Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
1 oct 2008
Os porqués
Eu voltei ó deporte dende un estado de falta de saude e de perigo para a miña calidade de vida no futuro; pesaba 35 kg mais e o asma alérxico me atacaba con moita frecuencia e virulencia facendo de actividades cotians unha molesta sucesión de estornudos e cansanzo.
Escomencei coa piscina porque tiña que ir aló cos cativos... no canto de permaneceren nas gradas molesto cos bafos do vapor, esbirrando ou estornudando pois boteime á auga. Logo veu a verdadeira recuperación e, de seguido, a lóxica de "participar como escusa para adestrar" porque ¿como mante-la motivación para o traballo sen obxectivos?.
Agora fago 3 actividades; cada unha por uns motivos e as tres porque forman parte do deporte que mais me gusta e no único que estiven federado (1992 e 1993).
Natación: O exercicio mais completo, o que mellor efecto ten no tema pulmonar. É o que peor se me dá, gozo del especialmente na praia. Sempre teño a esperanza de mellorar, non participo en travesías pola lonxanía da costa mais gostaría delo.
Carreira: O mais doado de facer, o mais doado de 'mellorar' o que mellores 'rendementos' me ofrece. Pódese facer cáseque en calquer sitio, inclusive de viaxe... é o que mais probas abertas ten e oferta variedade entre ruta e montaña, distancia curta ou longa... Gosto das saídas longas a ritmo (rodaxe), sobor de todo cando preciso pensar nos temas que me preocupan.
Ciclismo: O amor da miña vida... Aprendín tarde (cando viñemos de Venezuela con 13 anos); gosto da estrada, do aire na faciana, de berrar:"Tractor; a por él...". Gosto das subidas non moi abruptas e das baixadas 'a saco'. Levo coa mesma bici 18 anos... partiu a cadeira dúas veces, caemos unha chea delas... tremo só de pensar en ter que cambiala. Participo nalgún roteiro cicloturista aberto mais prefiro sair en solitario e así me vai.
TRIATLON: A miña teima, teño malos resultados en xeral mais sempre remato 'fresco' pois a carreira a pé me sae mellor que o resto. Non descarto voltar a federarme na categoría "maula vello"... tode será cuestión de sorte, ou non.
1 comentario:
Fai o teu comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Os comentarios tendrán que tener relación co deporte, a participación deportiva do autor ou a web e o Circuito Correr en Galicia.
2.-Son preferibles os comentarios asinados malia permitirse os anónimos. De tódolos xeitos, non se publicarán ofensas, descualificaions e improperios gratuitos.
3.-Seguir-las instruccions do sistema, tanto da “Verificación de la palabra” (para evitar comentarios automáticos i spam), como de “Selección de identidad”.
4.-Si todo fixo ben, o sistema confirmará a recepción do comentario quedando pendente a súa moderación. Si o comentario non se publica en 24-48 horas podes contactar por outras vías.
Atentamente,
Kandpalleiro
Gracias pola túa aportación.
Estamos facendo fichaxes para a próxima tempada no Club Triatlón Lalín. As arcas non están moi cheas de cartos, pero rebordan de ilusión.
ResponderEliminarHai sitio para tí no noso equipo, por suposto. Anímate.