2 may 2004

Estrano e indesexable privilexio

Nesta fin de seman temos a visita por terras do Bierzo da volta ciclista a castela león... non é de estranar pois a etapa do morredero a pouco que se coidase e mellorase a estrada sería das mellores do panorama estatal e a colaboración das puntual das institucions, organizacions deportivas e empresas da zoa é envexable. Pero está é unha visita especial por un motivo que ben quixera eu que non fose así. Pode que sexa a derradeira carreira do Kelme coma equipa profesional e tamén polo que se está a ver a derradeira que gañe.

Para min o Kelme ten o valor especial de ser o conxunto dos batalladores, sen opcions ,case sempre ,nas grandes voltas ó triunfo xeral o Kelme facíase protagonista a base dunha loita "a peito descuberto" sobor de todo nos altos míticos.

Do porqué chega esta despedida... eu coido que o rapaz é moi valente en denunciar algo que moitos sospeitan á voces e que se verbaliza ó dicir "os ciclistas non son humanos". Espero que a investigación chegue ós verdadeiros culpables: ós que presionan a facultativos, adestradores e profesionais para que opteñan resultados "custe o que custe", a tódolos que participan nestas prácticas comerciando con estes productos, ós poucos corredores que incurren nestas prácticas con coñecimento de causa.

O ciclismo é o meu deporte preferido, conxuga o esforzo individual e o entendimento de equipa, a estética e a forza, a estrada e a paisaxe...

Que as cousas se proven e que a xustiza non se deteña en consideracions politicas...

No hay comentarios: