17 jun 2010

Adestramento final

Unha mañan preciosa para correr, sen medo, sen agobio, !!sen molestias¡¡



9.5 km en 44' (axustes de tempo polo tema mochila)

Toral: Aló vou.

16 jun 2010

Natación Suiza

Tras ver como o meu fillo perdía por primeira vez 90' da súa vida diante da tele vendo un partido de futbol e sufrindo...e pasalo eu pipa no twitter cos comentarios fun nadar.

100+1000

15 jun 2010

As dúbidas resolvense preguntando

Eu pregunteille ó meu corpo e díxome: Lento, pero podes.

Hoxe fixen 1h 27' sen apenas cansarme e SEN MOLESTIAS; así que me inscribo para a Maraton de Toral co obxectivo de facer 3h 45'.

O Sportypal hoxe non funcionou...non inicializaba o GPS, espero que non sexa nada serio no mobil e só un problema na aplicación.

Mañan auga, pasado corre-guardia, venres mais auga e logo "eso"...ahhh si o tempo estivese como hoxe¡¡¡

13 jun 2010

Completando e recuperando

Bueno, hoxe volta curta de Campo (antes a chamaba 'rápida'; pero eso quedou atrás). Sorprendentemente á mesma media que onte.

12 jun 2010

Nocturna del pajariel

Todo remata por chegar e eu que aínda non fora correr esta proba "familiar" pois alí me presentei gracias á información de tribeerzo e á amabilidade da xente de rutas del bierzo.

Unha vez que me explicaron o percorrido pensei que o peor que me podería pasar sería unha mala pisada...a proba estaba ben organizada para ser todo "feito na casa" marcas cada 2 km, cruces sinalizados, pistas anchas, bebidas en meta...un ambiente xenial de xente que gosta de correr e partillar.

Como se pode ver no rexistro saiume bastante ben para como estou porque no tramo ese de subida cáseque fun andando...pero noutros din 'zapatilla' achegándome ós 4'/km...no tramo final pasei algo de medo de pisar mal.

O único que lamento e ter marchado antes da cea; pero é que me estaba a coller o frío e logo me decatei de que non quitara a camiseta coa que correra.

10 jun 2010

Alegre e con-lento

Ou sexa contento+lento.

O GPS quíxome xogar unha broma e toleou...pero a realidade é que corrín 1h 16' e fixen 16 km. (4':47")...eu saín todo alegre porque me puiden inscribir para a carreira nocturna do pajariel deste sábado pola noite..e as pernas nin as notei.

Mañan osteopata.

9 jun 2010

Natación: 100+1000 (19')... a verdade é que podía ter nadado na rúa...que xeito de chover¡¡¡

8 jun 2010

E será así xa sempre?

Sigo mooooi lento, pero correndo... hoxe disfrutei dunha desas saídas que me gustan porque chove miudo, a temperatura é moi boa e a terra está mollada o xusto.



Non fago boas medias e remato moi canso pero recuperome deseguida. Con estes ritmos non vou facer Toral nin en 4 horas.

6 jun 2010

Como en Olmo sen sair da casa

Aprendendo a sufrir...Saín a facer como si fora unha "segunda media" e claro agoteime pero ben.



A media de 5'/km o dí todo; o terreo, o cansanzo acumulado, a falta de almorzo...etc pero insisto que era para simular unha segunda media.

5 jun 2010

Ferreira de Pantón e novo chupete de powerade

Bueno, hai que aproveitar cando se pode, e eu hoxe quixen facer unha desas toladas de facer 2h de coche para correr 30'.

Fun a Ferreira e fixen ben, que alí había un ambiente xenial, unha temperatura estupenda e unha ruta marabillosa para compartir. Probei co Sportypal...



Supoño que teña 5" de mais no tempo, o resto está ben; gústame especialmente que subes a ruta á páxina e partillas de xeito inmediato, tamén me gusta a gráfica de velocidade/altitude (facendo clic en Vel e Alt)...fixen unha media de 4'22" pero tiven moitos tramos a 4'00" e topeime ben.

Tamén tiven ocasión de probar a nova boquilla do Powerade que é bastante mellor pois bota mais e sen necesidade de estar parando a deixar pasar aire.

Agora a estirar mais que sinon a osteopata me vai rifar.

3 jun 2010

Adaptación en tempos de calor.

Onte non puiden sair na bici pola mañan e pola tarde tiña unha cita e varios asuntos domesticos ata as 8... levamos ó gaiteiro ó ensaio e demos un paseo de hora e media por Columbrianos, Fuentesnuevas e volta por Compostilla ata Columbrinos...e se me ocurriu aproveitar que estaba coa ropa de ir á osteopata e dixen "eu volto correndo"..e alá que me viñen 8.7 km 40'...no solpor.

31 may 2010

Animándonos

Natación 100 + 1000(19') + 50

Coido que os 274 pts obtidos en Betanzos (a falta de confirmar) non van ser dabondo para a permanencia, así que; malía á reaparición da 'tensión' no xemelgo esquerdo (tendinite) vou tentar prepara-la Maraton de Toral eso si, para 4 horas.

30 may 2010

Betanzos 2010

Acudín á XIV media maraton "Volta á ría de Betanzos" coa intención de probar a resistencia das miñas articulacions e tendons e en busca de puntos que me deixen en primeira do circuito ainda que só sexa un ano mais.

Moi bó ambiente e meteoroloxía. 330 Inscritos e unha organización fantástica moi rodada e sen prepotencia de ningunha clase apoio loxístico do clube ciclista da vila, de protección civil e da G.C. postos de avitauallamento ben servidos, duchas, masaxe, xantar na meta. Todo estupendo.

Moitos coñecidos na saída entre eles alguns dos "magníficos" bercianos como Luis P., Basurko e Chus Alonso, vencedor da proba malia ó esforzo de Manute por celebrar o seu aniversario coa ansiada vitoria na proba.

Saín, como sempre, por riba das miñas posibilidades pero xa me decatei delo antes de enfrontar a costa de "A Angustia" nas que me tomaron estas fotos...suplicando polo seu final...




; logo fun atopando o meu paso sen fixarme noutra cousa pois nin levaba crono nin preguntaba nos pasos polos kilómetros; cardiopulmonarmente topeime moi ben e só tiña que ir mirando as sensacions das pernas, na subida a Pedrido pensei en apretar pero ó remata-la ponte xa me 'mordía' o menisco da esquerda e afrouxei...con tranquilidade seguin ó paso que a molestia me permitiu ata que, chegado ó km 15 desapareceu e voltei a botarme cara adiante, dende o 18 fun quen de ir incrementando o paso e cheguei ó 20 con clara sensación de "sobra" de xeito que botei un sprit na recta de meta.

1:37:28 a miña peor marca en media maratón, a miña maior alegria nunha carreira: Aínda podo correr.

29 may 2010

Limpeza axitada

Tras o rotúndo 'esito' da noite de onte...tocaba desintoxica-los pulmons.

Natación 100+1000

28 may 2010

Derradeiro test cara ó sufrimento

Saída de 1h e 15' ben salvo ó final que coa calor e a falta de costume tiven que baixar (si, aínda mais) o ritmo.

Logo, pola noite festa rachada e bailoteo...a ver si non parto nada.

26 may 2010

Outra hora

Sain outra hora...probando o SportyPal pero o GPS toleou... e non teño gañas de ver canto fixen pero non sería moito mais de 13,5 km.

As pernas no seu sitio, sen emocions e algo de cansanzo ó rematar pero pouca cousa.

24 may 2010

A Betanzos vou moi lentiño, vou trotando

Versión da canción do grande Pucho "A santiago voy".

Rodaxe de 1 hora. Lento todo semella ir ben, en canto quero apretar escomenza o baile de pezas na miña perna esquerda; que si o menisco, que si o xemelgo, que si o nocello...

23 may 2010

BiciChof

A mañan do domingo tiña que ser malia o cansanzo 'mental' non atopo outra explicación o certo é que fixen unha ruta xa moi coñecida e fun mais ou menos ben ata o kilómetro 35, logo petei e cheguei a casa tiritando cando había 28º fora.

45 km 1h40'

22 may 2010

Novamente matutino

Outra volta correndo cara ó choio... en 44' non foi gran cousa, pero prestoume e mais hoxe que non puiden ir á Ruta de la mencía (é que avisan mooooi tarde).

O resto da mañan o menisco queríame fastidiar, pero non lle deixei.

21 may 2010

Natación: 100+1000+4x100

Entre cruxidos, algunha estrana sensación e unha molestia nun tendón da perna dereita.

20 may 2010

Feito un 8

Hoxe fun á consulta dunha osteopata que me recomendou xente de confianza...

En resumo estou retorto e non como unha columna salomonica, que polo menos ficaría "lindo", senon coma un oito 8. Non deu feito moito porque non son quen de me relaxar, pero aínda así quedei algo moido e por precaución non fun nadar...

O mellor é que me dixo que si, que TODOS os problemas que teño son resultado das contínuas adaptacions de posición que fago ó correr e no choio (non esquecer que pasei de traballar de pé quieto a camiñar e logo a 'despacho-sprint'); en especial dixo que non tiven tantas roturas de fibras como pensaba senon unha inflamación do tendón. De tódolos xeitos seica podo seguir correndo mentres non teña molestias dese tipo e que as molestias meniscais van ser constantes así que "a jo... y 'auga'".






18 may 2010

Lento contento

Hoxe fixen un adestramento curto malía non saber si mañan vou a adestrar ou a viaxar...

8,5 km en 36'37" (4'18"). O Mellor, a falta de sensacions moi molestas nos xemelgos. O peor, que o menisco esquerdo volta a 'avisar'.

O certo é que si sigo adestrando podo mante-la esperanza de quedar en primeira con menos de 2000 puntos; esperanzas que pasan pola dupla Betanzos-Toral. Outra cousa será a vindeira tempada que me semella a min que a primeira se vai a poñer en 2500 puntos como mínimo.

Por certo, ata o luns si buscaba "liga atletica del bierzo" en google o primeiro resultado era... A miña entrada¡¡¡ hoxe xa sae a páxina do concello, menos mal.

17 may 2010

Natación 100+1000+4x100

Más de la liga atletica del bierzo

A la vuelta de este finde me enteré de la carrera de La Martina el viernes a la tarde...da igual porque a esa hora ya tenía que estar en Madrid, pero sí que gracias a ello dí, por fin, con la información "oficial" del tema; eso si, algo incompleta.


Sistema de puntuación:

* Por finalizar la prueba: 10 puntos
* Por batir record de la prueba: 25 puntos
* Del 1º al 50º: de 50 a 1 puntos

Pruebas puntuables para la Liga:

* III Media Maratón de montaña Monte Pajariel
* III Tebaida Berciana
* Ponferrada Camina: Cuatrovientos
* Ponferrada Camina: La Martina
* XV Travesía integral de los Montes Aquilianos
* ... etc

Organiza:

Escuela Municipal de Campo a través

Si se observa la ruta no es de extrañar que sea difícil de encontrar, lo raro es que ni el buscador de la web municipal la encontró. En fin, es el primer año; sólo queda mejorar...o no.

16 may 2010

Primeira hora e premio

Estreei o adestramento na casa de campo da capital, fixen 13km en 1h. O mellor foi non sentir molestias na perna e acadar o agasallo de Strands (mágoa non poder agardar á kedada).

O problema é que alí non hai onde ducharse nin pagando.

13 may 2010

A despacio e con precaución

Bueno, hoxe fun mais ó xeito pero podo dicir que non me mancou nada a perna nesta saída e que tampouco é gran cousa o que me manca agora... iso sí vou leeeeeento, pero contento.

11.5 km en 50'.