31 dic 2018

Decembro e conta.

Malía a persistente néboa e os compromisos conseguimos rematar 2018 con boas cifras tanto no mes como no total do ano e demostrando a rendibilidade do bono anual da piscina.

Chapoteo: 26,1
Pedaleo: 171,34

En total en 2018 fixen 281,66 km chapoteando (un 7,34% mais ca en 2017) e 3651,66 km pedaleando (un 14,8% mais que o ano pasado).

Fixen 123 baños co bono anual (e  tamén no mar e noutras piscinas) o que deixa o prezo final en menos de un €uro por baño (0,95 €).

Agora a seguir sachando en 2019 pois xa se sabe que evolucionamos de xeito que precisamos manter un alto nivel de actividade física para estar sans.

No hay comentarios: