Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
28 ene 2008
Natación: 1100 mts + 12X 50-25
27 ene 2008
CC: 1 h. Deixando sitio ó cocido polo parque do pontiñas en boa compaña.
26 ene 2008
Natación: 1000 mts. Co meu mister ó lado
25 ene 2008
"rodaxe" 1h10' a diferencia principal coa CC é que na rodaxe non penso... no ritmo senon "noutras lerias".
24 ene 2008
CC 55'
22 ene 2008
CC 1 h.
21 ene 2008
Natación 1800 mts.
20 ene 2008
A "corrida" de Viana
Bueno, pois alá fomos a darlle sabor a unha fin de seman moi fermosa.
Chegamos con tempo dabondo para andar buscando praza polas ruelas da parte vella, o ir polo dorsal xa fun atopando xente de CenG e tanteando o magnífico ambiente plenamente xustificado pola espléndida meteoroloxía e a celebración do campionato de estrada de Portugal.
Quecemento pola avenida da carreira, cámara en man facendo fotos turísticas e percurando sitio para xantar mais tarde. Volta á liña de saida, poño a kanmiseta e "mira outros de correr en galicia" saio como unha chispa tras deles e remato o quecemento cun pequeno grupo da grande familia.
Imos á percura da saida... algo mal organizada pois a xente da mini-maratona se meteu polo medio dos da carreira principal e a rúa era estreita para a participación que había; soa o disparo de saida, a carreira que non vai, pasan uns segundos alí parados e logo imos andando aínda uns metros...
O pasar pola saida poño o crono en marcha hai motos na rúa e o público prolonga o embudo das gradas e os valados ainda uns metros mais. Ó entrar na Praza da Galiza por fin boto a correr iso sí, pola beira rua e esquivando postes, sinais e xente... Ata ben chegado o 1º Km. non noto que estou nunha carreira; logo vou tentando non me lanzar e axusta-la pegada. Viramos baixo a vella ponte e xa noto os efectos do sol, vou falando cun galego que me saudou; estou moi contento de correr sen nengunha molestia e me sinto moi comodo así que apreto, atopo un compañeiro do foro, e imos esquivando xente e avanzando posicions. Cabo do mar viramos, aire de fronte non moi forte e que a min me refresca. Sego con gañas, axustando a pegada e tentando achegarme ás espaldas que levo diante, bebo que estou a sudar coma si fose verán.
Entre o 8 e o 10 afrouxo un pouco mais logo me decato de que vou ben e que todo o circuito é prácticamente chan así que me zurro outro pouco.
No 11 atopo a outro compañeiro que vai algo afundido, ofrezolle as costas para se cubrir do vento mais non pode e mándame seguir... Vexo un par de grupos ó alcance e tiro coa gaña de saberen onde é que está o meu límite... No Km. 14 teño que voltar a afrouxar porque as pernas avisa de cansancio. Vexo a costa do circuito e me reservo, xa na baixada tiro con gañas e chego a meta asi... 1.01:47 (1:01 polo meu)

Que nos gustou e que voltaremos.
Engado as marabillosas fotos de Lentoperosejuro porque é bó ter lembranzas de cando se pode disfrutar.
Chegamos con tempo dabondo para andar buscando praza polas ruelas da parte vella, o ir polo dorsal xa fun atopando xente de CenG e tanteando o magnífico ambiente plenamente xustificado pola espléndida meteoroloxía e a celebración do campionato de estrada de Portugal.
Quecemento pola avenida da carreira, cámara en man facendo fotos turísticas e percurando sitio para xantar mais tarde. Volta á liña de saida, poño a kanmiseta e "mira outros de correr en galicia" saio como unha chispa tras deles e remato o quecemento cun pequeno grupo da grande familia.
Imos á percura da saida... algo mal organizada pois a xente da mini-maratona se meteu polo medio dos da carreira principal e a rúa era estreita para a participación que había; soa o disparo de saida, a carreira que non vai, pasan uns segundos alí parados e logo imos andando aínda uns metros...
Que nos gustou e que voltaremos.
Engado as marabillosas fotos de Lentoperosejuro porque é bó ter lembranzas de cando se pode disfrutar.
18 ene 2008
A primeira á vista.
CC: 45'... Ningunha mancadura, abandoado polas mañiotas, coa mente alegre, coa emoción do descoñecido, co fervello por estaren nunha liña de saida novamente.
HAVEMOS DE IR A VIANA.
HAVEMOS DE IR A VIANA.
Plano
Hala, unha declaración de intencions: Como se pode ver na bitácora estou collendo fondo coa sana intención de enchelo de LK a principios de Febreiro... Logo terei caseque dous meses para voltar a me facer ilusions e pode que non perda de todo o tempo en Londres a semana branca, dempois... xa o pensarei á volta.
17 ene 2008
Natación: 1000 mts.
16 ene 2008
Havemos de ir a Viana...
CC: 1h10' E cantando...
Se o meu sangue náo me engana
como engana a fantasia
havemos de ir a Viana
ó meu amor de algum dia
ó meu amor de algum dia
havemos de ir a Viana
se o meu sangue não me engana
havemos de ir a Viana
15 ene 2008
Natación: 1750 mts
13 ene 2008
CC 1 h. Cada día mellor...
12 ene 2008
Natación 750 mts.
11 ene 2008
CC 1h. coa neve nos talons...
10 ene 2008
Nat: 1250 + 4X100 -pullboy-
A orixe dos meus problemas?
Estas son as suelas das 'rodas' do 2007; unhas NB 1070.

Vese ben unha diferencia moi grande na área de desgaste entre a zapatilla dereita e a esquerda...
Mais só na parte dianteira, que na traseira pouca diferencia hai...
Supoño que ten que ver coa intervención do menisco da esquerda e os posteriores sustos; debo correr facendo bastante menos forza coa esquerda que coa dereita e, claro, ista dixo: "¡¡¡Xa abonda!!!" e partiu...
Así as cousas vou ter que aprender a correr outra vez....
Eu tentareino porque; si puiden facer unha maraton en 3:05 correndo con 1,6 "pernas" ¿que marca farei coas dúas?.

Vese ben unha diferencia moi grande na área de desgaste entre a zapatilla dereita e a esquerda...
Mais só na parte dianteira, que na traseira pouca diferencia hai...
Supoño que ten que ver coa intervención do menisco da esquerda e os posteriores sustos; debo correr facendo bastante menos forza coa esquerda que coa dereita e, claro, ista dixo: "¡¡¡Xa abonda!!!" e partiu...Así as cousas vou ter que aprender a correr outra vez....
Eu tentareino porque; si puiden facer unha maraton en 3:05 correndo con 1,6 "pernas" ¿que marca farei coas dúas?.
9 ene 2008
CC 1 h. durante uns 3 Qm tiven a sensación de correr...
8 ene 2008
Nat: 1000 + 5 x 100 brazos
7 ene 2008
CC 50'
6 ene 2008
Bici 30 Qm. 1 Hora e as cubertas dixeron 'basta' así que terei que mercar novas.
5 ene 2008
Nat: 1000 + 4 x 100
3 ene 2008
Carreira Continua (CC) 1 h.
1 ene 2008
Bitácora
Bueno, neste 2008 vou tentar que este blogue retome a función de bitácora para a que foron deseñados e vou tentar apunta-los adestramentos como fan os compañeiros de Correr en Galicia no foro.
A ver que dure
A ver que dure
31 dic 2007
Nercellada 2007
Ben, para remata-lo 2007 tiven a oportunidade de participar na NERCELLADA cunha nutrida participación de 'xente que gosta da corrida' como dín en Portugal; de tódalas idades e con gran espíritu trouleiro, case que antroideiro.
Tras moitos intentos non conquerimos que Cristian (0 5º Nercellas) dera a saida dende Duchtland mais sabemos que estaba nelo e que el tamén festexou o día facendo un gran papel na carreira de Hannover.
Saimos en neutralizada ata a primeira "ponte-badén" e logo xa os gacelos atacaron e cada un foi como puido -no meu caso- ou como lle apeteceu...
Desculpade a calidade do vídeo mais non puiden ter moita conta da cámara....
As entrevistas subireinas á KANLEPALLEIRO e vos porei un enlace.

27 dic 2007
Agasallo de nadal
Ben, eu pedir non pedira ren mais estes días recibín o mellor agasallo que podo desexar como corredor: voltar a "trotar".
Polo de agora a cousa vai ben; teño unhas mañiotas estupendas porque as miñas pernas non poden co que poden o meu corazón e os meus pultmos, xa se irán afacendo.
Polo de agora a cousa vai ben; teño unhas mañiotas estupendas porque as miñas pernas non poden co que poden o meu corazón e os meus pultmos, xa se irán afacendo.
30 nov 2007
Ata o ano que ven...
Pois si. Isto ten que ser un sinal para que faga unha "parada biolóxica". Eu son capaz de resignarme a non correr si teño unha rotura de fibras nunha perna... o que nunca me pasara fora o de mancarme nun brazo.
Debeu ser no Ximnasio (só 10 Q.; 25 repeticions) o Luns ainda que nin nadando o martes nen ne bici o mercores (con nova marca persoal no percorrido) sentin ren ata que ó enfriar vin que non podía dobra lo brazo dereito; tiña evidentes problemas para calquer manobra básica e iso si que xa non pode ser.
Supoño que me arrepentirei mais teño decidido non facer ren ata Xaneiro e logo a ver.

9 nov 2007
Outra volta o sono que remata
Tiña que ser...a calidade deste material que me compón non dá para mais e celebrando as 40 voltas ó sol torna ás andadas...
Polo menos pasoume facendo series que é como eu penso que teñen que pasar estas cousas porque a min de pasarme o único que desexo é que non me pase nunha proba sobor de todo si a traballas durante tempo. Non hai mais frustrante que presentarte nunha liña de saida tras 2-3 meses de traballo e non poder chegar á meta.
Semella unha pequena rotura de fibras mais non nos xemelgos nen no sóleo senon mais adentro case pegado á cara interna da cabeza do peroné; de feito, só me manca na fase final do impluso, no apoio dos metatarsos.
Rompeuse unha progresión; escomenza outra.

4 nov 2007
Seman de santos...
Ben, hoxe rematou a semana de santos. A cousa é coma sempre, un sempre tenta aproveitar cando se sinte ben e tira ata que...
O meu é vos así; dende o mesmo domingo pola tarde, paseando me atopei a gusto e seguín toda a semana adestrando a todo e coa mente ocupada mais en como aproveitar mellor esta oportunidade que en planificar un traballo serio. Así me vai, a rachas.
Hoxe fun á "carreira de santiños" de O Barco e voltei a flipar cunha organización de grandes medios humans e anímicos e moito sentidiño todo elo ben orientado de tal xeito que os bós tiñan motivos para acudir, os populares para participar, os rapaces para se divertir e toda a vila para animar.
Tendo en conta que o que adestro non é de 'calidade' e que onte fixera un "longo" non me podo queixar: fixen os 6 Qm. en 23'39" e a proba en 27'19" (non sei canto sería o total).
O Domingo mais (se non se torce).

Suscribirse a:
Entradas (Atom)