9 feb 2008

Defectos de...

Defectos de información; os de sempre, desta volta entereime de casualidade por un comentario e atopei o cartel non nas pistas de atletismo que frecuento 2 veces á seman, nen na piscina de arriba á que acudo 2 ou 3 veces por semana, nen no parque novo ou no do temple ou no parque da carrasca... Nunha tenda de roupa infantil. Semella algo sen remedio.

Defectos de xestión ou de entender ó que é o servizo. As piscinas cubertas de Verín que cada ano abrían menos días no entroido e que agora simplemente non abren... Un grande logro da eficiencia pública e un gran favor para as persoas que non tiñan gañas de troula ou que nos queríamos recuperar dela... semella que as instalacions deben ter únicamente calendario escolar...

Defectos de planificación; os que a miña 'analista política' prevee respecto das anunciadas obras nas pistas Colomán Trabado; unhas obras necesarias e feitas con vista a que a instalación poda dar lugar a competicions internacionais ainda que agora, polo seu estado, non sirvan case para ningunha competición. A ver si no tanto nos deixan usar as pistas da universidade prácticamente sen uso atlético dende a súa inauguración vai ¿3 anos?. O resto do plano apunta a dar servizo a esa nova "cidade dentro da cidade" que é o barrio do Rosal o cal ven a dar pé a que na súa planificación non se incluiron terreos dabondo para equipamentos. O que SI se incluiu foi un parque bastante grande mais partido pola metade pola torre esa...a ver si cando a rematen deixan unha pistiña de terra entre unha zona e outra; o que xa sería a coña é que fixeran un tunel ciclo-peatonal por baixo da Avenida de Asturias para comuncaren este parque co futuro "parque da xuventude" que, seica, será mais grande...

No hay comentarios: