6 abr 2008

Non se gañou Zamora nunha hora

A min levoume 1h29'...

Bueno, non sei qué dicir. Non sei exactamente que pasou, xa o que fixen na semana non me convenceu, coido que foi un erro facer 7 series o Martes e as Rectas do Xoves, foi un erro ir nadar o sábado e foi un erro cear fora (co que implica) o sábado. Así e todo non era para que me fora deste xeito, dentro do marxe "normal" para min mais con demasiado sufrimento sobor de todo tendo en conta "o de Cacabelos".

Xa dende o quencemento tiña mala sensación e non fun capaz a quedar coa dona para que me recollera a camiseta dempois de sair. Saín mal colocado e apenas andivemos uns 3km. eu xa souben que non ia a baixar do 1º24'; a recta da autovía confirmoume que algo non ia ben, non era quen de manter un 4' que me ofrecían uns compañeiros e xa tiña unha sede tremenda cando chegou o primeiro avituallamento. Así as cousas bebín e me empapei e tomei algo de alento, conseguin pasar os 11 en 45' e apretei na costa para ver se 'despertaba' as pernas mais non puiden tiña mais sede e tiña que regularme... Colleume un grupo de rapazas xusto ó final da autovía e na costa da saida unha delas atacou e xa non vín mais a carreira, limiteime a beber e a seguir o meu paso ata o km. 20 que vin que ainda podía entrar <1º30' e botei o resto... Coido que o conquerín por pouco e xa non hai mais.

A organización semelloume correcta e non sei si un fallo dunha persoa de seguridade que deixou que o atleta que ia primeiro se colase na pista no sentido contrario e perdese a proba xustifica a rabia da xente que logo se adicou a atrampullar os arredores da proba e a entrega de premios.

No hay comentarios: