31 ene 2012

Calado

Pois iso, tras 4 días enfermo con non sei si gripe ou viriasis gastrointestinal hoxe decidinme a saír a trotar e cáseque me quedo no camiño da tremenda páxara que me deu... moito me temo que así non vou poder correr en Lalín o domingo.

7 km 35'

26 ene 2012

Con gañas mais sen forzas

Hoxe NECESITABA correr ainda que non fun... tería escusas tipo non ter durmido ben, algo do stress do día, o xantar pesado, a molestia da coxa dereita... qué tanto ten? non fun, pero o fixen e o disfrutei malia a paupérrima media.

11 km 51'

25 ene 2012

A vontade, conta como esforzo?

Esgotado anímicamente polas emocions fun nadar... 150 + 1100 cáseque me sentín fresco co cansanzo físico.

24 ene 2012

Matutino desconcentrado

Hoxe día de "invitación" saquei azos para porme a roupa, pero non puiden facer moito mais... andiven pensando en biosbardos estranos... porque non vivimos aillados do que nos arrodea.

9.5 km 44'34"

22 ene 2012

Reordenando a axenda... ou non

Bueno, o caso é que non sabía ben qué facer hoxe e mais tra-las malas sensacions de onte Pero veu un acontecemento previsto pero non desexado novamente e decidín dar hoxe unha carreirña de mínimos para non perde-lo costume.

8 km en 37'14" O SportyPal segue a pasalo moi mal coa néboa e non acaba de atina-lo pobre.

21 ene 2012

Rábade 2012

Hoxe animeime a ir a Rábade a participar no memorial Eduardo Fernández Villamarín... non tiven boas sensacions e podería por escusas miles, pero non fun como debo e punto.

A distancia non eran 7 km pero tampouco os 5.6 que marcou o SportyPal ó rematar... o que fora o fixen en 28'23" para facer 156 de 374 inscritos (oficialmente foron 6733 mts a 4'15") o caso é que non disfrutei tanto como noutras ocasions o que é unha mágoa porque iso de ir correr con outra xente o fago por disfrutar que deporte xa fago dabondo eu só.

20 ene 2012

Nadar e gardar

Cumprindo coas rutinas fun nadar antes dunha proba:

150 + 1250 a coxa dereita algo molesta aínda danto patada na auga mais non penso facerlle caso...

19 ene 2012

Incógnita

Fun correr 1h 7' pero o SportyPal toleou e non paga a pena gardar esta sesión... baixei dende a casa e dín dúas voltas no parque da torre e voltei.

17 ene 2012

Estourido inoportuno

Bueno, agora semella que non foi nada, pero levei unha impresión caralluda... O certo é que fixen unha saída xeitosa de 11.7 km en 53'22" pero que tiña intención de facer mais para ir collendo fondo e tal pero como ós 8 km sentín un estourido no xeonllo esquerdo que me fixo temer o peor, pero seguín sin contratempos. Agora a esperar a mañan a ver si hai derrame ou non.

16 ene 2012

Punto de partida?

Hoxe voltei á actividade tras unha pausa que por esperada non foi menos súpeta e dolorosa.

10.85 km 48'50"

13 ene 2012

11 ene 2012

Conservado... en frio.

Case me esquezo de meter este adestramento... papeivos unha friaxe...

Non entendo porqué facendo a mesma ruta hai cáseque 500 metros de diferencia... o estrano mundo do GPS.

En fin desta foron 11.6 km en 53'34"

10 ene 2012

Auga, néboa e sol

Hoxe tocaba natación 150 + 1200

De camiño á piscina o frio xeoume os pantalons, cando saimos o sol asomou e tivemos un paseo prestoso de volta.

9 ene 2012

Luar de inverno

Outra de cara a un día "invitado"... non me queixo, coidei que ia mais a modo, fun co frontal apagado porque coa néboa a luz reflexábaseme diante dos ollos en troques sen o frontal via perfectamente... co luar.

9.5 km 43'49"

7 ene 2012

Humidade fora da molladura

Natación 150 + 1400

Coido que vou tardar tempo en supera-lo atranco de non poder participar na Maratón de A Coruña por problemas de axenda.... é unha leria pero hai que se adaptar. Agora teño que fixarme outro obxectivo e ir por él.

5 ene 2012

O mesmo sen páxaros

Fixen o mesmo percorrido que antonte pero sen os páxaros na cabeza e no estómago... fun mellor de sensacions pero o SportyPal nin se deu por enterado...

12 km 53'

3 ene 2012

Primeira páxara do 12

Día 3 de 3 saío a fume de carozo porque logo teño compromisos sociais... e collo unha bonita páxara... para mais INRI o SportyPal tolea...

12 km en 54'

2 ene 2012

1 ene 2012

Comenzado 2012 con enerxía

Hala, que xa me vin entrando na meta da 10ª maratón.... foi como un soño pero xa está decidido así que a por ela.

Hoxe saín percurando un "control de danos" das comidas destes días.

8.2 km en 36'25"  As pernas responderon ben así que hai que seguir.

31 dic 2011

Rematando o ano con ilusión

Hoxe tiven a sorte de comparti-lo remate de 2011 coa xente de TROTADAS e outras compañas vidas dende lonxe... nin a distancia nin o tempo importa, importa a ilusión e os proxectos para o ano que, en nada se inicia.

Foto por cortesia de Trotadas de Valdeorras

30 dic 2011

A penúltima

Non me gusta dicir que unha ocasión é a derradeira...

Hoxe foi a penúltima sesión de 2011... non foi mal ano neste aspecto aínda que a lesión de Marzo a fun arrastrando ata ben entrado Outubro pero hei de recoñecelo, fun eu quen o buscou por non descansar tra-la maratón.

Kilometros rexistrados no SportyPal de carreira a pé no 2011

Hoxe suaviño 1h 6' 14.5 km con boa media e sorpresas agradables no camiño.

27 dic 2011

Auga apresurada...

Sego coa "aterraxe controlada" hoxe 150 + 1000 de auga... de menos a mais sen forzar concentrado en respirar e poder ver entre as bágoas.

26 dic 2011

Entre a cintillada

Madrugada dun frío día de néboa... Tª -4Cº ... o xeo que frota fantasmalmente e se deposita en cada folla, rama e obxeto da vía pública forma como unha película de luz en cada borde... hai unha claridade desacougante e o trazo de luz do frontal faime incómodo ve-lo camiño... a cintillada (seica así se chama por eiquí á néboa xeada) évos un espectáculo si non se está a pasar frio.

A min tocoume hoxe pasala correndo camiño do curro... 9.5 km en 44' non foi bó tempo pero sentinme ben e, que carafio, non estou a preparar nada así que é só por non perde-la forma.

25 dic 2011

Facendo sitio e disfrutando

Hoxe saín trotar apenas media hora pola alameda compostelá na compaña do meu sobriño maior... foi unha gozada, en Compostela ia un día radiante e eu sentínme moi feliz de ir alí a correr tan ben acompañado. Non activei o SportyPal pois era un día de vacacions e só saimos a facerlle sitio ó xantar tras unha cea opipara.

23 dic 2011

Auga de inverno

Entrou o solsticio de inverno e sego facendo a "parada ordenada" sen atrancos...

150 + 1100

21 dic 2011

Aterraxe suave

Cando as vacas engordaban nos andamios das obras había quen falabamos de preparar unha aterraxe suave da economía... aquelo non saiu ben, pero eu sego aplicando o mesmo principio así que estes días ata finais de xaneiro toca ir calmando e alixeirando; face-lo xusto para non porse como unha bola.

Hoxe 11.7 km en 55' Dempois de todo teño a sorte de facelo así porque me peta e non porque unha lesión me obrigue.

19 dic 2011

Nadando ó quente

Uns longos para recupera-las pernas e a calor.

150 + 1100

18 dic 2011

Rachando a muralla de néboa

Bueno, outra Lugo Monumental para o bote este ano co troco de circuito e o tema do xeonllo este que fai de galego (non sei si vai ou ven) non sabía como ía a saír a cousa pero non me queixo nada; só fun 2" mais lento por km que a pasada edición.

Fixen un quencemento lixeiro e logo fun rematalo na zona de saída, como me tocou caixón laranxa quixen aproveitalo e metinme pronto pero non me fixo falta camiseta de tirar pois malía á néboa o frio non era tanto como pensara. Saín algo atolondrado porque o mobil tardou en coller-la saída pero non perdín o tempo; pasei a marca do 1º km en 3'48" (cousa que non fago dende vai 1 ano polo menos) eso animoume a seguir apretandome o que puidese e fun tirando sen desesperar sempre por baixo dos 4'/km ata a marca do km 6 (23' 58") logo tentei conservarme para a muralla e non me saiu mal pois é o único verdadeiramente comparable coas pasadas edicions e saiume en 2" mais (9'50" este ano e 9'48" o pasado) e iso que ó principio me notei moi canso.

O posto foi bó (30 mellor que o ano pasado) supoño que niso se notou que había outras 3 probas moi boas ( MM Adolfo-Ros, Boiro e San Cibrao) e non me manquei polo que esta tempada remato o 1º tercio do circuito cáseque cos mesmos puntos que a pasada edición e tamén coas mesmas esperanzas de permanencia.

O sportypal vale para mira-los ritmos de carreira (salvo nas curvas pechadas) o tempo oficial foi de 39'57"

15 dic 2011

Decidindo

Hoxe rodaxe sereo sen prisas probando a pisada e ese xeonllo que tanto me porcula.

13.6 km en 1h 3'  Apretando ó final sobre o cemento da zona do estadio; algunha pisada na herba me mancou pero penso que nada grave; o domingo Lugo a polos 45' e uns puntiños que virán ben para tenta-la permanencia.

14 dic 2011