hoxe fixo, outra volta, o que quixo cos seus rivais...

J.C. de la Ossa fixo unha moi digna actuación; apenas perdeu 1 minuto con este mosntro i eu pregunto ¿U-lo Alberto? ah?.

GZ Power no Duatlón español

Por si nos preguntabamos onde andaba Javier Gomez Noya pois eiquí o tendes gañando tamén desta volta o compionato de españa sub-23, mais non quedou ahí a cousa porque Aida Valiño gañou tamén na categoría Xúnior femenina onde as catro primeiras foron do seu clube (o Cidade de Lugo - Fluvial)que gañou en ámblas categorías.

29 mar 2006

Tocando Fondo

Agora que ven ó bó tempo (e a alerxia) é cando mais preciso de facer 'algo' por fora da casa pois compreme estares ó sol mais...

Teño unha tendinite (e van 4) mais desta volta pola súa localización e gravidade non me permite nen andar en bicicleta. Padezo dun problema na implantación do tendon peroneo na base do metatarso posiblemente por unha pronación esaxerada (pisar por fora). Eu sempre fun algo pronador pois sempre desgastei o calzado mais por fora (sobor de todo o dereito) o que non me explico é porqué se manifesta agora e non cando facía adestramentos de 2h e media...

Teño que arexuntar toda a paciencia que poda ter comigo mesmo pois non só non debo correr ou andar na bici; mesmo facer eses longos paseos coa familia non me está moi recomendado para recuperarme deste problema.

Ó cabo, toca "mirar dende toriles". E traballar cos números.

25 mar 2006

Rumor con Fundamento

Marathon de Galiza

Curta é a sequía cando a choiva chega...
Por fin se está a organizar unha maratón en Galiza; será para o outono (barallase o 22/10) na xa tradicional zona do baixo miño ainda que cun percorrido 'mais suave'.

Eu téñolle especiales gañas a esta proba por seren a "Nai de tódalas carreiras" e por tratarse da marca que levo clavada... nas pernas.

Espero que para esas alturas do ano xa estarei ben recuperado.

Unha certa discreción me impide enlazares a fonte orixinal da nova xustamente porque é de confianza e da confianza non se debe abusar.

24 mar 2006

Segue a mala racha

Este non vai se-lo ano de ires eu á VIG-BAY... teño que ir pensando en me encomendar a un santiño ou unha meiga poi sempre 'pincho' para esta proba i este ano apetecíame especialmente por diversos motivos.

GZpower


No campionato de españa de duatlon por autonomías a selección galega deu un altísimo rendimento (agás na categoria absoluta) e se proclamou campiona.

Xabi i Emilio estiveron discretos; se cadra algo conservadores no 1º tramo de carreira?, non sei. É tan doado falar e tan dificil facelo ben.

16 mar 2006

Finde de viaxe e Selección Galega.

Namentres moitos aproveitarán estes días de fin de semana para participares até en 4 probas nós imos de 'tourneé' por terras manchegas e valencianas.

Cecais é o que preciso para deixar atrás esta 'seca' de corretear. Cecais é este forte adianto da primaveira para os alérxicos o que me tiña nun 'bioritmo baixo' xa o verei á volta.

Esta fin de seman dispútase o campionato de España de duatlón por autonomías e na selección galega hai 2 dezans; os amigos Emilio Montilla e Xavier Nercellas tra-la boa actuación no IV duatlon de Santiago o pasado día 4 (Emilio 2º e Xavi 4º)



Desexolle moita sorte a tod@s.

11 mar 2006

Galiza Potencia Mundial de Triatlón

A volta de Xabier Gomez Noya á competición e as súas actuacions tanto a nivel local como internacional son a mellor resposta ás dúbidas sobor da súa saude.

No triatlon de Xordania celebrado en Aquaba o Ferrolán quedou segundo (por só 3 segundos) e Ivan Raña quedou sexto poñendo o nome de Galiza no mais alto desta disciplina deportiva.

Desmostrada queda a miña curteza de visión ó pensares que Xabier competiría esta fin de seman no IV duatlon de Santiago ou no autonómico.

foto vieiros foto e artigo vieiros.

Os que non estiveron curtos de miras desta volta foron as autoridades deportivas do pais que dende hai unhas semans anunciaron que o incluiran no programa Galiza - Pekin. E de esperar que non se poñan a face-las estupidas contas das medallas a conquerir...

Edición 11/03/2006

O mais bó do asunto é que na entrevista (en directo) que ofreceu hoxe na TVG -progrma 'en xogo'- Xabier dixo "ainda non estou ó cento por cento"... Ahi lles doe.

9 mar 2006

Lama e auga...

Non cesa esta molestia e xa teño mais que claro que a VIG-BAY vai ser un paseo... Na mentres fago o que non me molesta: Bici de Montaña (se mellorase o tempo collería a de carreiras) e 'chapotear'.

Por riba semella que hai unha alianza para por carreiras ás que non podo acudires: así o fin de seman das fallas pois hai 4 probas (mais o Duatlon de Allaríz) mentres que este 1: O cross de San Miguel de Oia (Vigo). Xa se ve que é o outono o meu tempo para correr.

Xavier Gomez Noya voltou á competición arrasando en Meira e agora tócalle unha dupla en Compostela co IV duatlon cidade de santiago e o campionato de españa por autonomías... Espero que Xabi Ner e Emilio Montilla tamén estén presentes.

Cando correra en Ferreirua xa vos Falara das boas formas que apuntaba Xulio Canda; agora estase confirmando nos duatlhons coido que vai se-lo primeiro deportista da recen estreada sección de triatlon do C.N. Olimpia Lalín que conquira cousas importántes. Ánimo.

3 mar 2006

Mais Paciencia

Dempois de pasar un Entroidazo de medo non era de agardar outra cousa... Sego coa sobrecarga (estiven unha semana sen correr pero NON de reposo); polo menos fun nadar en boa compaña. E, o que é peor, noteime moi lento... Agardar para sufrir.

Campionato Galego de Corta Mato

Reapareceu (para min) Pedro Nimo cunha espectacular actuación no impracticabel circuito de Narón (segundo quen estivo alí). Sego a pensar que a presenza de "vellas glorias" no escalafón non é bon síntoma da forza dunha estructura atlética.

Resumo de prensa.

24 feb 2006

Entroido... e van 20.

Nesto si que caseque teño o "mellor tempo" ou o historial mais longo...

20 veces que corro diante dos peliqueiros... Mi madriña¡¡¡ toda unha vida entroidando. Este ano "os 'dansantes' do Bolshoi" serán a sensación.

Peliqueiro

Buscadeo por baixo da roupa... si o atopades 'sejuro' que son Eu... dádeme un pouco de licor café, un pouco de bica (ou un bico si eres muller), e veredes como me recupero.

A ver si ó voltares se me pasou a sobrecarga dos xemelgos (os externos, ámbolos dous) e podo voltar a "traballar".

Xa porei algunha foto.

17 feb 2006

Outros camiños

É o que hai. Agora tocan "vacas fracas" e a hai que se resignar... Ando cunha sobrecarga na inserción poplìtea do paquete externo do xemelgo da perna boa (a dereita); non me impedía adestrar mais sí que me daba algo de molestia no 'dia dempois' polo que, en vista da "parada programada" que teño nunha semana o mellor vai ser baixa-lo ritmo, facer a parada e logo xa se verá.

Espero que o que estexa en plena forma sexa Javier Gomez Noya a que o CSD ven de lle admitir novamente a licencia para competir (licencia FET que a galega sempre a tivo) en vista do cal espero que se agasalle no cumpreanos gañando o campionato galego de duatlon.

É curiosa esta nova... saiu en varias radios mais non son capaz de atopar un medio ó que enlazar e na web do CSD non dí ren.(?).

14 feb 2006

Aló imos de novo

Veu o "virobús" e me levou por diante...

Xa o xoves o 'farktlek' se me fixo moi, pero que moi duro e a duras penas mantiven un 3':55" nos rápidos... Pasei o sábado a siestas desexando ires a Padrón a coñece-la grande familia do Foro de Correr en Galicia e ires ó Duatlon de Ames para face-la foto cos da sección de triatlon do CN Olimpia e ires ó campionato galego de cross corto en Pontevedra... Niente.

O Domingo acordei rabioso e collin o xersei mais gordo que teño e o pantalón de chandal mais pesado e alá me fun hora e media a troto-correr... xa onte vin que a cousa ia a mellor e hoxe traballei caseque con normalidade. De tòdolos xeitos a "paradiña" entroideira está ó caer.

Quería enlazares as fotos de Correr en Galicia mais ainda non as colgaron.

8 feb 2006

Agardando unha decisión

Esta fin de seman hai ocasión para facer de todo e para facelo todo: como queira que sexa que os organizadores da carreira de Padrón a puxeron para o sábado pola tarde e os do duatlon de Ames o traballaron para o Domingo pola mañan (algo cedo para os rapaces) pois ainda cabería acudires ó cross de Pontevedra o domingo pola tarde; mais haberá que seren comedidos e ir a unha única ocasión. E ainda a estas alturas non sei a cal irei.

O que si xa sei é: Que do "Fartlek Xtra" hai moito que recuperar e que tiña as medidas algo curtas (25 metros ós 1000). Xa o teño amañado e, a partires de onte, as referéncias son de fiar.

Vémonos por ahí.