Este ano adiantei a inauguración á semana pasada na milla de Ponferrada porque fixeron carreira popular e puidemos voltar a tempo dos cantís de San Andrés. Non me saiu nada ben a carreira, corrín incómodo malia que o circuito se prestaba para dar "zapatilla".
Nesta fin de semana a cousa foi ben diferente. Coma en anos anteriores fixen dobrete correndo pola mañan a "PONFERRADA SIN MI COCHE" na que, gracias ó amigo Luis P., fixen un tempo de 40'06" (40'13" na clasificación oficial) con moi boa sensación pois fun de menos a mais e rematei ó sprint; foi unha boa ocasión para coincidirmos a maioría dos habituais das populares bercianas e irme enterando das próximas citas.Pola tarde tiven a sorte de participar novamente na milla de O Barco desta volta na categoría de veterans "A" mais sen posibilidades de facer nada meritorio pois trocaron os escalons das categorías e cadrabamos os de 35 a 45 na mesma, para empeora-la cousa este ano corremos xuntos os veterans e os populares (alguns deles federados con marca) polo que decidín dar por bó o esforzo da mañan e sair a desfrutar do sensacional ambiente da proba con mais público por metro de carreira que hai en Galicia.
Tamén me saiu bastante ben pois voltei a correr de menos a mais e decidín que tiña que chegar á meta con todo asi que na derradeira recta fun capaz de alcanzar ós que ian diante mais sen poder sobrepasalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Fai o teu comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Os comentarios tendrán que tener relación co deporte, a participación deportiva do autor ou a web e o Circuito Correr en Galicia.
2.-Son preferibles os comentarios asinados malia permitirse os anónimos. De tódolos xeitos, non se publicarán ofensas, descualificaions e improperios gratuitos.
3.-Seguir-las instruccions do sistema, tanto da “Verificación de la palabra” (para evitar comentarios automáticos i spam), como de “Selección de identidad”.
4.-Si todo fixo ben, o sistema confirmará a recepción do comentario quedando pendente a súa moderación. Si o comentario non se publica en 24-48 horas podes contactar por outras vías.
Atentamente,
Kandpalleiro
Gracias pola túa aportación.