31 ago 2025

Duas lindes e unha (inmensa) tristura.

Na linde do Selmo 2/8/25 
 
Na Linde do Acebo 8/8/25 

 

Pois iso. Ata o día 8 seguín dando pedais xa con mais gañas que forzas poren disfrutando e imaxinando novas "aventuras" nas que retar a este corpo vello... mais chegou a hidra das mil cabezas do lume, e o bierzo se convertiu nun Mordor de fume e contaminación que amargou a estadía do noso neto... e non sain mais. Aínda menos mal que como a piscina cuberta funcionaba fun quen de completa-lo obxectivo do mes.

Chapotear: 31,25 km.

Pedalear: 325,44 km e 5034 mts (dureza 15,47).

Agora a ver si son quen de mante-lo ritmo na auga e de acada-los 5000 km no ano... porque teño medo de sair na bici e non pola forma física senon por medo ó que vou a atopar. 

Postdata: 31/8/25 21h.

Pola tarde fixen caso ó corazón e fun ver cómo estaban os "pais da patria"... así que engadín 52,54 km e 456 mts de ascenso.

Os castiñeiros están a salvo desta volta grazas ás brigadas e á xente voluntaria; ogallá agoran fagan auténtica prevención e dispoñan ben os medios para que o "monumento natural" non se queime.


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario

Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Os comentarios tendrán que tener relación co deporte, a participación deportiva do autor ou a web e o Circuito Correr en Galicia.
2.-Son preferibles os comentarios asinados malia permitirse os anónimos. De tódolos xeitos, non se publicarán ofensas, descualificaions e improperios gratuitos.
3.-Seguir-las instruccions do sistema, tanto da “Verificación de la palabra” (para evitar comentarios automáticos i spam), como de “Selección de identidad”.
4.-Si todo fixo ben, o sistema confirmará a recepción do comentario quedando pendente a súa moderación. Si o comentario non se publica en 24-48 horas podes contactar por outras vías.

Atentamente,
Kandpalleiro

Gracias pola túa aportación.