30 nov 2012

Retomando vellos camiños

A miña ruta da zona de los barrios estaba orfa... disfrutei dunha saída de outono con tódolos ingredientes.

15 km 1h 12' 

29 nov 2012

Entre brochazo e brochazo

Natación entre mans de pintura...

150 + 1250

27 nov 2012

Volta ó rego...

A noite me devolveu á realidade... do ritmo lento e as sensacions estranas nas pernas...

11.5 km en 55'30"

26 nov 2012

Seguindo a onda...

Hoxe tocaba auga... e tocou seguir disfrutando do "espá"* porque rematei con moita forza e boas sensacions...

150 + 1250

*espá = E(s) pa' repetilo...

25 nov 2012

A sorpresa de Arousa

Hoxe participei na Media Maratón de Vilagarcía de Arousa coa intención de completa-lo percorrido nun limite de 1h 40' pero a cousa foime moi favorablemente e rematei en 1h 31' 57" (segundo Championchip) ritmo medio de 4'22"  Como SportyPal non mediu ben... vos poño un cálculo de ritmos segundo a cronometraxe...

ata o km 3.5 15' 55" (4'18")
no km 7 30'28" (4'09")
no km 10.5 46'23" (4'32")
no km 14 1h 1' 6" (4'12")
no km 17.5 1h 17' 22" (4'38")
ultimos 3.5 km a (4'10")

Dende logo non debo deixar pasa-la ocasión de agradecerlle a eskijama a labor e "metronomo" durante mais da metade da proba... a cousa houbera sido diferente si non teño esa referencia. Fixen o posto 190 dos 426 chegados á meta.

As sensacions foron boas sobor de todo ó final e iso que facía meses que non pasaba dos 16km de adestramento.

23 nov 2012

Rodaxe despedida

Bueno, marchar non marcho; pero Xa me despido da ilusión de mellora que puiden ter nalgún intre

11.65 km en 54' http://www.sportypal.com/Workouts/Details/2792452

22 nov 2012

Repouso na auga

Pouca cousa para recuperar...

150 + 1050

21 nov 2012

Ensaio de derrumbe por troco de plans

Hoxe colleume a contrapé o tema e sentoume mal a sesión... pode que polo horario ou polo seguido das saídas...

13.5 km en 1h 6' Foi como corre-la segunda metade dunha media maratón cando che dá unha páxara.

20 nov 2012

Arriscando a alongar

Hoxe tocaba facer algo mais... E se fixo

14.4 km en 1h 9'

Estreo a app de blogger para iPad... Non me gosta moito

19 nov 2012

Recuperación en pé e na auga

Hoxe tocou unha boa mañan en pé alí; na coviña... xa pola noite un paseo e auga¡¡¡

150 + 1450

18 nov 2012

A formiña de San Martiño

Uns din que un "veraniño" eu digo que é unha especie de estado de forma efímero que cadra coa popular carreira ourensana...

Foime moi ben, disfruteina moito e saiume ben e non me manquei

O Sportypal dí que fíxen 42'22" en 10.4 km ChampionChip dí que fixen 42'23" (42'09" neto) posto 769 dun total de 3768 chegados á meta

Como dato e aínda que o tempo e o posto foron peores este ano que o anterior eu coido que corrín mellor e o gráfico comparado do Sportypal o refrenda...

Comparación de ritmo de carreira San Martiño 2011 (verde) e 2012 (azul) 
Os tempos de paso polo km 5 (22'50") e 8 (33'42") veñen dicindo que:

Nos primeiros 5 km fixen unha media de 4'34"
do 5 ó 8 fixen 10'52" media de 3'37" (así cheguei alí reventadiño)
e do 8 á meta 8'41"  media de 4'20" pero o sportypal dí que os derradeiros 500 mts voei...

16 nov 2012

E a natación me aliviou

Hoxe a piscina foi boa... disfruteina.

150 + 1250

15 nov 2012

Restablecendo o nivel

Seica o espellismo rematou... hoxe tentei voltar a correr pero me saiu "eso" que non é o de antes, pero pode valer...

10.5 km en 50'

14 nov 2012

Carreira folgada

Hoxe tocou un matutino... por si os cortes...

9.1 km en 43'

13 nov 2012

Auguiña costa abaixo

Hoxe a natación foi un paseo costa abaixo...

150 + 150 +1100

12 nov 2012

Rodaxe mellorada

Pois o programa desta semana obrígoume a trocar a rutina e facer hoxe unha rodaxe... tiña eu algo de temor, pero saiume moi ben.

10.6 km en 45'56"

11 nov 2012

Apoiando á familia do ADAS

Tocou ir ata O Barco para participar na festa da carreira dos santiños con esta gran familia á que penso que temos que apoiar agora mais que nunca...


Porque fan unha labor de apoio social por medio do deporte e porque aportan valor a tódolo que fan.

A min a proba foime moi ben, disfrutei, me esforcei e non me manquei.

6.9 km 28'35" 

10 nov 2012

Lixeiro e prestoso

Un pouco de auga nun día de chuvia agardando mais chuvia para mañan...

150 + 1100

9 nov 2012

Voltando á madrugada

Hoxe voltei a ir correndo ó choio como facía antes de, como fixen durante e como penso seguir facendo (agora cando me pete ou me veña ben para a 'axenda familiar')

9.2 km 44' Nin fun rápido nin tiña intención... ando a cubrir expediente iso si, co ollo posto na maraton de Coruña de maio... pero aínda é pronto para facer plans e está o entroido polo medio que xa se sabe, son vacacions, ou o que cadre.


8 nov 2012

A dos 45

Hoxe sería un día especial se non fose porque teño a teima de facer de todos os días días especiais...

150 + 1400 Non forcei para poder ir mañan correndo... a ver qué pasa.

6 nov 2012

Herba solitaria

Hoxe foi unha sesión ben curiosa, sensacions estranas pero mellor tempo que antonte.

11 km 51' 

5 nov 2012

Afogando vencellos

Teño que me afacer a pensar en cousas diferentes cando fago deporte...

150 + 1350

4 nov 2012

Longo de domingo

Bueno, por chamarlle algo; o caso é que fun adestrar... e non me manquei

10.9 km 53'

2 nov 2012

Mais auga que espalda

Ando ahí ahí co tema do xemelgo esquerdo; hoxe deixoume facer unha camiñada e un pouco de natación...

150 + 1050

1 nov 2012

Rodaxe con precaución

Hoxe no paseo matutino sentín certa pancada no xemelgo e non tiña claro si ir ou non trotar; ó final fun sen consecuencias aparentes.

8.2 km 38'20"