13 mar 2012

Melloría pola manga

Calor nun día de Marzo... manga curta e melloría en tempo e sensacions.

13.6 km 1h 3'

12 mar 2012

Sen tempo e sen aire

É o que ten face-las cousas ás presas... quedas sen aire.

Fun a nadar co tempo xusto e así non se pode facer nada ben.

150 + 1100

11 mar 2012

Alcorconando

Hai que ir purgando o que se fai... ainda que sexa dando pena.

Sen prisa 8.5 km en 43'

9 mar 2012

ESGOMATENTO

Esgotado mais contento...

Saquei vontade para ires ó choio correndo? Bueno como fose, pero o fixen.

9.5 km 45' o SportyPal púxose tolo pero o rexistro vale.

8 mar 2012

Melloría empeorando

Pois si aínda son capaz de facer peores tempos si pero tamén de ter forza de vontade e sentíndome esgotado sair a troto-correr.

13.5 km 1k 4' Non o entenderei nunca, fixen incluso algo mais de percorrido que antonte pero o SportyPal dí que fixen menos distancia...

7 mar 2012

E mais rutina

Natación 150 + 1100

Estou contento polas sensacións aínda que os ritmos sexa tan penosos.

6 mar 2012

Trotada baixo mínimos

Así son as cousas e non hai porqué ocultalo.

14 km 1h4' Só lembrar que en Oporto fixera mancado (rotura de fibras no xemelgo) 15km en1 h en 6'...

Pero estou ben de ánimo e fun pensando nun tema que me plantexaron hoxe... e disfrutei qué carafio o outro é para os gacelos¡¡¡ eu son Kandpalleiro.

5 mar 2012

Auga anaeróbica

Polo menos nadando podo facer que fago...

150 + 800 + 3x200 + 50

3 mar 2012

Cross de Ordes 2012

E reiniciei a tempada con bó pé, non podo dici-lo contrario.

Fun ata Ordes a corre-lo cross ambiental que organiza o concello e o clube da vila con moitas probas "paralelas" nas que destaco pola envexa que me produce non poder estar eu nela o Canicross.

Foron 9,4 km en 44'10" segundo a organización e fixen 55 de 174 chegados á meta o que non está mal porque o circuito sin ser un trail era esixente mais tamén precioso (salvo un tramo de eucaliptal recen cortado) e ben marcado.

Agora outras duas semanas de adestrar e a ver qué decisions vou tomando.

2 mar 2012

Rutina con forza

Tocaba hoxe rutina natatoria; pero colleume con gañas e a fixen disfrutando de cada brazada.

150 + 1100

1 mar 2012

Outra tanda incógnita

Hoxe fixen 1h 2' con boas sensacións ó principio algo de cansazo ó final e mala hostia porque o trebello este voltou tolear.

Coido que fixen uns 13 km.

29 feb 2012

Poñendome a Ordes

Pois si, vou ó cross ese a ver que tal..

Natación 150+750+(2x200)+250

27 feb 2012

Neste día de Abril...

Bueno pois hoxe algo mais de tempo pero menos velocidade ainda que debo dicir que nin me decatei delo; disfrutei da tarde correndo arremangado.

12,24Km 57'

26 feb 2012

E veu a prima... veira?

Non sei xa levaba 2 días sentindo... calor? e dixen: "haberá que sacar a aqua a dar un voltio".

Así que aló nos fumos polo soliño; como non confiaba moito na calor pois fun enfundado ata os pelos e sudei como un lexionario do deserto...

38 km en 1h24'

25 feb 2012

Haberá que ir trocando de pao na auga

Hoxe outra vez 150 + 1100 sen tempo para mais pero con gañas de mellorar... así que haberá que pensar en facer cousas diferentes para tentar mellorar.

24 feb 2012

Encantado de coñecelo

Estou asombrado, tanto que xa me gustaría coñecer ó tipo que saiu hoxe co meu trebello porque o que son eu non me creo que hoxe co canso que estou fixera 8 km en 37' pero Sporty Pal di que sí e terei que creelo.

23 feb 2012

Cicatrizando II matutino

Non son as mellores condicions para valorar nada, pero polo menos cumprin.

9.5 km 45'

22 feb 2012

Cicatrizando I

Ben podería contar certas actividades do entroido como adestramentos... pero bueno.

Natación 150 + 1100

15 feb 2012

Melloría supérflua no fin da pausa

Hoxe non estivo tan mal como antonte; fixen os mesmos 12.8 km en 59'30"... agora xa imos de cabeza ó entroido; levarei a roupa de correr por aquilo de "desintoxicar" pero xa se sabe que como moito 40' a menos de menos.

14 feb 2012

Mais agua ca nunca

Este inverno levo mais auga que outros anos porque as pernas non son as que eran...

150 + 1100

13 feb 2012

Ainda sen saber... disfrutando do paupérrimo

Bueno, non sei si esta será a derradeira semana de "stand by" para logo preparar ¿? non sei o qué.

13 km en 1h 01' Non foi gran cousa, xa o sei, pero as sensacions foron boas malia a levar un cocido no estómago.

10 feb 2012

Mellora posible

Pois animeime a saír contra todo pronóstico e non me foi moi mal.

12 km 54'

9 feb 2012

Outra de serea e foca...

Hoxe tocoume outro privilexio ir coa miña serea a nadar... eu facendo moito escándalo e ela deslizandose gracil pola auga...

150 + 1400 + 200

8 feb 2012

Lúa xiadeira

Si o outono ten a súa "harvest moon" o inverno terá a súa "frizzer moon" non si? pois a min tocoume nesta madrugada de cara ó choio... unha lúa chea preciosa nun ceo totalmente despexado... corrín por estrada de prata entre campos brilantes de xiada.

Sensacions ben, tempo mal.

9.5 km 44'

7 feb 2012

Plano sen plan

Pois ahí sigo, chapoteando ou reptando polas rúas... hoxe tocou outro pouco de auga.

150 + 1100

6 feb 2012

A longa ruta cara a Marzo

Hoxe algo mellor, o SportyPal funcionou e eu sentinme mellor en todo aínda que a media foi pauperrima pero eso é normal.

10.5 km 49'

5 feb 2012

Amodando rabeoso

Bueno hoxe saín moi a modo e rabioso. A modo porque está claro que algo pasa na miña coxa dereita e porque estou en forma submarina (por baixo do nivel mínimo) e rabeoso porque ó final o temporal quedou en nada... e puiden ter ido a Lalín. Pero ó feito, peito e agora hai que esperar a que pase o entroido antes de tomar ningúnha cousa en serio.

os 8 km de sempre en 38'30"

4 feb 2012

Entre icebergs

En medio dunha oleada de frio ártico fun nadar...

150+350+1100