13 sept 2011

Suando a gota de mosto

Eu pensei que a vendima escomenzara mais foi que non i evos unha pena. Con todo e coa calor saín con "Aqua" e fixen mellor tempo que vai uns días sufrindo bastante menos.

56.6km 2h3'

12 sept 2011

Outra vez cedo, outra vez lento

E voltei ó roteiro das mañans sen moita forza pero con alegría; que non estou mancado

9,3 km 48'

11 sept 2011

25 anos e 4 segundos

Hoxe tiña unha cita desas ineludibles, hoxe tiña "A Cita" e era unha data especial porque poucas probas teñen a longa historia da Milla Urbana de O Barco de Valdeorras que con 25 anos xa pode falar de tradición. Non tiña eu especial inquedanza respecto ó posto a ocupar nin ó resultado que mostrase o cronómetro; só quería participar para seguir sumando pasos por esa proba e para agradecer de certo xeito ó clube Adas-Proinor que unha tempada mais me renovasen a ficha federativa malía ó paupérrimo rendemento que lles ofrezo.

Como o meu estado de forma mais que baixo era subterraneo quecín con moito coidado tratando de estirar ben e atender a calquer síntoma de molestia. Corrín na carreira dos "populares" (menudos galgos) e os veterans A e dende a saída percurei ir ó pasiño que puidese e progresar a modo. E foime ben; fixen 6' xustos; só 4" mais que o ano pasado e unha media de 3'46" que me sorprendeu... e moito.

Será cuestión de escomenzar a traballar algo en serio.

10 sept 2011

Tres en unha e mellor

Hoxe tiven a sorte de facer a ruta interurbana que mais me gusta... Ponferrada - O barco. Foron 3 rutas en unha; primeiro moi animado polo día tan bó que facía e con folgos nas pernas; tantos que collín a 2 tractores da vendima alí en Carucedo, a 2ª loitando co vento dende a entrada en Galicia e a 3ª moi triste pola imaxe terrible deixada polos lumes en Sobradelo e no mesmo Barco. Ó final a media foi a mellor en moito tempo...

50,6 km en 1h 47'

Collendo o camiño menos doado

En Novembro fará 6 anos que escomenzamos a dar forma a un xogo, un divertimento entre atletas populares para teren un motivo extra que impulsase unha maior participación nas carreiras populares de aqueles que participaban ocasionalmente nunha proba pero nos que non chegaba a "prender" o costume de facer eses minutos semanais de exercicio moderado que os estudos demostran que PROLONGAN A VIDA.

En todo este tempo ten habido toda clase de conversas e disencións tanto entre o amplo grupo de participantes mais ou menos asiduos como entre os que nalgún intre formamos parte do grupo de colaboradores voluntarios altruistas que doan parte do seu tempo para que houbese esta obra colaborativa, auténtico 2.0 en estado puro.

Esta edición se caracterizou por certa escasez no traballo previo supoño que froito dos trocos no grupo de traballo e das datas elexidas para a 'parada biolóxica', na única enquisa que fixemos públicamente só un 20% dos participantes contestou e a decisión final (a duración do circuito en 10 meses) tomouse co voto de menos do 10% dos inscritos... xa sei que votar nunha democracia non pode ser obrigatorio, pero desanimar desanima cando ves os interminables debates que se forman respecto al calquer tema.

Menos son aínda os participantes que correron en mais de 40 probas (2.58% dos 617 inscritos na tempada) e o efecto de limitar a ese o número de resultados a enviar sería NULO na clasificación, pero está a ter unha tremenda repercusión no foro e na convivencia interna do grupo en xeral. Porqué? porqué? porqué? Porqué se fai? porqué así? porqué sen consultar?

En 2010 fixeramos unha enquisa na que participaron só 75 persoas e se acatou a decisión de 40 (aquela tempada o total de inscritos foi de 473) e o incremento da competitividade conseguida mercede á competición por equipos engadido a o efecto multiplicador na taxa de puntos que tiñan algunhas probas de montaña/monte provocou situacions nas que alguns participantes se viron facendo esforzos físicos e familiares que pouco teñen que ver coa participación deportiva "popular"... mais ben ó contrario. E, non sin adicar moito tempo da discutir fundamentos, argumentos e fórmulas, tomouse a decisión de probar esta tempada a limita-lo número de probas individuais a 40 por tempada cunha serie de condicionantes dirixidos a que a clasificación en cada intre reflicta o estado real da mesma.

É posible facelo mellor, manter un proceso de toma de decisions mais transparente pero que faga claro a necesidade simultánea de participar de xeito responsable nesa toma de decisions colectiva, é posible fomenta-la participación da ampla maioría (50%) que non chega a 1 proba por mes sen que elo signifique que aboquemos á xente a facer cousas que, de non ser polo circuito, non farían...

Como penso que todo iso é posible escollo o roteiro menos doado de seguir poñendo 10' diarios do meu tempo á disposición da xente de Correr en Galicia, de acepta-las críticas e argumentar as respostas a todo o que os compañeiros queran argumentar.

EDICIÓN 15/9

O pasado 11/9 un compañeiro do foro escribiu esto:
···realmente a mi lo que me hace ilusión de este circuito es tener la seguridad de que el día X que pueda correr una carrera popular en Galicia a lo largo del año, haya una certeza de casi el 100% de que me dará X puntos para el circuito y quieras que no a todos nos hace ilusión ver el resultado a nuestro esfuerzo en un estúpido numerito (sí somos así de simples Mr. Green )···
···tengo que reconocer que una de las razones que durante el año corra más carreras que por ejemplo hace 3 años ha sido el circuito y sus puntitos···
Para min non hai nada mais satisfactorio que esto sirva para iso; aumentar razoablemente a participación da xente nas carreiras populares.

9 sept 2011

Prolongando... a parvada

Hala, hoxe saín a correr algo mais pero teño claro que "Pa ná" porque o problema que me aqueixa no xeonllo esquerdo se ten que resolver por vía da coitela.

11km 52'15"

7 sept 2011

Pedais e pedais

Eu non quero deixar de aproveitar calquer cachiño de sol que se me poña por diante...

56 km 2 h 9'

5 sept 2011

Bici de vendima

Aproveitei hoxe que o verán esqueceu a súa marcha para sair na bici...

45 km 1h 41'

Sonvos así malia a este paupérrimo estado de forma disfrutei... gracias ós tractores da vendima.

4 sept 2011

Primeiro triplete

Bueno xa tres días seguidos... e mañan tamén penso sair, e pasado... logo xa se verá.

8.3 km en 38'56"

Non me foi mal malia sair co corazón na boca polo aumento de pulsacions que sufrín ollando a etapa da volta en Angliru; é que a xente que corre ó lado dos ciclistas sácame de quicio.

3 sept 2011

Na auga sen afogar

Hoxe tocou voltar a nadar.. 100 + 750 sen ritmo mais sen problemas, de feito puiden facer mais pero deixo os 1000 para a mañiotas do luns...

2 sept 2011

Insistindo

Hoxe fun algo forzado polas circunstancias... fun ve-lo paso da volta polo alto de Ocero (e vin na tele o paso por Ancares) e logo tiña un compromiso persoal cunha compañeira.

8.2 km 38'55" As sensación non foron tan boas pero as pernas van collendo forza.

1 sept 2011

Por fin unha (lixeira) melloría

Sempre vos digo que as sensacions son o importante e hoxe, por fin, sentín unha lixeira melloría. Non me importa o que diga o crono hoxe disfrutei un pouco correndo.

8,2 km 38'40"

30 ago 2011

Incrementando frecuencias

A perna vai aturando e eu vou incrementando frecuencia de adestramentos; hoxe algo mais canso e mosqueado coas sensacións baixei a 39'07" co luxo de facer o tramo final a 4'10" que xa verei por onde sae.

29 ago 2011

Mellora o crono empeora a sensación

Vou ter que plantexarme seriamente ir a facer un estudo da pegada ou da lonxitude das pernas... non é normal o que lle pasa ó meu xemelgo esquerdo. Hoxe mellor que estes días atrás; 8.2 km en 38'12" (2' menos que o venres) pero a sensación de ter a perna esquerda a piques de romper non é nada agradable e o estiramento aínda que non doloroso si é molesto.

27 ago 2011

Por non para-lo ritmo...

Habia que seguir e seguin... Ainda que pauperrimo montei en Auga e saín a dar unha virada polo Bierzo. 40 km en 1h e 32'

25 ago 2011

A modo e con xeito

Outra de 40' desta as molestias foron no xemelgo esquerdo e non poucas o que me fai pensar en non voltar a correr... por agora. Tras 20 días facendo exercicios isométricos e reposando que o xemelgo sega na mesma... mal presaxio. 8.2 km 40'12"

24 ago 2011

Antes de correr... trotar

Ou como se poda. Volto das vacacions arrepentido por non levar roupa e zapas... ou non, quen sabe? O caso é que ademais da xa sabida perda da ocasión de sumar sitios recónditos nos que corrin (como o caso de Lairg en plenas highlands ou a illa de Skye) perdín a ocasión de participar nunha proba de 10 km na fermosa e querida cidade de Galway (Irlanda) e a mais fermosa ocasión de correr o cross dos xogos de Ballater pois, que o saibades, as probas teñen unha modalidade "aberta" de inscripción in situ GRATUITA e hai carreiras de 100 e 400 yardas e de Milla e un cross duns 6 km. Vamos, que foi unha mágoa. En fin, que voltei con gañas e sain para ir facendo callo.... 8 km en 40' e gracias; que o xeonllo esquerdo escomenzou a tocarme as narices xa ós 5 km. Mañan ou pasado unhas gloriosas mañiotas darán conta de tan paupérrimo esforzo.

27 jul 2011

Penultimas pedaladas

Bueno, pois ata a volta coido que xa non pedaleo mais así que hoxe fixen algo de propina malia que a "p..a brisa" me desfondou cara a Villafranca.

44.5 1h 37'

25 jul 2011

Sin tempo

Enredei e quedei sin moito tempo para sair, pero apetecíame mais a bici que a auga...

Saída flash 1h 19' 37.6km

23 jul 2011

Coqueteando

Coqueteando coa páxara por comer pouco e beber menos, coa caída por botarme ó tolo na baixada do "muro da barosa", coa lesión por forza-la perna novamente e por expor ó meu ollo aínda algo molesto co vento...

Bici 2h2' 54.5 km mellor que o 23/4 si, pero lonxe, moi lonxe do que quixera.

21 jul 2011

Natación 100 + 1000 Teño unha molestia nun ollo que non sei que é pero non lle gusta moito vir nadar.

20 jul 2011

Desfogo contra o furacán

Mañan de estrada e loita mental entre as emocions e a lóxica humana... cheguei con gañas de me perder e decidín arriscarme a unha saidiña na bici... si, cunha rotura fibrilar no sóleo se poden dar pedais (mantendo o pé en extensión)

40 km 1h 22' Moi ben a verdade, no tramo da N VI mantiven mellores medias que de costume sería o furacán de costas que mo puxo tan dificil cara a Cacabelos.

18 jul 2011

Afogando a rabia

Hoxe xa fun nadar 100 + 1100 A miña mente o precisaba e mais logo de ver que ó final si fan a Media Maraton Nocturna en Ponfe o vindeiro 23/7... pero como sempre a rastro porque non se explica como pode ser que unha proba así se anuncie cunha seman de antelación.

A perna segue bastante fastidiada tanto na zona da rotura como no tendón de aquiles.

15 jul 2011

Resumo do Circuito 2010-2011

Aló foron os 10 meses de competición circuiteira desta tempada; 125 probas incluidas e apenas 3 ou 4 das probas celebradas en Galicia non entraron por motivos mais ben das respectivas organización pois unha das principais pegas que tivemos esta quenda foi a inclusión "in extremis" de varias carreiras o que, non sen razón, alterou os ánimos de aqueles que planifican moito a súa participación nas diversas probas.

 RESULTADOS EN CIFRAS:

En primeiro lugar dicir que unha "meiga" pasou pola táboa e non consigo identifica-la proba que me falta... por provincias as probas e o nº de resultados enviados tiveron esta distribución.



A seguinte táboa fala claramente de como os participantes do circuito son xa xente que corre con hábito pois existe un claro incremento da % de participantes circuiteiros nas probas de mais de 12 kilómetros


Na seguinte gráfica pódese ver, entroques, que aínda así a maioría das participacions se fixeron en probas de 10 kilómetros (na táboa pódese ver que o 66% dos resultados enviados corresponden a probas de entre 9 e 11 kilómetros)


E ven agora o intre de botar unha ollada a outro tema que resulta un foco de discusión nas últimas edicions do circuito; a "sobre participación" os seguintes gráficos mostran o nº de participantes por carreiras deixando ben claro que si o problema existe se limita a un 2.6% do total de inscritos (os que fixeron maís de 50 probas na tempada).


Con estes datos e a votación do ano pasado pode que o mais lóxico sexa incluir no intre da inscripción para a tempada que ven dunha "claúsula de exención de responsabilidade" de cara ás posibles consecuencias que unha participación desmedida poda ter no físico e no económico...(opinión particular dun servidor que quede claro).

Por último o tema da estacionalidade... Vese neste derradeiro gráfico como as probas teñen un "pico" claro en Septembro-Outubro e en Maio (e iso coas notabilisimas ausencias deste ano como Betanzos e Lauro Olmo) pero destaca o incremento da procentaxe de participantes nas probas de inverno o que volta a falar de constancia, de hábito saudable si ben é certo que esto non se pode facer extensivo ós 600 inscritos tamén o é que hai un abondoso grupo (un 33%) do total que ten "metido nas veas o 'vicio' de correr" e iso si que é, penso, o obxectivo de todo esto, polo menos por elo eu lle adico algo do meu moi escaso tempo...




14 jul 2011

Adianto das vacacions

Bueno, hoxe o meu sóleo esquerdo decidiu que tomara vacacions... tras 35' de carreira renqueante rachou así que me uno ó clube dos lesionados (con beauvais y Xabi) adicareime a comentar os resultados do circuito... escomenzo por vos poñer o "cadro de honra" desta tempada.


11 jul 2011

Unha nube vai medrando...

Unha tarde de calor se fixo mais levadeira e a miña "auga" mais eu fomos dar unha voltiña

43.5 km 1h34'

10 jul 2011

Volta ó fogar paterno

Hoxe tocou facer unha pequena sesión polo parque do Pontiñas; 1h 7' para os 14.2 km das dúas voltas; as articulacions, en especial o xeonllo esquerdo estanme dando bastante a vara e o sóleo esquerdo vai contínuamente cargado. Menos mal que en Agosto pararei unhas semanas.