Bueno, tras o adestramento do domingo e logo de ve-las fotos de Ordes...tiña gañas, moitas, demasiadas, de adestrar nun día como o de hoxe...o terreo empapado do parque da torre era ideal para a sensación de cross que buscaba, pero non contei coa mala calidade do meu material.
Tras 9,5 km e 41 PLAS outra vez un pinchazo no xemelgo esquerdo...e aló van as ilusions de ir á ALTO SIL este ano... haberá que centrar este tema, supoño que terei que adicar mais tempo ós estiramentos.
Pero vou seguir nadando
Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
24 feb 2010
21 feb 2010
20 feb 2010
18 feb 2010
17 feb 2010
Mañiotazas
Bueno, a sarna con gusto non pica...
11 km en 49' nin ben nin mal, moitas pequenas molestias.
11 km en 49' nin ben nin mal, moitas pequenas molestias.
13 feb 2010
7 feb 2010
Cocido: Antes de entrar deixen sair.
Unha volta mais a "cocernos" e claro, a noite do sábado aínda deu para uns cantos viños, pero había que sair pola mañan "facer sitio". Ida e volta ata o estanque do Pontiñas (9 km) en 40'.
1 feb 2010
Lento pero contento
1h a 4':25" algo cargado do xemelgo esquerdo, pero contento porque a hora non se me fixo longo...
31 ene 2010
Recuperación alcorconita
Bueno, hoxe pola mañan despertei algo cedo e aproveitei para 'recuperar' das enchentas do "Madrileñing" intenso destes días...
9 km. 41' polo parque de Alcorcón.
9 km. 41' polo parque de Alcorcón.
Culpable
XMMeijome
Ubicación:
Alcorcón, España
28 ene 2010
Celebrando no estadio
Para celebra-la nova da licitación da necesaria e prometida reforma do estadio "Colomán Trabado" me fun a darlle unhas voltas...
10 km 42'25" (os dous últimos cronometreinos e saironme a 4'12") sen molestias.
10 km 42'25" (os dous últimos cronometreinos e saironme a 4'12") sen molestias.
Culpable
XMMeijome
Ubicación:
Ponferrada, España
26 ene 2010
Alongando percorrido
Día de sol, estupendo para correr... 10 km longos en 45' ben, sin problemas... cruceime con varios corredores, entre eles o amigo Capelo sinxelo, directo, pundonoroso e con unha grande capacidade de sufrimento e un don natural para correr.
25 ene 2010
24 ene 2010
Mancado mais contento
Hoxe fun ata Rábade correr (manda truco esta afición; 2 h de viaxe para 20'...)o VII Memorial Eduardo Fernández Villamarín. Nada mais chegar asaltaronme as lembranzas dos tempos mozos, sobor de todo do Triatlon de 1990...a meta estaba no mesmo sitio.
Topo cun bo feixe de xente coñecida e vou con eles cara á recollida de dorsais, logo comentamos o percorrido ó carón dun café e a quencer. Cumprindo a máxima non escrita de que a proporción entre o tempo de quencemento e a distancia dunha proba son inversamente porporcionais tendo o punto de equilibrio na distancia de 5 km.
Xusto cando me dirixía á zona de saída, ó cruza-la vía, esbaro nos tablons do lugar da feira e caio sobre o costado dereito; érgome mais mancado na mente que na cadeira pero aínda tardo en escomenzar a trotar...
Xa na liña de saída atopo á miña parella "circuiteira" e a moitos outros foreiros-circuiteiros (e iso que había outras dúas probas hoxe con 'mais posibilidades'). Colcámonos como podemos aproveitandolle os flancos ó arco e !!!veña que vai¡¡¡. Saio moi rápido porque quero aproveita-la boa colocación para evitar bloqueos, 1º km 3'28"... ahí me decato do tolo que vou e modero algo o paso imos dando curvas e mais curvas, sae o sol pero a temperatura é boa, a cadeira non me manca e sigo a bó ritmo, paso o km 3 en 11'15" pero a partires de ahí xa sei que non vou seguir con ese ritmo... estiro a zancada con medo e concentrome en respirar, a pequena costa da praza da estación non me afecta e tento apretar o que me quede pero do 3 ó 4 fago 4'15" (15'30" no 4) e pouco podo xa apretar...loito por facer menos de 19'30" e penso que o consigo...mais oficialmente non (a min deume 19'28"). Posto 99 de 342 e 19'31" (4'55").
Saudo incluso a quen semella non querer saber nada de saudos e vou para o coche, estiro e arrinco de volta. Xa na casa me vexo un bó golpe na cresta ilíaca dereita pero nada que me quite a alegría de ter corrido novamente e por baixo de 4'/km... Paciencia e pouco a pouco... sen presión.

Rábade, España
23 ene 2010
Unha pouca de Natación
Só por non amolecer coa néboa...
100 + 500 + 3 x 100. Todo no seu sitio.
100 + 500 + 3 x 100. Todo no seu sitio.
Culpable
XMMeijome
Ubicación:
Ponferrada, España
22 ene 2010
Baixei ó parque do temple, din 5 voltas e subín en 42'...lento mais sin problemas.
Hala; semella que desta vou poder participar...
Hala; semella que desta vou poder participar...
Culpable
XMMeijome
Ubicación:
Ponferrada, España
19 ene 2010
18 ene 2010
17 ene 2010
Trotando con rabia
Debería escribir "Trotando con medo" ou "Trotando con alegría" mais o que me pasa agora é que sabendo que podía dame moita rabia non ter ido onte a Lugo...eran só 5 km. pero facer 200 km de estrada só para iso...
Bueno, que me decidín a probar 8 km de nada en 34'34" (4:19) nin ben nin mal, a cousa é ir trotando.
Bueno, que me decidín a probar 8 km de nada en 34'34" (4:19) nin ben nin mal, a cousa é ir trotando.
16 ene 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)