5 sept 2010

Media maraton de Petín 2010

Afundimento ia eu titular esta entrada... pero o cálculo que fixen se cumpriu e a segunda media ben requería unha "reserva extra" así que as pésimas sensacions do principio me axudaron a conserva-lo sentidiño e o amigo Beauvais me deu o punto de optimismo preciso para cumplir.




A clasificación oficial otorgame 1h37'25" e o posto 89 na xeral. Segundo sportypal 1h 37'30" (4'36").

Os tempos mostran que na segunda mitade malía a ser mais dura "corrin" mellor, insisto gracias a Beauvais que me animou e incluso me esperou nalgun tramo; de feito pasamos o control en 54' e chegamos á meta coa xente que pasara o control 3' antes.

Resto da crónica.

POR PARTES: A carreira: Eu persoalmente coido que é un percorrido moi fermoso sen perigo porque apenas circulas por estradas xerais, mais "DURO"; eu penso que mais duro que Betanzos porque as costas que ten as concentra mais na segunda mitade do percorrido e o final non é chan senon que é un contínuo sube-baixa.

A organización: Eu non botei nada en falta...cecais mais zona de aparcamento para os participantes e algo de sombra na meta.

Ambiente: Estupendo, xente coa que contacto de todas partes: Basurco veu na bici dende Villafranca, estaba tamén Capelo, 'Quini' e algun mais dos bercianos. Moita xente do clube ADAS (Bao, Manuel, Javier...) e moitísima xente do foro de Correr en Galicia que participa no circuito. Así que o quencer foi un saudar constante a xente o cal é agradable e a meta e un contínuo opinar entre coñecidos comparando esta proba con outras e falando das seguintes probas do mes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Fai o teu comentario

Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Os comentarios tendrán que tener relación co deporte, a participación deportiva do autor ou a web e o Circuito Correr en Galicia.
2.-Son preferibles os comentarios asinados malia permitirse os anónimos. De tódolos xeitos, non se publicarán ofensas, descualificaions e improperios gratuitos.
3.-Seguir-las instruccions do sistema, tanto da “Verificación de la palabra” (para evitar comentarios automáticos i spam), como de “Selección de identidad”.
4.-Si todo fixo ben, o sistema confirmará a recepción do comentario quedando pendente a súa moderación. Si o comentario non se publica en 24-48 horas podes contactar por outras vías.

Atentamente,
Kandpalleiro

Gracias pola túa aportación.