23 oct 2011

Pontis Veteris, pontis aquensis

Hoxe acudín á liña de saída de Pontevedra a participar no desafío dunha media maraton sen levar mais que un adestramento de "fondo" pero coa tranquilidade que dá non esperar ren.
Nada mais chegar ó estadio rematou a sequía e escomenzou a chover para acompañar ó vento que sopraba dende cedo a temperatura seguía sendo moi boa para correr, pero para a xente que lle tiña gañas á súa marca xa non ia se-lo mesmo.
Quecemento light como manda a lóxica do pouco preparado e saída na parte traseira do caixón para non estorbar. Primeiros kilómetros contemporizando e buscando referencias dun paso xeitoso pero non lento, nos intres de vento perseguindo unha espalda e nos momentos de calma falando coa xente ou bromeando... "pechade a porta" e cousas parecidas.
O circuito é moi chan salvo un par de costan non moi duras na propia cidade. Avituallamento só auga cada 5 km e o público malía á choiva animaba bastante, pero especialmente quero facer referencia ós voluntarios porque levaron unha boa molladura e aínda así non deixaron de animar nin de vixiar o punto que lles correspondese.
Os primerios 10km os fixen mellor que en Sada (44'10" segundo ChCh) pero sentín alí algo de cansanzo e afrouxei un chisco, xa no 12 me sentín mellor e voltei a apretarme para non perder á xente coa que ia cando me vin no 16 con gañas aínda de tirar  me alegrei moito e deixeime levar por esa sensación así que xa se ve no Sportypal como, salvo nas costas, os tempos desta parte compensan eses 2 km de respiro. Atravesando a parte vella polo camiño de santiago apreto ó 90% e paso o km 20 en 1h29'55" eso anímame e lanzo un último esforzo que me leva á meta en só 4' mais como tamén reflexa o gráfico... total 21,2 km en 1h34'



Coido que mais importante que non facer peor marca persoal (cousa que pouco me importaba) foi a boa sensación que tiven cáseque toda a proba e, sobor de todo, o forte ritmo do final e o ben que me atopei ó chegar á meta. ahh, esquecíao 436 de 1085 chegados á meta.

21 oct 2011

Outra de carreiriña

Outra volta aproveitando o tempo...

12 km 58' Agora á espera do que pase o domingo en Pontevedra.

20 oct 2011

El que madruga... algo hace

Sempre tentei non deixar de adestrar aínda que andivera de viaxe ou que tivese pouco tempo; nesta foi o caso coa agravante que malia coñecer ben o sitio (ou xusto por iso) non tiña localizado un circuito para correr sen luz natural... así que foi unha sesión curta, o xusto para desentumece-los músculos.

6.2 km 31'

18 oct 2011

Recuperando

Malía unha pequena molestia no biceps crural dereito hoxe saín a recuperar e ir collendo fondo.

14 km 1h 08'

16 oct 2011

Nova tempada

Estreeime hoxe en Sada na tempada 2011-12 por sorte sen problemas e con moi bó tempo. Era unha proba benéfica pero estaba moito do mellorciño do norte de Galicia e había un ambiente fenomenal. O terreo, pois o típico do país mitade para arriba e mitade para abaixo. Cheguei sen mancarme e con bó ritmo final.

10 km 45'

15 oct 2011

Nova variante de orellán

Bueno, hoxe fixen o camiño á inversa e completei unha ruta ben chula; a media xa a mellorarei en canto coñeza as baixadas

59.5 km 2h 25'

12 oct 2011

A ver que colleita saco esta tempada

 Hoxe corrín coa "lúa colleiteira"; vai un ano que o fixera e neste tempo conquerín os obxectivos marcados malía empeorar o meu rendemento e ter lesions inoportunas. Ogallá este ano conquira tamén manterme en 1ª división do circuito Correr en Galicia e face-la miña 10ª maratón aínda que o vexo moi compricado.

9.5 km 44'23" Segue sin ser bó tempo, pero é mellor que o da guardia do día 4 e non me esforcei especialmente para elo.

A ver si esta finde conquiro escomenzar xa a participar que a falta de obxectivos me está a facer moito mal.

9 oct 2011

Variante Borrenes

Hoxe deume por facer por fin algo que levaba tempo pergeñando; a variante de borrenes.

48.5 km 1h 57'

7 oct 2011

A torta do 2011

Xa pensaba eu que "aqua" era invunerable, pero hoxe na rotonda de Parandones acabouse... Non iba moi ben que se diga polo airiño do norte que viña e baixando apreteime un pouco pero non foi a velociadade, foi o aceite que había na rotonda o que me fixo caer...

Só iba a 40 así que as raspaduras de rigor e o golpe na moral tradicional, erguínme e seguín... parei en Carracedelo a avisar á guardia civil do aceite na rotonda e cheguei a casa a tempo.

44 km 1h 40'

6 oct 2011

55 relaxacions

55' de carreira contínua recuperando os circuitos do inverno que os "recurtes" chegan xa ata o sol e marcha antes... non levei o trebello así que non sei o ritmo pero me sentín ben.

4 oct 2011

Pola noite tódolos baches son...

poucos.

A teima de "aproveitar" os días de guardia ten o seu aquel... cada vez o fago peor.

9.5 km 47'

3 oct 2011

Aproveitando a derradeira calor...

Outra de pedais desesperados... un mes dempois 3' 30" mellor.

44,6 km 1 h 36' 25" E mañan a ver como se presenta.

2 oct 2011

Recuperando dun erro

Trabuqueime ó face-la bolsa para a finde familiar e si ben xa sabía que o Venres non faría nada non contaba con pasa-lo sábado en branco... en fin, cheguei rabioso e saín corretar

11 km 49'53"

29 sept 2011

28 sept 2011

Auguiña abarrotada

Esperei a que estivese o futbol en xogo pero nin por esas... 2 por rúa e a aturarnos.

100 + 1050

26 sept 2011

3 Cervatillos

Hai imaxes que sempre fan agradable unha saída en bici e mais si un a disfruta como eu hoxe.

Cervatillos xusto ó final da recta de Cortiguera, chegando á subestación a 500 mts da autovía...

51 km 1h 51' O mellor que me sentín ben subindo e fun sentadiño tirando de psoas como nos bós tempos.

22 sept 2011

Improvisando contra a falta de tempo

Enrredeime coas cousas da casa... e saín tarde.

Así que para non voltar sen luz fixen unha variante algo mais dura pero mais curta e, sobor de todo, mais perto de Ponfe.

40.5 km 1h 34' Subín ó castelo de Cornatel o cal chegoume de raio

21 sept 2011

Estrea inoportuna

Ocurriuseme estrear hoxe unhas zapas que merquei onte sen andar con elas antes porque xa tiven uns da mesma marca e modelo pensei que non me mancarían...

O talón dereito queimabame como si houbese lume, sorte que teño alí unha enorme dureza e non reventou... senon estaría días sen correr.

Así o adestramento foi malo de solmemnidade

8.2 km 39'50"

19 sept 2011

E 1201

A entrada 1201 deste blogue..

Natación 100 + 1100 Ben, cada quen ó seu paso e ben.

18 sept 2011

Sei que non debín, pero a envexa...

Logo dunha tarde "circuiteando" non puiden coa envexa de ver xa tanta xente enviando resultados e, malía que non debía saín.

8.2 km en 38'38" (co crono, que o mobil estaba se batería)

17 sept 2011

Colleita

Aproveitei a mañan fresca e cuberta pero sen risco de choiva; o menisco esquerdo quixo pero non puido pararme.

50 km 1 h 55'

16 sept 2011

Coidando os rodamentos

Que vou desgastado... A merda de adestramento de onte deixoume molesto o xeonllo esquerdo, noteino xa cedo subindo as escaleiras e veña a fungar todo o día.

Natación
100 + 1000 Mellor de sensacions na auga

15 sept 2011

Correndo co bochorno...

Como un sapoconcho.

Pois iso, sego mais lento que nunca pero iso si SIGO.

11 km 52'

14 sept 2011

Un chapuzon rapidiño

100 + 800 e un cabreo... non me gustou que me sacasen da auga 5' antes... en fin. No comment