3 dic 2011

Atenazado

Estou atenazado polas dúbidas e non acabo de saber qué programa vou seguir...

Hoxe nadei o que onte non puiden por boas razons.

100 + 1300

Teño que definir si vou intentar en serio a permanencia en 1ª do circuito porque ata o de agora non mo plantexara pero en vista de que fun a 4 no canto de 2 probas e que non me levo mancado... todo pode ser. E si así é teño que definir si vou a Ferrol ou a Lugo e, sobor de todo, si a 10ª maraton a vou facer en Coruña o 15/4 porque o de Barcelona xa está descartado (en 2012 no 13 xa se verá) e París semella pechado xa.

En fin, mañan estou "invitado" e a seman que ven vai ser rariña o xoves decidirei si Lugo ou Ferrol e logo xa se verá.

1 dic 2011

Nadando contra min

Hoxe non me apetecía nada... mais fun; a verdade é que estou mais orgulloso de querer que do facer.

100 + 1000

30 nov 2011

Rodaxe reconstructivo

Hoxe tocou unha rodaxe que pensei que sería mais lenta pero, a verdade saíu moi ben e doada...

14.1 km en 1h 05'

28 nov 2011

Recuperando coa serea

Hoxe fumos nadar outra vez xuntos... notei o esforzo de onte pero creo que o que fixen me beneficiou.

150 + 1300

27 nov 2011

Outra volta Betanzos e van..

4.

Hoxe voltei a Betanzos coa teima de tentar face-lo mesmo tempo que en Pontevedra nun cicuito moito mais duro que coñezo bastante ben.
Moito ambiente na saída nunha mañan soleada na que o frio se dispersou de seguida e estivemos en boa compaña charlando sobre os temas do circuito e das carreiras en xeral.
Saín un pouco lanzado de mais pero fun quen de conterme e moderar a un paso que non me desgastase moito nese principio de carreira. Subindo a costa das Angustias semelloume topa-lo ritmo cun grupo pero ian a tirons pensando non sei ben en qué porque non querían escoitar falar das costas; no pazo de Mariñan vinme ben e tentei manterme por baixo dos 4:25 polo menos ata cruzar Pedrido, as pernas respostaban ben e os animos tamén.
Cruzada a ponte o repeito pilloume con azos e collín a outra xente que me permitiu ir a un ritmo mais constante ata o km 16 ahí as pernas xa fallaron algo, pero a baixada levoume a bó ritmo ata a vila... logo veu o baixón; dende o km 18 perdín 14 postos pero é que os cuadriceps deixaron de funcionar... ata o derradeiro kilometro que me botei ó berro "!puntos, quero puntos¡" e apreteime para entrar en meta no posto 130 de 412 cun tempo de 1 h  31' 49"
Foi outra boa experiencia nesta carreira que a piques estivo de desaparecer pero que voltou a se celebrar gracias ó esforoz dunha xente xenerosa e honesta.

Este é, ata o de agora o meu historial nesta proba:

2010 1 h 37' 28"
2005 1 h 24' 45"
2004 1 h 25' 40"

24 nov 2011

Listo para Betanzos...

Ou non.

Bueno, hoxe a tirada mais longa... Si, está mal planificado porque non é para Betanzos que estou a traballar; aínda non decidín cal vai se-la 10ª maratón... e adícome a coller fondo sen mancarme.

17.6 km 1h 20'

23 nov 2011

Nadando coa serea

Hoxe fun nadar coa moza... e prestoume.

100 + 1100 + 4 x 100

22 nov 2011

Factor sidrina

A verdade é que non me explico esta melloría salvo pola inxesta dese zume de mazá alcoholizado. O iso ou o bailoteo... que todo puido ser.

13.3 km 57'31"

21 nov 2011

Dándolle voltas a 25

100 + 1000

25... verbas, metros, porcentaxes... voltas e voltas... Qué nos ha de pasar?

20 nov 2011

Correndo co voto

Foi chegar e sair a correr, boas sensacions e mellores resultados sobre todo si os comparo coa derradeira vez que fixen esta ruta (19/6)

12.8 km 57'

18 nov 2011

Despedida con sabor a mar

Outra volta comprobei o grande poder de correr como "anti-resaca" pola beira da praia de San Lorenzo.. co mar e o amanecer. E coñecir "o kilometrín" un sitio no que os galgos fan as series botando fume...

8.7 km 39'

17 nov 2011

Pouco non é nada

Roubandolle horas ó sono e loitando cos restos da sidra de onte saín trotar uns minutiños...

3.8 km 20'

16 nov 2011

Mais que por gañar por non perder

Estou de viaxe polo choio pero non por elo quero deixar de correr agora que podo e vou mellorando lentamente...

8.6 km 38'43"

14 nov 2011

Rexenerando contra o vento

Hoxe saín pola mañan a "rexenerar" que é un palabro ben chulo que os periodistas empregan no canto de decir "antiresaca"... Non me saiu moi mal para o cargado que iba

8.5 km 37'48"

12 nov 2011

Auga bendita

Bendita auga.

Estaba estresado, esgotado emocionalmente dunha semana algo tola e o remate "guardián" me deixou sen gañas de nada; pero fixen forza de vontade e fun a mergullarme na auga da piscina... que ben me viu, saín novo.

100 + 1100

11 nov 2011

Matutino baixo a choiva

Hoxe guardia; así que antes do estres a carreiriña dun kan.

9.5 km 44'34" Boas sensacions e disfrutei baixo a choiva.

9 nov 2011

Saída incógnita

Hoxe o Sportypal non colleu ós satelites e saín "a pelo"

Volta de campo simple; 35'40" Boas sensacions malia a falta de luz.

8 nov 2011

Aqueles eran ritmos para estas senscions

Bueno, hoxe tocou unha sesión agradable polo parque da torre.

O SportyPal dí que hoxe fun mais regular que o xoves 13.8 km en 1h 05'

7 nov 2011

Nada mentres outros ladran

Aínda había xente na auga... vese que xa tiñan mercado o produto.

100 + 1000

6 nov 2011

Pero de qué me queixo?

Ergome como sempre; traballo un pouco no tema profesional e circuiteo, almorzo e me visto. Arranco para Ourense cunha mañan estupenda de sol... ata Guímara. O val do Miño estaba cheo de mesta néboa. Chego e xa está o tema do aparcamento complicado. No pavillón moitos saúdos de tódolos correlegas e moito frio; todos confiando en que mellore o día. Moi agradable a conversa coa miña parella circuiteira e coa xente do CARMA. Desta vez a Fotokedada foi mais vistosa gracias á xente de Esprinters in the nai e Afilados.

Púxenme pronto na saída porque xa non as tiña todas comigo... saín buscando non estorbar e non ser bloqueado en exceso e fun un pouco arrastrado polo ritmo do grupo o que empecei a pagar no km 2 no que xa non me chegaba o aire; así as cousas a proba foi unha contínua loita por non parar e un contínuo ver pasar xente. Conquerin non me agobiar moito, bebín no km 5 e respirei... vendo agora os pasos non me semella que fose tan mal, pero pensei que baixara moito o ritmo. Xa ó pasar pola universidade voltei a tentar apretarme sen éxito e vin a faciana inversa do día de Pontevedra rematando cáseque sen folgos e algo mal humorado.

10 km 42' (4'12"/km igual que na pedestre) Posto 668 de 3242 (20% algo peor que na pedestre; Sera que os de Ourense corren mellor?) O caralludo do asunto é que mellorei a marca do ano pasado (43'57") sen estar adestrando arreo.

Comparación Ritmos San Martiño 2010 e 2011


En fin, non sei porqué non disfrutei tanto esta carreira como as outras; cecais tiña demasiadas espectativas ou preocupacions.

1 nov 2011

Pontiñando

Ou sexa, correndo polo parque do pontiñas. Dúas voltas completas en 1h 7' (o SportyPal toleou pero son 14.4 km) Moita xente correndo sería porque fun mais tarde do que acostumo.

31 oct 2011

Auga da terra nádase doutro xeito

Que fun á piscina de Lalín por aproveita-lo día. Ateigada de xente; pero cadrei nunha boa rúa e non estorbei (coido).

100 + 1100

30 oct 2011

A Cita de todo popular

O certo é que o Domingo en Pontevedra rematei tan ben que xa me preguntei poqué no acuadía á pedestre si quería ir a Compostela o mesmo día... e vendo o martes que seguía todo enteiro no meu xeonllo esquerdo me decidín.

Hai rutinas que son moi boas e a min o de ir sempre a aparcar ó mesmo sitio me resulta e  moito. Collín o dorsal cedo e fun almorzar (de segundas) topei un grande correlega e alí estivemos platicando un bó rato; logo arrinquei para os preparativos e un lixeiro quencemento non sin antes departir no obradoiro co nutrido grupo de "marisqueiros" que acudiron á proba.

Tra-la foto de rigor para o foro (cada vez acude menos xente ás foto-kedadas) fun cara á saída onde puiden disfrutar da compaña de xente querida e coñecida e do inestimable consello do SEÑOR M. Rosales unha lenda do noso deporte.

Saín tentando evita-las aglomeracions e os grupos que, por riba de porse diante sabendo que van a ritmos mais suaves se poñen en fila ó ancho. Rematei a costa con boas sensacions e seguín apretando ata xa a avda de Lugo no que escomenzou o que dei en chamar "déficit de O2" ou sexa que non ia mais. Regulei un pouco e nese ritmo (moi alto ainda <4'10"/km) fun ata o km 3. Ainda voltei a tratar de forzar xa baixando a rúa da Rosa pero dende alí xa non volvín a baixar dos 4'20" ata vite. A costa esta vez non a subín a lume nin me saiu un berro para escomenzala pero dende arriba tentei non deixar nada dentro de min e fixen eses 2 derradeiros kilómetros <4'.  Rematei en 50'18" (50'02" netos e 50'24" polo SportyPal) o que dá 4'12" de media non é a peor marca que teño nesta carreira e só son 50" mais que a derradeira vez.

A verdade é que pensei que ia peor do que estaba facendo e non tiven ningunha molestia nos xeonllos (e mira que pasei medo nas rúas empedradas) así que haberá que valorar ir á San Martiño.

Historial nesta proba

49' 28" 2009
51' 50" 2006 (O día anterior fixera 2h de adestramento e fun de Voda ata as 4 da mañan)
47' 19" 2005
49' 16" 2003

28 oct 2011

Outra hora menos...

...a por outra Pedestre mais.

Saída mais ben suave para facer reaccionar ó corpo de cara a participar o domingo na pedestre.

13.4 km en 1H 2' non estivo mal tendo en conta que ata atendín unha chamada telefónica.

26 oct 2011

é mellor mollarse na piscina

Hoxe tocaba nadar... menos mal que na piscina non había risco de saír voando.

100 + 1250

25 oct 2011

A sorpresa insolvente

Tiña que tomar unha decisión sobre si ir ou non a Compostela e saín de proba...

14.3 km 1h7' non estivo mal e aínda que non rematei coa forza do domingo si que me sentín con gañas... o do domingo foi sorprendente porque aínda hoxe non conseguín facer un kilometro a menos de 4'15" porque o meu xeonllo esquerdo manifestase insolvente... Pero é o que hai e mentras poda disfrutar.... vou indo.