13 feb 2011

Sevilla 2011 ou o exame de sufrimento

Pois si; desta tocou sufrir mais do habitual incluso para ser unha Maraton.

Amañeceu coa impresión dun bó día no meteorolóxico e, a verdade, é que non teño queixa nese aspecto porque o frio que tiven o puiden enfrontar ben cos manguitos e era mais producto do desgaste que do clima.

Almorcei ben, pero sen excesos e dirixinme ó estadio. A verdade é que a organización é moi boa; eu só lle atopo 2 pegas: A falta de obrigatoriedade nos caixons de saida e as escasas duchas. Como positivo salientar ós voluntarios que non só ofrecían o produto que lles correspondese senon que tamén ofrecían azos e consellos.

Aínda tiven tempo de desfacer un erro co chip (quería correr co meu e non co da organización) e entrega-la bolsa na consigna. Trotar 10' e ir cara á saída. O ambiente da pista era xa moi bó e había disfraces de tódolos xeitos. Non me quixen colocar moi adiante para non verme impulsado a correr de mais pola xente que me adiantase. Tardei en pasar baixo o arco 45" e logo aínda fixemos dúas paradas en puntos estreitos do tunel; ata o km 5 non foi doado correr esquivando grupos e xente.

Tiña a obriga de intentar cumpri-lo obxectivo malía a semana de parón así que en canto puiden puxen o ritmo 4'15" ou menos ata acadar uns tempos de paso axeitados e logo baixei ós 4'20". Tomaba auga en tódolos controis e laranxa e isotonica nos que os había porque esquecera as miñas barriñas en Ponfe. A perna non molestaba e a xente animaba arreo así que fún cómodo a 1º hora (13,5 km) logo decidín pegarme a un grupete e tentar manterme nel ata a media pero xa dende o 18 escomenzaron as molestias que si ben non me impedían correr si que se foron incrementando ata ser dolorosas. No km 20 deixei ir ó grupo e me centrei en seguir a un ritmo que fixese soportable a sensasción; pasei a media en 1h35' (o peor tempo que lembro) e pensei que tería que abandoar... pero seguín.

A miña mente buscou entretementos matemáticos ou lóxicos e deixei de ver á xente que me adiantaba ou á pouca que eu adiantaba. Recibín ánimo dende as beiraruas e dende as bicicletas; pero non me voltei a deixar levar por elo. Co paso imposto mantiña a sensación en "molestia" e vin a posibilidade de, cando menos, chegar. As 2 horas me pillaron no km 26 coa mente xa decidida a rematar. No 28.8 parei a mexar con medo de non ser capaz de voltar a correr; cando me vín novamente en carreira souben que desta non fallaba.

A longa avenida da palmeira non me afectou porque sabía que só era cuestión de concentración positiva darlle fin; cruzamo-lo rio cara a Triana e por alí me adiantan Picapiedra e Pedro Caro tentando animarme, pero eu sabía que tiña que manter ese paso para chegar. No km 36 escoito palmas; imos polo centro do barrio, perto das capelas insignia da semana santa e lembro a sensación dos pasos e a visión dos costaleros baixo a imaxe. Boto contas; si aguanto chego en menos de 3h30' o ritmo das palmas e as lembranzas deben solta-la adernalina que me queda e penso que subo o ritmo lixeiramente; empezo a topar con xente que me adiantara e que toprezou co "muro" eu deso vou ben, sobrado; a molestia pasa a "mancadela" sen me impedir seguir. No 38 cruzamos novamente o rio, xa por derradeira vez; podo ver o estadio e hai moita xente animando, xa non teño medo de non rematar e sei que debo manter ese ritmo para chegar nun tempo... pasable.

No 39 vexo a camiseta de Pedro Caro... vai andando, empezo a berralle para que trote e veña comigo, pero aínda está descolocado; penso en parar, pero teño medo de non poder voltar a arrincar. Sigo. Cáseque no km 40 me adianta un tipo que fixo a maratón EN CHANCLAS... e non son quen de seguilo porque en canto quero subi-lo ritmo sinto que se me destrozan as pernas. Volto o meu paso e xa está. Na baixada cara ó estadio paso medo de caer, está oscuro e as pernas non respostan na baixada; unha vez no tartán apreto para tentar que esta non sexa a de peor tempo e... 3h26'52" oficial e 3h25'35" tempo neto.

O gráfico do SportyPal deixa ben claras as incidencias. Vídeo da chegada en Corriendo voy...

Outra para o saco.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa meu. Alégrome que esta vez poideras rematar. Esperemos que consegas cortar con esas molestias para dar o que levas dentro.

Beauvais

MAKY dijo...

HOLA SALVA,NO SABIA QUE HABIAS IDO A SEVILLA , ENHORABUENA POR TU PARTICIPACIÓN Y COMO BIEN DICES OTRO PARA LA SACA¡¡¡¡

NOS VEMOS.

Anónimo dijo...

Hola Kandepalleiro , una pena no verte despues de la carrera , la foto hubiera estado de cine junto con Daniel , pero bueno , lo dejamos pendiente para la proxima , un abrazo y hasta otra campeon.
Pedro.