1 nov 2024

Nen dobrando acado obxectivos

As circunstancias mandan e non vai ser menos a dunha viaxe coa familia e un peche inesperado da piscina (2 semanas)... malia a facer dúas dobraxes non puiden acadar de todo os obxectivos.

Pedaleo: 401,98km desnivel positivo 3.905mts "dureza": 9,71 mts/km

Chapoteo: 19,3 km 

Agora podo subi-la natación ó Strava mais no resumo non me deixa separar as actividades por tipo.

30 sept 2024

Septembro de obxectivos

 Está claro que non se pode recuperar un mes de parón cos días mais curtos mais se fixo o que se deu con ledicia.

Pedalear: 635,6 km con 6430mts positivos (Dureza 10,11)

Chapotear: 24,4 km.

31 ago 2024

Liderando agosto

 

Bueno, non teño dereito a queixarme; se non fixen mais foi por precaución sobre todo ó inicio do mes que non quixen nadar porque os días de xullo que nadei acababa con algo de molestia no hombreiro e non quería ir para atrás... ademais, tiña o empeño romántico de ir nadar ó mar mais non puido ser.

Con todo fixen 16 km e fun mellorando resistencia e ritmo ata hoxe mesmo.


 Na bici progresei axeitadamente... tamén polo tema da molestia no hombreiro decidin aproveita-lo novo xogo de piñons e tratar de subi-las costas (ata o 7%...) sentado. 

Así chegou o día da etapa de ancares e me lancei a subir Lumeras dende Ponferrada vía Valle de Finolledo... foi especial subir e ver a tanta xente xa alí posta nas súas caravanas... todos dando ánimos como si eu fose da carreira. Case sen decatarme fixen o meu 3º mellor tempo nesa subida.

O certo é que pasei "lider" da volta por Lumeras; eles pasaron 6 horas dempois e o último da xeral estaba a 3h así que me sobraron 3 horas. 😂😂😂

 

En total foron 869,9 kilómetros e 8696 metros de ascenso (Dureza 9,99)

31 jul 2024

Tratando de arrincar.

 Bueno pois após 36 días do suceso comencei a chapotear... á bici custoulle mais "recuperarse" así que queda para Agosto.

Chapoteo 5 km.

Ritmos lentos que a escordadura acromio-clavicular aínda dí "estou aquí" se quero apretar ou si trato de face-los xiros rápidos.

Imos.

30 jun 2024

O mes truncado

 Bueno pues todo son excusas para quen non da.

Escomencei o mes o día 3 e remateino o día 21. Viña de 15 días de "turismo aerobico" con 30000 pasos/dia e moitas escaleiras subidas pero sen nada de anaerobico. Remato cun suceso que ben puido ser moito peor para min e tamén puido non ser si non tivera tanto reflexo.

Xullo non vai ser para nada o mes que quería que fora, pero hai que se adaptar a facer o que se pode facer e a NON facer o que non se debe.

Chapoteo: 21,75 km

Pedaleo: 473,2 km subida 5291mts Dureza 11,18

29 jun 2024

Relato dun suceso


O pasado 21 de xuño ia eu tan féliz disfrutando da paisaxe do bierzo...

 Non é que fora unha saida de grande rendemento mais como estivera 15 dias sen sair en maio era a 1ª na que me atopaba disfrutando sen arrastrarme... 

Subín o alto de Pobladura de Somoza e comencei a baixar; vin as vacas ó lonxe e baixei a velocidade

era un lugar no que atopara as vacas mais veces e no que hai unha vista fermosa dos ancares...

O tema é que unha das vacas estaba na marxe dereita da estrada pastando no arcén baixo a sombra dunha árbore... eu pegueime á marxe esquerda para pasar tras dela e logo parar porque o resto das vacas ocupaba toda a estrada... mais a vaca asustouse e deu a volta de xeito súpeto cara a min; por reflexos freei con forza e sain despedido da bici ó chan caendo sobre o costado dereito.

O reloxio chamou ó 112... case non daba alentado e institivamente peguei o brazo dereito ó costado porque pensaba ter partido moitas cousas sobor de todo a clavícula. A operadora pasoume cun médico e mentras falabamos vin vir unha C-15 dende paradiña.

Fíxenlle acenos ó coche mentras falaba co 112 que me informaba que unha ambulancia tardaría 1 hora en chegar así que como o conductor ia cara a Cacabelos lle pedín que recollera a bicicleta e me levara.

A baixada foi mais un xogo de nervios por contactar coa miña xente que pola dor, puiden comprobar que non tiña a clavicula rota e que no costado non había signos do temido "volet" costal.

O Médico de Cacabelos me explorou con minuciocidade e consideramos que non pagaba a pena mandarme ó hospital en ambulancia (un recurso escaso polo que se ve) e que si tal me vise o meu médico... así pois me levaron á casa, me duchei e botei antiséptico nas feridas (mais pequenos cortes que abrasions) e fun á consulta do meu médico para xustifica-la ausencia ó turno de tarde e logo xa veríamos.

 Na fin de semana tomei antinflamatorios a punta pala pero conseguin durmir na cama pasando dor ó erguerme de cada silla, sofá ou cama pero podía andar e o hombro só me molestaba nunha posición moi concreta (coller a taza de café e subila cara a boca)... o domingo xantando fixen un movemento reflexo cando caia un vaso e a partir de ahí a dor do costado se incrementou.

O Luns fun ver outra volta ó meu médico e na exploración apreciamos que a dor do costado era significativa e me pediu unha Rx...

Algo ó que estaba afeito do meu traballo en urxencias... hai fracturas que non dan a cara ata 2/3 días dempois.

Bueno, tocaba convalecer un tempo e seguir "sufrindo" ó erguerme da cama e o sofá... co que xa non contaba era con que o tema do hombro fose a peor. Non é que doese mais, o caso é que custaba ata comer; calquer movemento co brazo dobrado e tratar de subilo cara a boca ou mesmo move-lo rato do ordenador era molesto e saiu este hematoma...

Así que pedín cita nunha clínica de fisioterapia e me exploraron con ecografo e diagnosticaron escordadura da articulación acromio-clavicular e rotura parcial do ligamento supraespinoso.

E ahí estamos, dándolle tempo ó tempo, facendo o que podo facer e sobor de todo NON facendo o que non debo facer.








 

31 may 2024

Facer un mes en medio...e con frio.

 Non puiden... foi así.... tiña que tratar de facer toda actividade do mes en medio e por riba me trabuquei alguns días ó calcular a meteoroloxía e este frio en maio me condicionou os percorridos...

Pedaleo: 308,9 km ascension 3054mts dureza: 9,88.

Chapoteo: 20,1.

1 may 2024

Abril das moitas facianas...

 Non me podo queixar malia ás oportunidades deixadas pasar... tratei de facer mais subidas porén non fun quen...

Chapoteo: 26,7 km

Pedaleo: 601,6 km Ascensión 5902 mts Dureza: 9,81.

31 mar 2024

Marzo Frio con flores e lastres.

 Non teño dereito a queixarme...

Chapoteo 23,95 km en xeral con medias por baixo dos 2'/100mts

Pedaleo: 443,3 km 4508 mts dureza 10,16. e case tódalas saidas cos lastres.

A ver qué nos depara abril.



29 feb 2024

Febreiro de resilencia informatica

Unha vez mais atopo sentido a ter este blog ou un rexistro online da actividade física porque voltei a ter unha perda total de datos do disco duro do ordenador.

O mes nin tan mal: 

Chapoteo: 27,25 km

Pedaleo: 348,4 km ascensión 3028 mts dureza:8,69

 

31 ene 2024

Xaneiro con medo á bretema

Unha excusa coma outra calquera mais o certo é que non me apeteceu pasar o trago non tanto polo frio como pola humidade.

Pedaleo: 150,5 km 1003 mts de ascenso

Chapoteo: 28,1 km

Rodillo 4 sesions

1 ene 2024

Resumo 2023

Adoitaba facer unha entrada única para a actividade de decembro e resumi-lo ano mais a perda de datos informáticos que sufrín en xuño me tiña pendente de reface-lo excel grazas ós datos deste blogue e recuperar-los datos de todos estes anos.

2023 non foi un mal ano deportivamente.

Chapoteando acadei os 306,65 km (apenas un 0,18% mais ca en 2022) pero cada vez me custa mais ir por baixo dos 2'/100mts.

Pedaleando acadei os 5000 km no ano e duas novas cimas da contorna berciana; o alto do portelo (mais o do cebreiro) e o alto das danzas tras tentalo 3 veces antes.

tamén fixen por primeira vez Bierzo-Valdeorras-Bierzo.

Mais o peor é que dende Septembro teño unha baixa forma preocupante... non acabo de ir e non atopo ben porqué.

Será a vellez.


31 dic 2023

A pausa de Decembro

 Non foi este un bó mes neste eido por razons propias (as mais) e alleas.

As propias; supoño que algo de medo ó frio da neboa e/ou a chegar moi canso á xornada laboral.

As alleas principalmente ter quedado sen coche nun sinistro total (nós ilesos) e deber adicar moooooiiiiiito tempo a falar por telefono pola mañan para esas cousas.

Chapoteo: 21,75

Pedaleo: 42,8 ascensión: 467 mts (dureza: 10,91).

Rodillo: 4 sesions

30 nov 2023

Novembro remontando

Collín o mes con ansia por facer e conquerín acada-los 5000 km en bicicleta no ano.

Chapoteo: 27,5 km

Pedaleo: 185,2 km en 2003 metros de ascenso (Dureza: 10,81)

Rodillo: 6 Sesions.

31 oct 2023

Outubro atascado

 Bueno, pois este mes arrinquei moi ben mais logo quedei atascado. Como sempre podería por unha chea de excusas mais é o que hai.

Chapoteo: 25,65 km

Pedaleo: 125,3 km 1214 mts de ascenso dureza 9,68

30 sept 2023

Septembro curto de auga

 


O bó tempo ó final de mes levoume a "apretar" mais na bici e chegar ós 514, 1 km (subida 5490, dureza 10,67) coa suba ó campo das danzas como momento destacado.

Pola contra non nadar en Cedeira deixou o chapoteo en 22,4 km

Nin tan mal, ainda teño ó alcance os obxectivos do ano.

31 ago 2023

Agosto ben comprido.

 Ben é certo que puiden ter feito mais e cecais abordado algún porto novo mais estou satisfeito coa "conta" do mes.

En bicicleta houbo unha saída que non mediu os metros subidos así que tirei unha aproximación.

Chapotear: 28,45 km

Pedalear: 727,3 km Ascensión: 8454 mts Dureza: 11,62

Fun quen de facer o roteiro de ida e volta entre Ponferrada e O barco non é unha gran ruta mais para min si o foi.



1 ago 2023

Xullo sen refuxio

 Seguimos facendo o que damos e como damos.

Ainda menos mal que teimo en publicar esto no blog porque si confiara só no gardado no excel o tería perdido todo.

Chapoteo 26,1 Km

Pedaleo 722,3 (ascenso 8652) dureza 11,97.

2 jul 2023

Dias longos non abondos

Andivemos por ahí este mes e eso, claro, notouse. Por riba a rotura da roda "titular" obrgou a voltar ós desarrollos cortos.

Chapotear 21,4 (por fin algo de mar)

Pedalear 511 km (subida 5156 mts) dureza 10,09.

Por riba estropearonse o disco duro externo e o do ordenador nun prazo de 10 días e perdín TÓDOLOS datos que viña gardando... quedame o blogue para ter memoria do feito.

31 may 2023

Tempo revolto ó sprint

 Case non puiden acada-los obxectivos do mes porque teimei en agardar a unha meteoroloxía que non chegou e ó final tiven que andar ás presas e superar unha rotura da roda de atrás que me obligou a mudar toda a roda e a andar con desenrolos con menos dentes...

Chapoteo 25,7 km

Pedaleo 600,8km ascensión 5845mts Dureza: 9,73 Rodillo 1h30'.



30 abr 2023

Gostei deste abril inexplicable

 Raro mes no que sen excesivo esforzo acadei non só a cantidade de kilometros sinalados senon varias marcas persoais nos portos que levo afrontando dende 2018.

Chapoteo: 27,3 km

Pedaleo: 594,3km mts subidos: 6863mts Dureza: 11,55. e 1 hora de rodillo.

31 mar 2023

As circunstancias son Marzo

 Si ben sego por riba do feito en 2022 non foi marzo como eu quixera en parte pola meteoroloxía e en parte por que co novo horario de traballo non me podo permitir saidas longas se fai moito frio cedo.

Pedalear: 375,8 (ascensión 3840, dureza 10,22)

Chapotear: 26,25

28 feb 2023

En continuidade

 Non me podo queixar de febreiro pois ainda que tivemos entroido como antes non afrouxei...

Chapoteo: 23,25 km

Pedaleo: 348,6 (ascensión 3184) dureza: 9,13.

31 ene 2023

Marcando xaneiro

 Non podo decir que non empezo 2023 con forza... nunca fixera tantos km en xaneiro; ogalla sexa premonitorio de como vai a ir o resto do ano.

Chapoteo: 30,9Km

Pedaleo: 342Km 3361mts de ascención Dureza 9,83  

31 dic 2022

Rematar 22

 Bueno, un sempre quere mais; eu neste mes houbera querido algo mais de pedaleo... mais non se puido.

Chapoteo: 28,25

Pedaleo: 178km 1903 mts (dureza 10,69) + 4 sesions de rodillo

Resumo 2022:

Sen que signifique nada en concreto nen en comparación con ninguén fixen o mellor ano en canto a distancia a nado e pedaleando. Ademais conquerín mellora-lo rexistro de "dureza" acadando os 10,81 mts de ascenso por kilómetro pedaleado.

Chapotear: 306,1

Pedalear: 4720km ascenso: 51018 mts




30 nov 2022

Novembro dos 55

Non foi un bó mes alteracions nas rutinas e mal tempo... en fin, non festexei os 55 anos como gostaría... pero a verdade é que ben visto polo menos non foi por lesión.

Chapotear: 24,2 km

Pedalear: 213,9 km Ascenso 2191 mts (Dureza 10,24) + 2 horas de rodillo.

31 oct 2022

Outubro pinchado.

 Como si fose cousa dos ourizos propios da época non puiden acada-lo mínimo de pedaleo que me plantexara mais marca anual NON queda lonxe...

Chapoteo: 25,95 km

Pedaleo: 225km 2222 mts de ascenso (dureza 9,88).


30 sept 2022

Setembro colleiteiro

 


Collín un trebello para ir controlando as pulsacions e tal e resulta que permite un bó seguemento da natación na piscina... 7" para a maioría non é nada mais eu nunca tal fixera (que eu soubese).

Ainda cacei uns cantos tractores incluso cun adiantamento "épico".

O mes? nin tan mal como pinta outubro...

Chapoteo 26,4 km

Pedaleo 518,2 km 5682 mts positivos (10,96/km) 

31 ago 2022

Agosto faraonico.


Este ano as vacacions tocaron en Agosto e como viaxamos fora pois se notou... e iso que fun imitar a Moisés abrindo as augas do "caldo roxo" (no nome do mar roxo).

Chapotear: 22,6 km

Pedalear: 485,7 desnivel+: 5492 Dureza: 11,3

31 jul 2022

Xullo de estrea dupla

Tocou ser pragmático e sair do problema da falta de pezas para orbeita mercando unha bici de 2ª man "2P".


Tras unha primeira parte do mes discreta encadeei 12 dias seguidos de actividade con boas sensacions mais na saída do 19 de xullo algo me debeu entrar no pulmón que ós 2 días escomencei cunha tos moi cargada con moco verde... non me impediu seguir facendo cousas mais entre iso e o turno tiven que baixa-lo ritmo.

Para remata-lo mes o necemento de Xoel me tivo en vilo ata o final... agora son avó e supoño que a redistribución do tempo algo se notará nesto mais é unha ledicia.

Chapotear: 25 km

Pedalear: 726,7 8651mts de ascenso dureza: 11,9.