21 ago 2012

Matutino con vigor agrio

Tocaba ir pola fresca... apreteime algo dende que crucei a autovia pero en xeral o tempo é pésimo.

9.5 km 46'

20 ago 2012

Natación motivante

Envioume a miña serea a nadar co atardecer e agradezollo porque me sentín con folgos e disfrutei...

50 + 150 + 1400

19 ago 2012

Doblete berciano

Pois hoxe a envexa de saber que había un Tri en Ferrol e marqueime un doblete.

Matutino:

Natación 50 + 1550

Vespertino:

Bicicleta 39.7 km en 1h 23'

18 ago 2012

Maula arrastrando resaca

Pola fresca que era o que tocaba i é a única hora na que se pode correr neste días caniculares... o rendemento de hoxe demostra que tomar 2 botellas de viño entre 2 non é bó para o deporte.

9.5 km en 47'

17 ago 2012

Outra volta na calor Con sorte

Ola de calor... e eu a dar pedais; a verdade é que o sentín mais cando me daba de lado o sol que en calquer outro momento e a comparación coa mesma ruta fai un ano non me deixa mal parado (apenas 2' mais).

45 km 1h 42'

Vexo que tiven sorte ó non insistir na ruta de onte... o incendio teríame pillado.

15 ago 2012

GAC modo AMC

Non foi o vento racheado do oeste, nin a calor, nin a costa do paso de Carucedo á N-120... foi o cú que me doeu arreo cara ó final ou todo xunto.

Total que Gordo (h)Aciendo Ciclismo en modo Ante todo Mucha Calma

55 km 2h 9'

14 ago 2012

A proba de arrastre

Hoxe o clima non permitía outra cousa e saín a arrastrarme si ben é certo que fun lento tamén o é que nin o xeonllos nin o nocello me mancaron.

8 km 39'

13 ago 2012

Nivel 0

Pois tra-las sesións de "encallecimento do cú" hoxe decidín a facer desta saída algo mais que un paseo; as condicions meteorolóxicas acompañaban (30º pero sensación térmica de 25º e brisa suroeste) e a mente precisaba un escape para os problemas da trinidade...

Así pois esta saída consideroa o "nivel 0" de ciclismo e non o vexo mal para levar dende marzo sen saír...

39.8 km 1h 22'

12 ago 2012

Volta ó fogar

Cada quen ten uns recunchos no que se se sinte "na casa"; eso me pasa coa praia do vilar e hoxe tiven ocasión de voltar a trotar pola súa area... os meus xeonllos e nocellos non estaban moito pola labor pero eu disfruteino.

6 km 29'

10 ago 2012

Os misterios das sensacions

Si antonte non disfrutrara nada do baño e me sentira lento e pesado hoxe foi diferente...

50 + 1350

9 ago 2012

Cabeza e corpo

Hoxe o corpo pedía mais, pero a cabeza templou... 38º C... con facer o destes días era dabondo.

39 km 1h 25' chámame a atención que facendo o mesmo percorrido haxa estas diferencias na distancia... de tódolos xeitos os tempos si que concordan e indican "progresa con normalidade"

8 ago 2012

Auga fria

Tocaba piscina descuberta... coa auga como me gusta... aínda que... Quen non preferiría a auga de Zanzibar ou a de Venezuela?

50 + 1300

7 ago 2012

Xustiza e precaución

Grande ledicia hoxe porque por fin se fixo algo de xustiza e o admirado Javier Gomez Noya acadou a medalla olímpica que xa merecía dende vai 8 anos.

Pola miña banda sego a "coida-las rodaduras" así que algo mais de bici con mellor rendemento pero sin me cebar en demasía que aínda teño o cú delicado e as pernas frouxas.

40 km 1h 25'

5 ago 2012

Voltando ós pedais

Presionado pola molestia incipiente no xeonllo e os nocellos (puro desgaste de vello) me boto en brazos de "aqua" aínda que sexa para ir a ritmo de paseiño...

39km 1 h 31'

A ver mañan ese matutino... e a ver si podo darlle continuidade a isto que así non hai xeito de coller callo no cú.

3 ago 2012

12º de diferenza

A verdade é que a de hoxe foi outra saída de vontade... aínda que destaco a calor como factor diferencial coa saída de vai 2 días o certo é que me afectou mais o problema do menisco do xeonllo esquerdo que me mancou bastante e os dous nocellos que están como inflamados...

11 km 53'

2 ago 2012

Estatisticas circuiteiras 2011-2012

Teño intención de comenta-las estatísticas do circuito

No que respecta ó número de participantes chegados á meta eiquí tendes os datos.


Como se pode ver a maioría das probas incluídas no circuito tiveron entre100 e 500 participantes e a maioría dos resultados enviouse para as probas entre 250 e 500 particpantes ainda que o nº de participantes do circuito foi mais significativo canta menos participación había na proba; dende o meu punto de vista esto fala do potencial do circuito para levar a xente a participar en probas pequenas por todo o país.

No que respecta ó polémico aspecto da distancia das probas estes son os datos:






Como se pode ver unha clara maioría das probas se situou entre os 6 e os 11 kilómetros tramo no que se situa tamén o maior número de resultados enviados, sobor de todo no tramo de 9 a 11 kilómetros
Hai que destaca-lo 'pico' de envíos para as probas de distancias superiores á MediaMaraton que, ó meu entender, fala de que un deportista popular que adestra con continuidade sempre tenta facer unha proba destas distancias como reto ou obxectivo
Os datos tamén reflicten que a porcentaxe de "circuiteiros" respecto ó total de participantes ten o seu pico nas distancias de 16 a 21 kilómetros que pode ter que ver cunha menor participación xeral nesas distancias que xa requiren unha preparación, pero tamén pode ter parte de explicación na competitividade introducida polo circuito e o seu sistema de puntuación.

En canto ós meses nos que se correron as probas estes son os datos:



O efecto do inverno é ben claro e tamén o das "grandes" probas do calendario do país (por número de participantes) e vese que os "circuiteiros" somos mais de Septembro (por significación sobre o total de chegados) e de Outubro (por % de resultados enviados).

Outro aspecto polémico é o do número de probas puntuadas polos participantes; eiquí tendes os gráficos que son básicamente como os da pasada tempada; só 20 (2.55%)  circuiteiros chegaron ó límite das 40 probas sendo a representación gráfica unha declinación cáseque lineal.


1 ago 2012

Mellor na volta que na ida

Fixen o mesmo adestramento que antes de marchar pero mellor; supoño que a boa temperatura de esta hora axudou.

11km 51'45"

31 jul 2012

De volta nas vacacions dos outros

Voltei co tempo xusto para ir nadar antes de que pecharan a piscina cuberta ata septembro.

150 + 1000 + 9 x 50 rec 25 Total= 1800

29 jul 2012

Despedida moluqueña

Derradeira carreiriña polas molucas...

Non moi ben, o de correr pola praia xa se sabe que require adaptación...

10km 50'

28 jul 2012

O duatlón do índico

Hoxe animeime a correr pola praia malía que sabía que o pasaría mal...

10.6 km en 53' 

e a nadar pola tarde... nun auténtico orgasmo porque coa luz o fondo se revelou en tódolo seu esplendor e foi unha gozada

1400 mts.

26 jul 2012

Zanzibar mar

Cheguei a este paraiso e boteime ó mar... a auga morna e o espectáculo que por debaixo de min desplegaban ourizos, estrelas, coral, esponxas, anémonas, peixes de diversas cores, cabaliños de mar.. me fixo moi levadeiro o traxecto (calculado a golpe de google)

800

23 jul 2012

Pouco valor no Serengueti

Desta puiden cumplir e fixen 4 honrosos km no Serengueti; iso si, á beira do Lodge que sinto aprecio polaiña integridade física e os xabalis que por alí vira e os sons das hienas pola noite non aconsellaban coller esas tentadoras pistas chans de terra que seguian cara ó infinito

16 jul 2012

Derradeira...

Por si acaso volto a estar 15 días "en branco"
150 + 1550

15 jul 2012

A modiño se fai camiño

Só tiña este intre para ir e fun...

11 km 52' Lento, canso pero fun... que non sei si terei ocasión de ir ata Agosto.

14 jul 2012

13 jul 2012

Outra polo camiño

Hoxe había unha boa man de peregrinos na ruta, foi entretido... e non me saiu mal

9.5 km 44'

11 jul 2012

Xullo como Abril

Outro día de Xullo no que a temperatura invita a ir á piscina... cuberta.

150 + 1500

10 jul 2012

Sangue nova

Hoxe era o dia moi propio para adestrar, boa temperatura e brisiña Corrin con ánimo e saiume... 11km en 48'50"

9 jul 2012

Auga recen nada

Onte foi un día moi especial para mín... coñecín á terceira xeración dos Silvos... e eso merecía quedar sen adestrar... malía que as emocions moven o corazón tanto como o exercicio. Hoxe un pouco de natación.

150 + 1550

7 jul 2012

Outra pola freca

Hoxe primeiro día en "sólo alojamiento" pero correndo igual que xa antes viña...

9.5 km en 44'32" Nin ben nin mal; de feito, na recta de columbrianos apreteime un pouco e non houbo atrancos.