Nas fotos de vierios.com que acompañan esta entrada podendes ver a entrada en meta do "galego" Xabi Gomez Noya como gañador do triatlon de Estoril portando a equipación da selección galega i a enseña do que carrallo queirades que seña Galiza.A canle seleccions do citado medio fixo un seguimento polo miudo da actuación dos galeg@s en Estoril cunha ampla reportaxe fotográfica
Coido que é a primeira vez que unha selección autonómica do estado compite nun campionato oficial (proba da copa de europa) dun deporte olimpico coa selección estatal.

O escaso, por non decir nulo (sobor de todo a nivel estatal), seguimento por parte dos medios de comunicación ponme triste, pero tamén me dá seguridade de que, de momento, Xabi non vai ser obxecto de persecución polos medio españolistas e que a súa carreira deportiva non se vai a ver afectada pola incidéncia que a politica pode ter no seu desempeño profesional. Non quero pensar no que sería si "El Mundo" e "ABC" soubesen desto; claro que o non se tratar de Fuchibol nin de unha selección catalana (lembremo-lo tema do hoquei sob patins) o silencio pode estar explicado. Tamén axudou o relativo número de boas novas deportivas que se deron esta fin de semana no contexto español e a pseudo-polémica entre o BNG e Junta da Estremadura polo tema da Fala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Fai o teu comentario
Normas de Publicación de Comentarios:
1.-Os comentarios tendrán que tener relación co deporte, a participación deportiva do autor ou a web e o Circuito Correr en Galicia.
2.-Son preferibles os comentarios asinados malia permitirse os anónimos. De tódolos xeitos, non se publicarán ofensas, descualificaions e improperios gratuitos.
3.-Seguir-las instruccions do sistema, tanto da “Verificación de la palabra” (para evitar comentarios automáticos i spam), como de “Selección de identidad”.
4.-Si todo fixo ben, o sistema confirmará a recepción do comentario quedando pendente a súa moderación. Si o comentario non se publica en 24-48 horas podes contactar por outras vías.
Atentamente,
Kandpalleiro
Gracias pola túa aportación.