Bueno, estou moi enfadado co que me pasou na carreira e, sobor de todo, co que pasou dempois que me impediu ir ó mini tri de Cambados... Hoxe nada mais cheguei da fin de semana botei man da camiseta que deron na II ruta sacra e saín ver o que podía correr cos 28º que había...
10.8 km en 50' (4'36") Non estivo mal; mais que nada polos ritmos das zonas que decín 'controlar' porque ia doado...
Así pois inicio o circuito correr en Galicia de carreiras populares 2010/2011 neste novo rol de 'aínda mais lento' e coa teima de mante-la primeira división na individual e axudar á miña equipa (LOS ÚLTIMOS DE FILIPINAS) a quedar entre os 10 mellores da primeira división. Para elo debo facer moitos puntos antes da pausa do "mais lonxe posible" o que implica: Correr o día 5 en Petín, o día 8 a millaencina (esta non puntúa, mais mola correr en casa), o día 11 o minitrail do fluvial, o 19 o cross de Penedos do lobo, o 26 ·····, o 3 de Outubro (si as guardias o permiten) ···· O que mais me pesa é que non vou correr a milla de O Barco o único ano que non me cadra coa carreira de penedos porque teño que traballar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Fai o teu comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Os comentarios tendrán que tener relación co deporte, a participación deportiva do autor ou a web e o Circuito Correr en Galicia.
2.-Son preferibles os comentarios asinados malia permitirse os anónimos. De tódolos xeitos, non se publicarán ofensas, descualificaions e improperios gratuitos.
3.-Seguir-las instruccions do sistema, tanto da “Verificación de la palabra” (para evitar comentarios automáticos i spam), como de “Selección de identidad”.
4.-Si todo fixo ben, o sistema confirmará a recepción do comentario quedando pendente a súa moderación. Si o comentario non se publica en 24-48 horas podes contactar por outras vías.
Atentamente,
Kandpalleiro
Gracias pola túa aportación.